"Parécenos bastante hipócrita que se conmemore o aniversario do Prestige cando temos 40 'prestiges' igual ou máis graves funcionando".
Esta quinta feira, 13 de novembro, fanse seis anos do afundimento do Prestige. Aproveitando este triste aniversario e para denunciar que no país seguen a existir moitas outras catástrofes ambientais parecidas a rede Galiza Non se Vende organizou peches na sede central da Consellaría de Medio Ambiente, en Compostela, nos edificios administrativos da Xunta en Vigo e A Coruña, e nos Concellos de Ferrol, Ribadavia e Mugardos. Na última hora, os manifestantes foron desaloxados, de xeito violento, do edificio da Xunta en Vigo.
Denuncian as "políticas continuístas" da Xunta en materia de Medio Ambiente
Segundo lle contou a Vieiros Xan Duro, de Verdegaia e da rede Galiza non se Vende, o obxecto destas concentracións é aproveitar o aniversario da catástrofe do Prestige para denunciar que as cousas non mudaron moito: "Parécenos unha hipocrisía que se conmemore o aniversario do afundimento do Prestige, cando existen outros 35 ou 40 prestiges de igual ou menor gravidade en marcha, e este goberno, ao chegar ao poder, deu unhas esperanzas que cambio que non se cumpriron".
Baixo o lema "Goberne quen goberne, Galiza non se vende", os activistas lembran que os danos "case irreparábeis" provocados polo Prestige, non son menores "que os que cabe agardar das políticas continuístas que seguen vendendo o país a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares", entre os que sinalan "os recheos inxustificados" e a contaminación das nosas rías, o plan acuícola, o plan eólico ou a existencia de industrias perigosas coma Reganosa, Elnosa ou Ence, entre outras cousas.
Violento desaloxo na sede da Xunta en Vigo
A idea desta mobilización era conseguir entrar nas sedes escollidas, e presentar no rexistro un manifesto (en .pdf) elaborado para o ocasión. Porén, na sede da Xunta en Vigo, os manifestantes foron desaloxados de xeito violento pola policía autonómica. Segundo lle contou a Vieiros Xosé Reigosa, presente na mobilización e membro dos colectivos A Ría non se Vende e Salvemos Monteferro, "xa ao chegar había un número inusual de policía autonómica, polo que creo que, a pesar de ser a convocatoria secreta, sabían que viñamos". Os activistas foron entrando de un a un, "de xeito discreto, para non levantar sospeitas", sinalou Reigosa, "mais xa segundo entrabamos, ían poñéndonos pegas, preguntándonos a onde iamos, e, inmediatamente, viñeron por nós cando despregamos unha faixa, e botáronos a empurróns, de xeito moi violento".
Despois, ás portas do predio, os perto de 20 manifestantes foron identificados pola policía española, que acudiu ao lugar en dúas furgonetas, e dous deles foron detidos, por non levar enriba a súa documentación; "así terminamos, tratados coma se fósemos terroristas", subliñou Reigosa. Porén, segundo Xosé Reigosa, o obxectivo que tiñan, entregar o seu manifesto no rexistro, foi cumprido "por unha persoa que chegou tarde e puido entrar sen que a detivesen". "Creo que todo o efectivo foi desproporcionado", concluíu Reigosa. O colectivo vai presentar nos xulgados unha denuncia conforme non se lles permitiu entrar nun edificio cuxa entrada é pública.
Nestes momentos, os activistas atópanse tentando ocupar a sede central da Consellaría de Medio Ambiente en Compostela, e en Ferrol, Mugardos e Ribadavia, nas casas dos concellos.
A subdelegación do goberno de Pontevedra ten como hábito a identificación de persoas participantes en actos de protesta pacifica coma este enviando despois sancións de máis de 500 euros sen proba algunha das acusacións que virten.
Ten pasado na "toma" pacifica da illa de Toralla, en Vigo, onde nin se pisou sequera terreo privado algún e no que as "forzas de seguridade" saíron a identificar e agreder gratuítamente a manifestantes que reclamaban pacificamente o cumprimento das leis de dominio público.
Pasou nunha protesta contra a Powerboat, tamén en Vigo, identificando e enviando sancións a persoas con acusacións arbitrarias e sen probas.
"E fronte a isto esiximos un cambio de rumo inmediato que poña a
sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e reflexiva... Que supere o actual sistema (auto)destrutivo e a súa acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna para tod@s."
Boa falta fai!
Se os xogadores de billarda son tipos perigosos por levar arma blanca, e os seus torneos deben ser fiscalizados pola garda civil para previr calquer tipo de delito ou ataque terrostia por levar un auténtico arsenal de "paus", visto isto xa non me sorprende nada neste pais. Ou espábilamos ou imos volver aos tempos que todos sabemos.
¿Cantos prestiges se precisan para igualar os danos que produciron están a producir Reganosa, Elnosa e Ence? Muito ben para Galiza non se Vende
http://feneconcello.blogspot.c...
O fascista Delfin Fernandez está a fazer méritos para chegar a ser o responsável da repressom e a tortura em todo o estado.
Aí esa xente valente!!
Grazas por poñe-la cara por todos nós.
Grazas por ter que soportan as zoupas desa calaña enriba de todos vos.
Grazas por facer visibles tantas merdas que esa calaña (a mesma calaña de sempre os defensores do capital) pretende agochar baixo a alfombra cutre e pocona da prensa cutre e porcona.
Grazas por exisitr e por loitar e por estar aí agora, sodes o mellor deste País o mellor do mundo enteiro! Apertas.
Non poderemos volver a ningún tempo porque NUNCA NOS FOMOS DE AQUILO, o €$tado e os políticsos encarregáronse de traelo ata hoxe, tratando de esconder as operacións e a maquillaxde, mais anque a mona se vista de seda...
Hai mostras de abondo, pero moitísimas e en tódolos campos -para quen ande con ollo avizor- de que estamos ante os mesmos tempos e ante a MAIOR CHANTAXE nunca realizada e xa levan un terzo de século ocultando a realidade (poucos autores e textos o descubren)
Porque non utilizan tamén a forza bruta dises uniformes que deforman homes na contra de todas as esterqueiras que temos espalladas pola Galiza? Ou o exprican ou será que verdadeiramente queren vender Galiza. Se non o fixeron xa! A que tempos voltamos?
A que espera a Xunta do bipartito para sair nos medios públicos a expricar o dos altercados violentos das forzas de seguridade contra dos manifestantes?
Xa non me extrana de ren de ren despois de ver como reflectiu a TVGaita o sexto cabodano da desgraza do Prestige.
E non será que todas isas esterqueiras espalladas polo país tamén lle untan aos politiquiños actuais?
Todo isto coa Xunta anterior xa era o pan noso de cada día para desgraza da Galiza, pero imos ver se non mudaron todo para que todo siga igual. Peniña de país! Pois que vos quede craro, aos de antes e tamén aos de agora “GALIZA NON SE VENDE”
Galiza é unha nación ocupada ilegalmente.
Na rúa pola defensa da lingua galega
http://www.youtube...
polo dereito de vivirmos en galego
http://www.youtube...
A língua galega nas escolas rurais da Galiza
http://br.youtube...
Manifestación pola Lingua
http://br.youtube...
Galiza non se vende
http://br.youtube...
Somos Luso-Reintegracionistas e estamos orgulhos@s!!!
http://br.youtube...
Reintegracionismo, a verdade
http://br.youtube...
Alexandre Banhos no Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa
http://br.youtube...
NH e Ñ
http://br.youtube...
Carlos Figueiras do MDL na TV Galicia
http://br.youtube...
Galiza é unha nación España non. España é un estado feito pola forza coa represión de varias nacións.
Temos que esixir xa:
1 Galego nativo escrito na norma universal como único idioma oficial na Galiza.( O noso idioma non é o castrapo da RAG que visa colonizar o idioma galego nativo para o converter nunha variante crioulo do castelán. A nosa lingua nativa é universal falada por máis de 250 millóns de persoas e oficial nas principais organizacións internacionais. Rapidamente na Galiza o noso idioma nativo promovía os galegos en todas as áreas superando o castelán. Proxectaba a Galiza internacionalmente).
2 Entrada como membro de pleno dereito na lusofonia.
3 Recepción inmediata en canle aberta das televisións portuguesas na Galiza.
Só con estas 3 condicións a Galiza terá unha base para o progreso en galego e será respectada no mundo.
Nota:
En primeiro lugar quero dicir que os reintegracionistas son uns heroes por defenderen as súas orixes nun país ocupado.
Porén penso que en vez de escribiren o portugués do século XIX debían asumir a norma actual e universal. Por unha razón moi simple é que ao escribiren unha norma idéntica á usada por Portugal no século XIX son minoritarios en España e no mundo. Se escribisen na norma actual os escritores galegos tiñan un mercado de máis de 250 millóns de persoas e tornaban a causa galega do coñecemento de todos os pobos irmáns da fala. Gerar tamén unha dinámica dentro da propia Galiza que o idioma pasaba a ser máis usado por haber nel libros de todas as ciencias,Cultura, informática e de todo en xeral.
Na miña opinión está a haber un pouco de falta de coraxe ou visión a eses heroes reintegracionistas. O recente acordo ortográfico é unha boa xustificación para actualizar o galego-portugués reintegracionista na Galiza.
A GRANDE INXUSTIZA EN CRITICAR QUEN ESCRIBE EN CASTRAPO A DEFENDER O NORMA DO GALEGO INTERNACIONAL
Hai moi que teño asistido a comentarios criticando persoas que defenden o galego escrito na norma universal por escriben en castrapo.
Cerca de 90% dos galegos como eu sabemos que o certo idioma galego é escrito e falado correctamente a sur do río Miño. Os galegos a sur do río Miño tornáranse independentes e tiveran o desenvolvemento natural do idioma galego sen a colonización linguista castelá o que non aconnteceu cos galegos a norte do río Miño.
Nós na Galiza somos vítimas da ocupación castelá. Non nacemos nin fomos educados na cultura galega mais debaixo do dominio dos casteláns. Non somos unha nación libre:
1- Nas escolas aprendemos a escribir en castelán e non o noso idioma galego orixinal.
2- As canles de televisión que entran en nosas casas son de lingua castelá o que influencía a nosa fonética galega orixinal.
3- A TVG fala en castrapo e non no galego orixinal sen castelán.
4- Os xornais son en castelán ou en castrapo.
5- Non hai escolas na Galiza onde se ensine a escribir na norma galega universal.
Por iso é que 90% dos galegos poden ser a favor da norma ortográfica do galego universal mais non o poden usar porque non saben escribir nesa norma.
A culpa é do Estado que ten prohibido os galegos de se desenvolveren no seu propio idioma e cultura.
Eu tamén lle gustaba saber escribir en galego na norma universal mais non sei e teño que utilizar o castrapo ou o castelán para defender a idea que só o galego escrito na norma universal fará a Galiza crecer en galego. Entre o castelán e o castrapo teño escollido o castrapo, `será criticábel? Penso que non.
Os propios reintegracionistas non teñen tido a coraxe de actualizar o galego e asumir inmediatamente o galego escrito respectando integralmente a norma universal. No momento até teñen a xustificación do recente acordo ortográfico aceptado por todos os países irmáns da fala.
O actual galego reintegracionista nin é peixe nin carne é minoritario para todos.
O galego reintegracionista ao respectar o actual acordo ortográfico traía para a Galiza unha ortografia vencedora por ter libros de todas as materias así como produtos multimedia. Os estudantes da universidades galegas pasaban a ter libros e outras ferramentas de traballo na ortografia reintegracionista. Isto era un paso importante para a reintegración do noso idioma nativo.
É urxente a actualización do reintegracionismo hai novas palabras que recentemente foron introducidas no vocabulário galego-portugués especialmente relacionadas coa informática e novas tecnoloxías. Nesta actualización Portugal vai alterar a escrita a cerca de 2% das palabras os reintegracionista a cerca de 5% sendo que se limita á alteración de poucas regras de fácil comprensión.
Por fin a sociedade civil galega ten que esixir do Estado o seguinte:
1- A oficialización do galego na norma universal (como única lingua oficial) conforme o acordo ortográfico ratificado por todos os países irmáns da fala. Co ensino escolar inmediato e obrigatorio para todos os queiran vivir e traballar na Galiza.
2- Recepción inmediata das canles de televisión portugueses na Galiza en canle aberta e recepción por cabo das canles do Brasil, Angola, Mozambique, Guinea, Cabo Verde, Macau, Timor e de todos os países de lingua galego-portuguesas posíbel tecnicamente.
3- Entrada da Galiza como membro con todos os dereitos na lusofonia.
4- Entrada da Galiza na xestión no Instituto Internacional da Lingua Portuguesa tendo tamén dereito á presidencia rotativa mesmo sen ser país independente.
Estas son as condicións mínimas para recuperarmos o tempo perdido de desalfabetización en Galego e termos un idioma de traballo que nos axude a gañar diñeiro e prestixio no mundo.
O galego/portugués hoxe é unha lingua universal. Temos que ter inmediatamente unha cultura galega actualizada ao século XXI.
O galego/portugués é oficial en 10 Estados soberanos se incluírmos a Rexión Autónoma de Macau na China.
Idioma oficial no Mercosur, Unión Africana (onde o español non é) Unión Europea e con tradución permanente nas Nacións Unidas.
A Galiza só terá futuro como rexión ou país galego coa recuperación da súa lingua materna. Abran os ollos galegos non se deixen enrolar con crioulos da RAG nin con reintegracionismo desactualizado. Co galego actualizado entramos nun mercado non só literario como en todos os dominios de máis de 250 millóns de persoas.
Se temos un idioma nativo e materno con orixe milenária dos nosos antepasados que nos proxecta no mundo porque iremos trocar por un simple crioulo artificial por adopción sen futuro!.... feito á presa pola RAG para continuarmos da dependencia de Madrid.!!