Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
"Non lle deixa falar á oposición"

O PP evita aclarar en San Cibrao as denuncias sobre a presunta acción "especulativa"

Axudas municipais para urbanizacións privadas e unha suposta "trama empresarial" que implica o tenente de alcalde e o marido da alcaldesa.

Redacción - 09:00 26/11/2008

"Xogan coa institución pública en beneficio de intereses particulares", acusaba este martes Eladio Fernández, voceiro socialista en San Cibrao das Viñas. Queixábase así o representante municipal do PSOE da obstaculización do grupo de goberno ao debate de dúas mocións presentadas polos socialistas. Unha delas facía referencia á suposta rede de intereses empresariais favorecida desde o Concello, e que implicaría á propia rexedora do PP, seu marido e o tenente de alcalde.

Doutra banda estaba unha moción na que se pedían explicacións pola inxección de cartos públicos outorgada aos promotores dunha urbanización na zona d'O Piñeiral. Tal e como xa lles contamos hai días, o Concello puxo a disposición dos empresarios até 308 mil euros de fondos públicos para o fornecemento de servizos básicos ás vivendas. Unhas obras que, denuncian desde o grupo local do PSdeG, segundo a lexislación urbanística vixente debe levar a cabo "exclusivamente a iniciativa privada".

Segundo denunciou o PSOE local, a alcaldesa do municipio, a popular Elisa Nogueira, excluíu "de forma arbitraria" as dúas mocións da orde do día do pleno do próximo xoves, malia que foran presentadas polos socialistas "hai máis dunha semana". "É un ataque á democracia e á liberdade de expresión", critican, acusando a rexedora de querer "acalar as voces que denuncian negocios especulativos do seu grupo de goberno".


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: