Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O maior descenso dende 2005

Este ano pecharon 114 construtoras

En Galiza cada vez se crean menos inmobiliarias e construtoras. Na disolución de empresas do sector, estamos seis puntos por riba da media estatal.

Redacción - 13:15 20/11/2008
Pintada protestando pola especulación no sector inmobiliario / Flickr: brocco_lee

Pintada protestando pola especulación no sector inmobiliario / Flickr: brocco_lee

Galiza rexistrou este ano o maior descenso na creación de empresas inmobiliarias e construtoras dende o ano 2005, cunha caída do 51% e do 33%, respectivamente, segundo o Estudo Radar do sector, que realiza a empresa Axesor.

Deste xeito, o noso país está no cuarto lugar entre as Comunidades do Estado Español que experimentaron un maior reaxuste na constitución de empresas do sector inmobiliario, por detrás da Rioxa, Canarias e Castela e León. No sector da construción estamos no onceavo posto.

Por riba da media estatal na disolución de construtoras
Por outra parte, Galiza sitúase seis puntos porcentuais por riba da media do Estado Español en canto a disolución de empresas do sector da construción (un 12% fronte ao 6% do Estado). En 2007 disolvéronse 102 construtoras no noso país, e no que vai de ano foron 114 as que se deron de baixa.

En canto a disolución de empresas inmobiliarias, Galiza está no cuarto posto, cun 10% de dos peches. Por diante aínda están Euskadi, Estremadura e Cantabria.


5/5 (1 votos)


Comentarios (2)

Xistral #1 21/Novembro/2008 Xistral
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A ver se hai sorte e pechan todas. Sobre todo as que se fixeron a propósito do boom inmobiliario. Eu coñezo unha inmobiliaria duns irmáns que son uns auténticos paletos, iso sí agora xa a teñen pechada todo o día e coas mesmas fotos de casas que fai un ano.

ecoe #2 21/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

chámaselle constructora a calquera cousa, mesmo a que un canteiro ou un bo paleta colla 3 ou 4 dos compañeiros e, sin deixar de darlle á masa ou ó buril, contrate uns balados e unha casiña unifamiliar (ca axuda de unha xestoría que lle entenda nos papeis).

Téñenme referido algún caso no que a propia inspección de traballo aconsella ó tal constructor (!!) que sega a traballar por conta allea, porque non sabe nin pode levar a empresa (normativas, seguridade, etc,)

Serían, unha chea delas, empresiñas como as referidas, desde logo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Protesta en Barcelona, pola especulación inmobiliaria
Protesta en Barcelona, pola especulación inmobiliaria
Este ano pecháronse 114 construtoras en Galiza / Flickr: alberto_rubio
Este ano pecháronse 114 construtoras en Galiza / Flickr: alberto_rubio