Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOVEMENTOS ACCIONARIAIS

Quintana: "Abandonemos esa economía especulativa de casino"

O vicepresidente da Xunta pediu unha reacción do goberno español fronte ao anuncio da compra de Repsol por Lukoil e amosou a súa preocupación "polos traballadores antes que polos bancos".

Redacción / EP - 17:25 22/11/2008

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, reaccionou ao anuncio da compra de parte das accións de Repsol YPF pola empresa rusa Lukoil. Quintana pediu "que o señor Zapatero dea unha puñada na mesa", fronte ao papel do goberno español como "mero espectador nesta operación". Dixo que é necesario un cambio de rumbo: "Abandonemos esa economía especulativa de casino. É hora de traballar a favor dunha economía para a xente que se preocupe dos traballadores antes que dos bancos".

Asegurou que a súa preocupación é que ese tipo de operacións bursátiles afecten a "empresas como Repsol e Unión Fenosa", tamén "os postos de traballo", o "subministro enerxético á poboación" e "os proxectos enerxéticos estratéxicos que hai en Galiza", que se enfrontan a un futuro incerto. Engadiu que "en Galiza non imos quedar calados, non imos ser carne de canón".


5/5 (4 votos)


Comentarios (4)

amoscaesquerdosa #1 23/Novembro/2008 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Quin, non repitas o discurso de Sarkozy.
Separar a economía financeiro-especulativa da propia economía capitalista é non só irreal, senón falso.
Ao final var rematar como Sarko, pedindo un "capitalismo ético".
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

Opinador #2 23/Novembro/2008 Opinador
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vin máis no blog "a mosca esquerdosa", como pedía o anterior publicitario de si mesmo, e só vexo palabrería pseudorevolucionaria. Mal imos se só se é capaz de repetir sempre a mesma salmodia inútil.

Carlinhos #3 24/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#2 Polo menos pom-lhe entusiasmo o rapaz; e só vejo "palavraria" no discurso(?) de Anjo Quintana; acontece-me como a Méndez Ferrín; quanto mais o leio e o escuito, menos sei de que raio fala.

Xianagz #4 25/Novembro/2008 Xianagz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quintana deberia preocuparse de los trabajadores gallegos y dejar de decirle a Zapatero lo que tiene que hacer. Porque en Galicia tambien habia que dar mas de "unha puñada na mesa" con todas las empresas que se fueron de nuestra tierra y desgraciadamente ni Quin ni Touriño lo hicieron

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: