O IGAPE garante seis millóns de euros, o que supón o 28% dun préstamo bancario co que a empresa galega pretende adquirir á catalá Hispano Igualadina.
O principal grupo galego de transporte de viaxeiros por estrada, Monbus, mercará por 61 millóns de euros o catalán Hispano Igualadina. A empresa dirixida por Raúl López recibirá do IGAPE un aval de seis millóns de euros, o que supón un 28,5% dun préstamo bancario de 21 millóns de euros, co que a empresa galega poderá facer fronte á compra deste outro grupo que se atopa entre os seis máis destacados de Cataluña. A adquisición farase a través dunha nova sociedade na que tamén participa o Grupo Arriva: así, Monbus achegará o 50% do prezo de compra, Arriva o 35% e outras entidades a porcentaxe restante.
Na actualidade, Monbús conta cunha flota de máis de 470 autobuses e un cadro de persoal que ronda os 1.000 empregados. Con esta operación sumará outros 109 autocares e 200 traballadores. O grupo xa experimentou nos últimos anos un crecemento baseado na adquisición doutras compañías como Empresa Monforte, Vibasa, Gaesa, Castromil ou Autobuses Alsina. Ademais, participa en Deutsche Touring, o primeiro operador de longa distancia en Europa, e Socitransa, sociedade adicada ao transporte internacional de viaxeiros.
Premio á competitividade
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, subliñou que o apoio do goberno ao empresario Raúl López obedece a que esta compra "supón un exemplo de aproveitamento de oportunidades en condicións de crise para fortalecer a capacidade competitiva fora de Galiza". Así, destacou que con esta operación Monbús se situará á entidade como a "primeira empresa do transporte no Estado Español".
Concordo co "excelentísimo" presi da Xunta: un premio á competividade, dende logo. Tendo o monopolio da meirande parte de rutas galegas, fácil é, e moito máis se os teus prezos son tan "competitivos" que case hai que aforrar para pagar un billete...
E tamén excelente o servizo universitario Vigo-Pontevedra, si señor, sobre todo se temos en conta que mensualmente custa o dobre que o servizo universitario Pontevedra-Vigo, tamén de Monbús.
E non falemos das numerosas denuncias (ignoradas, por suposto) que ten polo "marabilloso" servizo que presta
o seu propietario, grande beneficiario da estadía de Fraga na Xunta (cántas accións non terá, e non só ele d esta empresa?) é coñecido entre as xentes da comarca de Sárria como un atracador (dícenlle de outra maneira) e xa o seu pai andaba a levar labregos na caixa de un camión con táboas por asentos (coma se fosen calqueira cousa).
Entre lle dar a este tipo as concesións de transporte público de viaxeir*s, e dinamitar toda posibilidade de doble vía do tren de cercanías, seguindo tamén a ignorar as posibilidades do transporte marítimo de ría (especialmente no vran), a opción máis contraria ós intereses económicoambentais do conxunto da población é a que veñen implementando esta connivencia marital entre o €$tado e as corporación$ €mpr€$ariai$, utilizando aquél como cobertura para privatizar as ganancias e socializar as perdas estatalizándoas (ahí a montaxe, na que andamos imersos, do máis grande desfalco das arcas públicas na historia do capitalismo.
O do bipartito non é continuísmo, é calco exacto da política de Fraga.
Que se deixen de hipocresías e presenten a Mendez e Gayoso ás autonómicas.
Todo o mundo sabe (e sofre) das falcatruadas desta companhia, que a tantos galegos deixou tirados numha parada, que nom informa dos horários... E a Xunta a dar-lhe 6 milhons de euros mentres destrue o ferrocarril, que bem.