ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Fronte á "inaceptábel ruptura"

Veciños ferroláns urxen os políticos a un acordo "da maioría de esquerdas"

Unha plataforma cidadá une voces en favor dun pacto de PSOE, EU e BNG que acelere solucións para os proxectos prioritarios do concello.

Redacción - 10:25 03/11/2008

"En Ferrol hai unha maioría de esquerdas, como se demostrou nas últimas eleccións municipais. O seu triunfo foi en grande medida grazas á presión dos movementos sociais, mobilizados contra das políticas regresivas do Partido Popular. A ruptura do Goberno Bipartito pon en risco a execución de importantes proxectos que se viñeron xestando nos últimos meses: Regulamento de Participación Cidadán, Recimil, Urbanización do Bertón, Estrada de Castela, Tren ao Porto Exterior etc., que supoñían abordar desde unha óptica progresista, os problemas da cidade".

Así o recolle o manifesto promovido a título persoal por veciños de Ferrol, que a través da rede convidan agora a sumar esforzos para "reconducir" o escenario político ferrolán. Deste xeito, propoñen non só que alén das diferenzas puntuais PSOE e Esquerda Unida recuperen o pacto de goberno, senón que se incorpore ao proceso o BNG, en favor dunha "unidade progresista" que sexa "referente" para o resto de Galiza na actual conxuntura económica.



Primeiras sinaturas:
Abelleira Souto, Xulio
Barrera Beitía, Enrique
Beceiro Mosquera, Emilio
Cendán Dopico, Manuel
Cuadrado Caruncho, Marichy
Dobarro Paz, Xosé María
Durán Rodríguez, María Jesús
Ferrández Rivera, Guillermo
Ferrández Rivera, Pedro
Fra Molinero, Eduardo
Garel Novás, Montse
Gómez Rodríguez, Salustiano
Hermida Dopico, Eduardo
Lastra Muruais, Xosé
Leira López, Xosé
López Pérez, Miguel
López Pérez, Xoan
López Pintos, Xesús Anxo
Méndez Fonte, Rosa
Mera Navieras, Luis
Montero Baquedano, Rafael
Pillado Lista, Rafael
Piñeiro Diaz, Carlos
Rodríguez Calvo, Gonzalo
Sabio Maroño, María Luisa
Yáñez Castro, José Luis
Zaera Ríos, Eliseo


Aquelas persoas ou entidades que desexen adherirse a este Manifesto, poden comunicalo a través de e-mail ao enderezo electrónico seguinte:

gobernodeprogreso ( arroba ) gmail . com


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Comentarios (8)

ecoe #1 3/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Hai na breve lista boa e importantes xeentes ferrolás!

Longchamp #2 3/Novembro/2008 Longchamp
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tarde piaron!

Tarelo #3 3/Novembro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Eu non asino o manifesto, porque considerar día de hoxe ao PSOE ou ó PSG-PSOE, de ESQUERDAS, pareceme enganarme a min mesmo e os demáis. No tocante o BNG, cada vez estamos a dar máis probas de que están dando un xiro a dereita, sobre todo dende que os manexa Quin, e de Esquerda Unida, que ten unha presenza moi residual en Galiza coñezo que as veces, dependendo de cargo político do/a se trate, se practica unha política de cara a galería e de conveniencia e de cando envez danse bandazos hacia e dereita ou hacia a esquerda, segundo conveña.

En resposta a ecoe, para min son máis importantes os integrantes desta lista, ainda que non comparta a súa acción e opinión, que outros/as moitos/as máis coñecidos/as

Hermerico #4 3/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Dis bem Tarelo, quais esquerdas? E nom esqueçamos o "bilingüe" Raimundez de IU

ecoe #5 3/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pouco coñezo polo miude a situación ferrolá, tan só algúns episodios. Polo demáis, por suposto de acordo nas apreciacións da esquerda, mais é necesario un respiro en situacións afogadas como as que se veñen anos tras anos soportando alí (só se trata de moi certa alternativa, tan só certa e alternativa (que alterna).

remexendo #6 3/Novembro/2008 remexendo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Adhesións ao Manifiesto
Bores Gamundi, Fernando
Bouza Alvarez, Fermín
Campo Freire, Xaquín
Cortizas Amado, Antón
Deibe Gago, José Agustín
Del Río Rey, Manuel
Dopico Vale, Julia María
Díaz Orjales, María Manuela
Díaz-Garzón Morillo, Santiago
Esperante Riveiro, Manuel
Fernández Romero, Angel
Figueroa Panisse, Adela
Freire Piñeiro, Gregorio
García Muro, Concepción
García Novás, Victor
González Prieto, Alba
Lorenzo Cuétara, Bernardo
Loureiro Vilarelle, Chelo
Martínez Teijeiro, Juan Manuel
Martínez Vilariño, Juan Antonio
Martínez Vilariño, María Teresa
Mera Castro, José Luis
Momán, Alberte
Mosquera Sueiro, Xesús
Méndez Martínez, Juan
Neira Romero, Miguel
Ocampo Montesinos, Fernando
Pazos, Jesús
Pérez Pena, Marcos S.
Ramírez Gómez, Xan
Reguera López, Arturo
Rodríguez Rodríguez, Pablo
Rosenkranz, Volker
Ríos Rodríguez, Antonio
SALVAR PONZOS
Sarille, Xosé Manuel
Sequeiro Vilar, Gustavo
Suárez, Xosé Manuel
Sánchez López, Helena
Teijeiro Suárez, Margarita
Testa Loureiro, Lúa
Torregrosa Rodríguez, José
Torrente López, Santiago
Uceda Valiente, Julia
Valle, Juan Carlos "Karlotty"
Varela Sánchez, Miguel Angel
Varela, Peque
Vergara Espiñeira, María Mirella
Vidal Martínez, Esperanza
Vilariño Lorenzo, María Teresa
Vázquez Gundín, María Xesús

alpabarda #7 4/Novembro/2008 alpabarda
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

MAIORIA DE ESQUERDA?

Esto debe ser unha broma. O PSOE non é de esquerda. Dí Irisarri que non está disposto a baixarse o soldo. Pois que marche para casa, a ver onde lle pagan esas cantidades no mundo privado. O máis triste é os que se adican a apoiar a esta panda de inútiles. Despois a culpa é dos políticos...

Longchamp #8 5/Novembro/2008 Longchamp
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O meu comentario anterior, contrario á opinión do lobby "de esquerdas" foi eliminado onte. Non era irrespetuoso nen insultante. Era unha opinión radicalmente contraria á deses señores. Non entendo por que se eliminou. Ulo a democracia? E a participación cidadá? Esas son as esquerdas que queren volver a ao poder en Ferrol?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: