Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Desta volta seguro que pagan

A Hamelin cómprelle un outro frautista

A localidade alemá, coñecida popularmente polo conto dos irmáns Grimm, volve estar infestada de ratas.

Redacción - 12:45 20/11/2008
Selo austíaco de 1998

Selo austíaco de 1998

Hamelin, no Estado de Niedersachsen (Baixa Saxonia), ao norte de Alemaña, precisa un novo frautista. A localidade inmortalizada no conto dos irmáns Grimm polo cazador que a liberou das ratas con música volve ter problemas cos roedores, segundo informa a axencia de noticias DPA.

As ratas "multiplicáronse de xeito explosivo", afirma un portavoz municipal. Viven refuxiadas nuns terreos baldíos nos arredores do casco urbano e ameazan unha urbanización veciña, apuntou este mesmo funcionario. O concello non pode actuar xa que non está do todo claro quen é o propietario dos terreos, mais instalou trampas en todo o perímetro.

Segundo a lenda documentada polos irmáns Grimm, Hamelin estaba infestada de ratas no ano 1284. Un descoñecido que dicía ser un cazador especializado nesta especie chegou á vila. Contratárono e prometéronlle unha moeda pola cabeza de cada unha. O home aceptou. Sacou as ratas dos seus agochos cunha melodía que tocaba coa súa frauta e guiounas ao río Weser, onde morreron afogadas.

Mais despois os veciños de Hameln -que é como se lle di en alemán- negáronse a pagar. O frautista encantou os nenos do lugar coa súa música, levounos para unha cova e nunca máis deles se soubo. Desta volta seguro que se o cazador volve aparecer, os cartos non han ser problema.


Ligazóns

5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: