Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Unha factura de 75 mil euros

Pídenlle explicacións a Baltar polas contas dunha comida para mil persoas en Arxentina

O PSOE recorda que o presidente da Deputación usou a viaxe "para o beneficio do PP" e acúsao de pagala a través dun convenio "sen trámite previo" coa propia institución provincial.

Redacción - 10:00 08/11/2008

"Quen pagou os 75 mil euros que puliron nesa comida con mil persoas?", preguntaba este venres Alfredo García, deputado provincial do PSOE, ao respecto da viaxe de Xosé Luís Baltar a Arxentina.García compareceu xunto co tamén deputado Eladio Fernández para analizar a viaxe do presidente da Deputación a Uruguai e Arxentina, acontecida entre os pasados días 24 e 28 de outubro.

"Utilizou a viaxe institucional para un acto do PP en beneficio propio", aseguraron, ao tempo que subliñaron o gasto de 75 mil euros nunha comida". "O presidente recoñeceu que a pagou o PP, pero non sabemos quen", apuntan os socialistas. Trátase dun xantar que tivo lugar en Cabo Salgueiro, en Arxentina, e nela participaron máis de 1.000 persoas. "E iso era algo do que presumía Baltar, do seu poder de convocatoria", sinalan

Os socialistas consideran que as explicacións que Baltar deu sobre a devandita viaxe no pleno da Deputación, que tivo lugar o pasado venres "non satisfán de ningún xeito" porque "eran falsas". Alfredo García afirmou que o presidente da deputación asinou un convenio para realizar ese viaxe "sen ningún tipo de trámite administrativo previo" polo que considerou que é "ilegal ou hai un abuso de poder". "El sabe perfectamente que para asinalo ten que ter tramitación previa e despois ten que aprobalos a deputación, e ten maioría", explicou.


2.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: