O Goberno estabelece un seguro para a compra de coche ou vivenda que lles garante ás familias o pago das cotas no caso de perder o emprego.
A Xunta aproveitou o escenario de crise económica para botar adiante unha medida inédita no ámbito estatal que posibilitará que os traballadores que vaian ao paro poidan manter o pago das cotas dos créditos que no seu caso tivesen contratados para a adquisición de vehículos e compra ou reforma de vivenda. Trátase dunha axuda para a contratación de seguros de crédito que pretende facilitar a concesión de financiamento por parte das entidades financeiras.
Segundo explicou o presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, o executivo espera que deste xeito "ninguén en Galiza pospoña a súa decisión de investimento ou gasto polo medo a quedar no paro". "Ese risco non lle custará nada", engadiu Touriño, explicando ademais que a iniciativa contribuirá a dinamizar o consumo en sectores como o da construción e a automoción. Xa que logo, o seguro cubrirá tres eixos: a compra de coche, a adquisición de vivenda e a reforma da casa ou piso destinada a aforro enerxético e sustentabilidade. A Xunta cuantifica en 850 millóns de euros o volume de operacións de financiamento que mobilizaría un proxecto para o que orzamentará 10 millóns de euros.
Por outro lado, o Consello de Goberno deste xoves fixou 19 millóns de euros para un programa de fomento do emprego co que estima que sería posíbel a creación a curto prazo de 2 mil novos postos de traballo no desenvolvemento de actuacións no medio natural e o mantemento de estradas. O conxunto de actividades propostas inclúe a posta en valor de sistemas fluviais e espazos naturais diversos, despregando tarefas de limpeza de marxes e sendas, camiños, fontes ou áreas de descanso. Outra parte do proxecto e o deseño de máis accións silvícolas e preventivas no monte: desbroces, podas, eliminación de restos e masas arbóreas, rareos sistemáticos e obras preventivas de incendios forestais. O terceiro eixo sae da "intensificación" dos programas de conservación e mantemento da rede galega de estradas. De xeito paralelo, o executivo orzamentou 10 millóns de euros para un programa de incentivos para o autoemprego de parados de longa duración.
Estes seguem a basear a economia no aumento do consumo, não se dão conta de que há que destruir todo o sistema capitalista?, passár-emo-lo muito mal todos por um tempo mas é melhor que rebente todo e começar com novas fórmulas a que o capitalismo ainda por riba de meter-nos nesta crise consegua que os cartos públicos acabem nos petos privados. Tem colhoês que nos animem a meter-nos e créditos que é a nova forma de escravatura que inventou o capital. Com isto só lograrán prolongar a agonia, eutanásia económica já!
A LANS
Que fórmula propós?
Sen dúbida o socialismo, ou sexa a solución da máis grave contradición do capitalismo: forza de traballo contra propiedade medios de producción.
Mais é obvio que a única maneira de suavizar a situación que crea o capitalismo ca sua endemia en crise periódica e permanente é INVESTINDO EN OBRA PÚBLICA, mais lóxicamente debera estar ligado directamente ós postos de traballo, non como o fan, sen dúbida, ó fomento dos negocios privados en crise (e sin ningún control, como é habitual cas subvencións).
A ECOE
U-lo conflicto hoxendía existente entre o traballo, clase traballadora, e a propiedade dos medios de producción? Eu non o vexo...
Poñamos un exemplo. Citroen. A xente se mata por entrar a traballar en citroen e ser traballador por conta allea, e dicir, por non ser propietario dos medios de producción. Se Citroen puidera captar 80.000 traballadores, terían tódolos postos cubertos. Non semella, polo tanto, unha contradicción aberta, e moito menos grave.
No caso de que o socialismo sí fora a solución, habería que saber quén vai liderar ese proceso. Eu por máis que ergo a cabeza non che vexo ren....
Que non sexa conscente nas xentes unha cousa non significa que non exista: afortunadamente para a maioría da población esa contradicción (capital/traballo) é a única obxectivamente que poida facer cambios reais e tanxibles na cada vez máis dificil vida da maioría das xentes.
Coido que non convén que lidere ninguén, ningunha persoa en concreto, mais só pode ser custión de todo o mundo, da maioría maioritaria (elo sin despreciar os valores que aportarían aquelas poucas persoas cuia claridade de análise e anticipación das situacións, facilitara ou millor achandara o camiño de democracia real, práctica, de toma de decisións colectivas).