Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A Igrexa volve posicionarse

Rouco Varela chama ao esquecemento e a deixar as foxas como están

Na Asemblea da Conferencia Episcopal situose contra as accións de recuperación da memoria histórica e falou de olvidar "cunha vontade de reconciliación".

Redacción - 19:15 24/11/2008
Rouco Varela / Imaxe: EP

Rouco Varela / Imaxe: EP

O presidente da Conferencia Episcopal española, o cardeal arcebispo de Madrid, o vilalbés Antón María Rouco Varela, apelou esta segunda feira ao esquecemento baseado na "reconciliación e perdón" para conseguir unha "auténtica e sana purificación da memoria", en clara referencia ao proceso que comezou o xuíz Garzón para a recuperación dos restos de represaliados das foxas comúns aínda existentes no Estados, e as accións enmarcadas na Lei da Memoria Histórica.

"Ás veces é preciso esquecer, non por ignorancia ou cobardía, senón en virtude dunha vontade de reconciliación e perdón verdadeiramente responsábel e forte", sinalou Rouco, ao tempo que destacaba que "o sangue de tantos concidadáns nosos derramada como consecuencia de odios e vinganzas, sempre inxustificábeis, e, no caso de moitos irmáns e irmás, como ofrenda martirial da fe, segue clamando ao Ceo para pedir a reconciliación e a paz", concluía.


Ligazóns

1.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: