Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Milleiros de gandeiros en dúas protestas

Manifestacións polo leite en Compostela cun mesmo fin mais diferentes vieiros

XXAA e UUAA piden que se cumpra o acordo sobre contratos homologados e rexeitan a exixencia do SLG de fixar un prezo mínimo por lei, por "intervencionista de máis".

Redacción - 14:00 18/11/2008
Manifestación do SLG (clique para ampliar)

Manifestación do SLG (clique para ampliar)

Gandeiros produtores de leite de todo o país, convocados polas organizacións Xóvenes Agricultores (XXAA), Unións Agrarias (UUAA) e Sindicato Labrego Galego (SLG), manifestáronse durante a mañá deste martes polas rúas da capital para exixir prezos xustos das empresas transformadoras.

No entanto, aínda que as tres organizacións comparten o mesmo fin, defenden estratexias diferentes para o acadar. É por iso que a protesta de Compostela non fose unitaria.

Por unha banda, o SLG avoga por marcar un prezo mínimo por lei, e a partir de aí negociar o contrato homologado coas empresas. Contrato que exixen XXAA e UUAA que se cumpra -aí coinciden-, porén consideran a proposta de que o "DOG estabeleza o prezo do leite", do sindicato nacionalista, "intervencionista de máis".

A protesta do SLG desenvolveuse fronte á Consellaría de Medio Rural, en San Caetano, a partir das 11.30 horas, e dende alí marchou cara á Praza do Obradoiro. Os case dous milleiros de participantes chegaron pouco despois das 13.00 horas. O lema da faixa, Polo dereito á negociación colectiva dos prezos. Participaron tamén labregos do sector da pataca e mais do viño.

A convocada por XXAA e UUAA saíu da Alameda con atraso respecto á hora prevista, o mediodía, en dirección a San Caetano. Os lemas Prezos xustos, contrato homologado xa ou Ministerio e Consellaría, apoiade á gandaría. O secretario xeral de XXAA, Francisco Bello, criticou a "falta de coordinación" da Policía Local para permitir que chegasen a tempo os buses cos gandeiros.


4,5/5 (8 votos)


Comentarios (19)

Gaviotero #1 18/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Vakaloura #2 18/Novembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ao final conseguiuno. Divide et impera. E un xeito de quitarse un problema para crear outro de maior envergadura. Namentras os labregos que segan a endebedarse e a pasar fame que para algo son o proletariado. Agora; se me desculpades; coma disto xa falei abondo, voume a outros foros onde escoitan un chisco máis, están os ánimos menos alporizados, non son tan dogmáticos e sobor de todo non insultan a quen retruca ou da a súa opinión livremente sen coaccións dos sempre infalíbels,cobardes e agochados xefeciños. Despois diste comentario empeza o martes show. Saúde, terra e liberdade a tod@s.

Hermerico #3 19/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Nom é o mesmo objectivo defender um preço justo para o leite que enganar @s parv@s dos filiad@s com um contrato em branco para beneficiar a indústria e o governo. Nom é o mesmo
Já agora, na mani do SLG nom estavam esses refugalhos da UPG que torpedeam o SLG, o encontro labrego ou como merda se chamem. Fica claro que as sua lealdade é com Soares Canal, nom com @s labreg@s e gandeir@s.
E já vistes o que dixo o elemento citado, que sem contrato homologado os subsídios...Com nacionalistas como estes já nom precissamos de espanholistas

observator #4 19/Novembro/2008 observator
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

non entendo o titular de Vieiros: desde logo, as duas manifestacións, como se pode ver logo na información, non tiñan o mesmo fin: unha, a maioritária, solicitaba a posta en marcha xá dos contratos homologados, única via até o de agora sobre a mesa para pór algo de orden nun sector oscuro e anárquico como é o leite na Galiza, e a outra, que non erá só do sector leiteiro, senon multisectorial, contra os contratos (do leite, da pataca, da castaña,do viño ...)e pedindo uns prezos sen decir nen como nen onde se deben reflectir. Duas ou tres mil explotacións de leite por un lado, e trescentas de todo tipo de sectores (traballadores/as incluidos/as), polo outro. Se cadra, os que enganan aos/às afiliados/as dicindo que os contratos non contemplan a fixación de prezos (é falso, e reto a calquera a que o demostre, e se non, facede-vos con un contrato homologado, calquera, e veredes que ademais de contemplar a obrigatoriedade de pór un prezo, obriga tamén a revisá-lo cada certo tempo para adaptá-lo às posíbeis subas nos custes de producción,etc..) xa están a perder os poucos apoios que lles fican no agro galego. Agora mesmo o SLG está-lle a facer o caldo às industrias que son as que, ainda asinando-os, non queren aplicar os contratos nen as revisións de prezos pactadas, porque suporian unha suba do prezo de mais de 6 céntimos por quilo de leite com respeito ao que se está a cobrar agora. Se alguen "torpedea" a alguén, é o SLG con a sua actitude, dicvidindo aos/às veciños/as, mentindo à sua afiliación e, o que é tanto ou mais grave, à sociedade galega, e de paso desgastando e acosando ao nacionalismo, non sei se pola consigna da COAG, organización "B" do PSOE español na que recentemente se teñen integrado, se por simples ódio os que foron os seus compañeiros e compañeiras.
Por certo, alguen viu algunha bandeira da Pátria onte na mani do SLG?

Hermerico #5 19/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Olha , agora sim que aparecem, típico descurso UPG, nom pode existir nada pola sua esquerda, seria espanholismo.

Vakaloura #6 19/Novembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Collo emprestado o artigo de Antón Losada (G.H.) por non seren iste señor sospeitoso de botares contra da Galiza. Ademáis de parecerme moi axitado e ben referendando un chisco o moito que levo dito niste foro de Vieiros. Espero que o Sr. Losada non me denuncie por pláxio.
O CONSELLEIRO QUE ESQUECÍA GOBERNAR.
Disque se manifestaron os do leite. Sóbralles causa. Manda truco que lle lo paguen catro veces menos do que nos custa no mercado. Manda truco que se corra na axuda doutros sectores, sen pedirlles nin contas, cando non teñen feito nin a metade do esforzo modernizador asumido polos gandeiros. Equivócanse en ir divididos poñenso por diante dos intereses dos gandeiros as estratéxias sindicais. Quítalles forza e razón. Suárez Canal sabe amañarse sempre para pasar polos problemas sen mancarse, pero desta non lle vale quitarse do medio argumentando que só pode exercer de mediador. O goberno non media, goberna.
(Artigo de Antón Losada estraído do xornal Galicia Hoxe, 19.11.2008)

Eu engado o que sempre levo dicindo. O Sr. Suárez Canal é un verdadeiro equilibrista e un experto especialista en dividir todo o que atopa ao seu paso con tal de non verse involucrado. Niste caso, como xa me cansei de repetir, ás centrais sindicais agrarias. Divide e vencerás. “Divide et impera.” Penso que fan mal os agrogandeiros en facerlle caso. Rematará por afundilos aínda máis. Que cada quen tire de conclusións, xa tod@s somos maiorciñ@s abondo.

lugris #7 19/Novembro/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Xa hai tempo que o SLG non leva bandeiras de patria na súas manis. Curioso verdade? Xa deixaron de ser nacionalistas? Agora teñen outras prioridades e non queren que os confundan, non vai ser....

trisquel #8 19/Novembro/2008 trisquel
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

En primeiro lugar, quería dicirlle a observator que por moito que se repita unha mentira non por iso se convirte en verdade. Fai algún tempo, e como Suarez Canal dicía e repetía que os contratos homologados do leite eran a solución para o sector e a xente do SLG respondíanlle que, sen un prezo mínimo pactado, non eran máis ca unha arma nas mans da Industria para amarrar aos labregos a unhas condicións miserentas, impostas por quen ten o poder para facelo, isto é a Industria; pedinlle a alguén que o tiña que me mandase o modelo de contrato publicado. Non teño ningún problema en enviarvolo cando queirades para que vexades que non se contempla ningún prezo, nin ningunha fórmula, nin ningunha forma de revisión do mesmo prezo... Na prensa Suarez Canal argumentaba ademais que poñer un prezo mínimo era ilegal e que iso debía negocialo as empresas cos gandeiros... Mirade nas hemerotecas a ver que poñen, que as palabras semella que as leva o vento. Quero lembrar que os lemas da manifestación de onte do SLG era "Polo dereito á negociación colectiva" e "Primeiro Prezos e Despois Contratos"... Supoño que nun foro no que moitos se prezan de ser de esquerdas, non deberían estrañar estes argumentos. Ou é que os marxistas, upg,e demais istas agora defenden a negociación individual... Nas teses dos congresos non, na súa práctica política si. Por certo, é curioso que moitos que se denominan nacionalistas están contentísimos coas manifas de Unións Agrarias-Psoe e de Xovenes-PP, con presenza de Roberto Castro, o alcalde de Lalín... Sabedes que coreaban: Alfredo Mentireiro axuda ao gandeiro, pero o obxectivo estrela foi o Delegado de Lugo, o señor Milucho, que lle chamaron de todo e a consigna máis empregada foi que estaba vendido á Empresa Río. Ide dar unha volta ás zonas onde é maioritaria Unións Agrarias e mentade algo de Suarez Canal, de Medio Rural, ou de Milucho... Menos guapos dinlles de todo. Estes si que traballan..., pero para o psoe, mais claro fano moi ben.

chairego #9 19/Novembro/2008 chairego
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#7 lugris

...logo para ser nacionalista hai que levar unha bandeira cunha estrela?

observator #10 19/Novembro/2008 observator
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Vou po-lo mais fácil. Tendes os contratos no DOG, so tendes que buscá-los, ver onde vai o prezo, onde a revisión do mesmo, como se revisa... Despois, ladrade o que queirades.
E si, de momento, os nacionalistas GALEGOS temos bandeira. Outros saberán a que andan...

lugris #11 19/Novembro/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Para ser nacionalista só hai que acreditar que Galiza e unha nación sen estado. A estrela acredita o internacionalismo dos nacionalistas á vez que declara a súa ideoloxia de esquerdas.

trisquel #12 20/Novembro/2008 trisquel
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Esta é unha petición para a redacción de Vieiros. É posible que se colgase o modelo de contrato publicado no DOG? Así poderiamos ver que hai unha serie de espazos en branco, sen cubrir, como: quen son as partes, os prazos... E O PREZO, para que o negocien as partes, traducindo, para que o impoña a industria. Hai unha diferencia notoria cos do viño, que sempre incluíron un prezo acordado nas mesas de negociación. Sería o mesmo que un contrato laboral que non poda baixar do salario mínimo ou que non houbese referencia ningunha, e puidese o empresario pór o que lle dese a gana. Supoño que se entenderá. Seguirei ladrando, pero a verdade. Espero que aos que non estamos tocados pola variña da U non se nos prohiba tamén considerarnos nacionalistas.

observator #13 20/Novembro/2008 observator
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Xa se empeza a recoñecer que os contratos fixan e regulan prezo, menos mal...Como a estas alturas todo o mundo saberá (a xente que escrebe aqui polo menos, que se vé está moi enterada), os prezos están a ser negociados na mesa de seguimento do contrato homologado, habendo xá distintas propostas sobre a mesa. Efectivamente, na mesa falta unha Organización Agrária das tres con representación nos foros de diálogo coa administración, que se auto-excluiu non asinando os contratos. Outro galo cantaria, entendo eu, se o SLG estivera onde ten que estar, dando a batalla polos prezos onde se deciden estes, xa que desde fóra pouco ou nada se pode facer.Efectivamente, se ninguén dá a batalla (e non serei eu quen confie en UUAA e ASAJA), serán as indústrias as que poñan o prezo que lles dé a gana, que, por certo, a diferéncia do que "opinan" alguns, será un prezo negociado COLECTIVAMENTE e de referéncia igual para todo o mundo, primas à parte. Non sei a que ven tanta intoxicación e tantas ganas de ocultar a realidade.

Hermerico #14 20/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Observator, algo me dí que podes ser um desses que ficarom na rua de Touro na terça-feira, com a tua bandeira da pátria guardada no armário, para seguir as directrizes que Paco deu na farsa essa hipócrita do fim-de-semana

Vakaloura #15 20/Novembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Dame nos fuciños e chéirame que na mani do SLG había algún toup@ ou infiltrad@ mandado por D. Paco II o Farsante. Acredito o de Hermerico.

observator #16 20/Novembro/2008 observator
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ai están esas argumentacións sérias e contrastábeis! Que problema que o ódio non vos deixe ver! Mas por fim ve-se-vos o plumeiro. Saúde e PÁTRIA.

Vakaloura #17 20/Novembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E non será que o monte non vos deixa ver as árbores? Non teñen ódio, teñen séculos de espranza. Quen mantivo ista Nación até hoxendía? Os mariñeir@s e os labreg@s verdadeiro tecido productivo para chegaren até onde chegamos. Agora, istes, fan moi ben o non deixaren chupar máis do teto. A vaca e o mare xa non dan máis para tanto lambón chupare. Hai que traballar máis e obedecer menos!

Antiespanolista #18 22/Novembro/2008 Antiespanolista
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Galego nativo escrito na norma universal.
Fim ao crioulo castrapo.

Freemannnnn #19 22/Novembro/2008 Freemannnnn
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Axude a liberar a galiza do colonialismo. Defenda o galego na norma universal. Contra a censura.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Concentración na Alameda de Compostela, este martes (clique para ampliar)
Concentración na Alameda de Compostela, este martes (clique para ampliar)
Un dos tratores usados na marcha de UUAA e XXAA (clique para ampliar)
Un dos tratores usados na marcha de UUAA e XXAA (clique para ampliar)