Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONSELLO DA XUNTA

O val do río Navea, na comarca de Trives, primeira pasaixe protexida

O Goberno aprobou unha declaración que servirá para a protección legal da zona.

Redacción - 17:15 13/11/2008

O val do río Navea, detro dos municipios de San Xoán do Río e A Pobra de Trives, vai ser declarado a primeira paisaxe protexida de Galiza. Así o acordou o Consello da Xunta na xuntanza deste xoves. O Goberno estrea así por vez primeira a Lei de Protección da Paisaxe, aprobada polo Parlamento hai sete anos e que estaba inspirada no Convenio Europeo da Paisaxe.

A declaración ten como obxectivo “protexer os elementos da paisaxe, e especialmente os hábitats de interese comunitario, as poboacións e os hábitats das especies de flora e fauna silvestre de interese comunitario”.

No documento do Goberno tamén se afirma que a declaración vai servir para dar a coñecer a zona e, ao mesmo tempo, promover a economía da comarca con propostas como o turismo sustentábel


4,57/5 (7 votos)


Comentarios (3)

Menan #1 13/Novembro/2008 Menan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pois a ver se protexen tamén o Courel, que con tanta canteira o están a escarallar

pepedaconcha #2 14/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A ver se poñemos ben o nome das localidades. É "San Xoan de Río", non "do Río"

nemeth #3 14/Novembro/2008 nemeth
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Penso que a foto é do Canón do Sil, non do Navea. E é certo, é San Xoán de Río.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: