Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁIS TRANSPORTE PÚBLICO

Un milleiro de persoas pide a retirada do Plan Vigo Íntegra

O acto estivo encabezado por un autobús de madeira.

Redacción - 19:09 30/11/2008

Un milleiro de persoas manifestáronse este mediodía polas rúas de Vigo para esixir a "retirada inmediata" do Plan Vigo Íntegra, ao que acusaron de pretender "asfaltar máis de sete millóns de metros cadrados" da paisaxe galega. Segundo recollía o manifesto que leu o portavoz dos colectivos, Xosé Reigosa, ao final da concentración, o Plan Vigo Íntegra "terminaría para sempre coa vida no rural galego" ao "romper a súa conexión coa terra, expropiar casas, montes e terras en nome dun progreso que non é tal".

A manifestación, secundada por numerosos colectivos entre os que se atopaba o colectivo A Ría Non se Vende, partiu ás 12.00 horas da Gran Vía para, baixo o lema 'O asfalto non é progreso' terminar na Porta do Sol da cidade olívica. O acto estivo encabezado por un autobús de madeira en reivindicación do transporte público, que consideran "esquecido" polo Vigo Íntegra. "É un plan baseado nun modelo obsoleto de transporte que estimula a utilización do vehículo privado, xerando aínda máis contaminación e incrementando o consumo de petróleo", sinalaron desde a organización.

Os convocantes acusaron ao Vigo Íntegra de querer "converter as comarcas galegas nunha gran máquina económica" e de "destruír o territorio, a paisaxe, a natureza e a biodiversidade" da zona, polo que esixiron a súa retirada.


Ligazóns

5/5 (12 votos)

Comentarios (3)

piugo #1 30/Novembro/2008 piugo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Contra as autoestradas e polo Galitrén, carallo.

http://www.facebook.com/group.....

Vén de se constituír 'Amigos do Galitren', o primeiro grupo aberto de Facebook en prol dunha rede ferroviaria propiamente galega. Pretende ser un espazo informativo e de discusión verbo do tren en Galiza. Ao ser un grupo aberto, calquera usuario de Facebook pode subscribirse ao grupo

Tarelo #2 1/Decembro/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Eu, coido que eramos polo menos, uns/unhas dousmil. Parece que varios medios informativos botaron á baixa o número de manifestantes. O que relamente ten valor é que esas duas mil persoas están ben concienciadas, e non hai choiva, nin frio, nin domingo pola mañá, que os bote atrás.

Sobre o que comenta "piugo", o nacemento dun novo colectivo é positivo, pero tam´ñen a dispersión dos esforzos e negativo. Non ten sentido defender unha rede propiamente galega, nestes intres, no que se está desmantelando a Rede ferroviaría galega da RENFE, a única que existe. Primeiro debemos defender o que hai e logo esixir que oque hai sexa galego, pero ante todo que chegue a todos e sexa público, barato, accesible, como di "Salva-lo tren", O Tren do Povo

mceleiro #3 1/Decembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Se o asfalto é progresso,
e o PSOE é progressista,
então o PSOE é asfaltista?

Tarelo, sinto discrepar, mas agora é o momento. Renfe está sendo desmantelada e os anacos repartidos. É o momento de reclamar algum deles, porque ainda que a empresa já há muito que foi privatizada, as ferrovias e as faixas de terreno que as rodeiam ainda seguem a ser públicas. Que o Galitrem circule sobre elas, evitando serem retiradas, e aproveitadas para talvez termos com dous séculos de atraso uma rede de caminhos de ferro.

A existência de múltiples colectivos tampouco é negativa. Tudo o contrário. Temos a experiência do colectivo Nunca Mais como manipulação de milheiros de pessoas com muita vontade e esforço para sermos logo vendidos e silenciados quando a situação política mudou.

Esperemos que a sociedade civil saia novamente às ruas e se faça ouvir. Que os governantes temam aos povo e não o povo aos governantes.

Mágoa não poder estar na manifestação. Todos os meus apoios aos manifestantes.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: