Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CERTAME NA INTERNET

YouTube crea a primeira orquestra colaborativa a través da rede

Fai un chamamento a músicos afeccionados de todo o mundo para que envíen vídeos interpretando unha peza composta por Tan Dun e outra obra clásica.

Redacción - 19:10 02/12/2008
O compositor Tan Dun

O compositor Tan Dun

YouTube abriu unha campaña para seleccionar a que se converterá na súa orquestra online. Até o 28 de xaneiro, os usuarios con talento musical poderán enviar os seus vídeos, que serán valorados publicamente dúas semanas despois. As persoas que gañen participarán nunha convención clásica de tres días no Carnegie Hall de Nova York.

Quen desexe participar debe facer unha interpretación dunha sinfonía composta por Tan Dun, gañador dun Grammy e dun Oscar. A versión non ten por que realizarse usando un instrumento musical. Na web de vídeos de Google pódese efectuar a inscrición e, unha vez seleccionado o instrumento, descargar a partitura correspondente da Sinfonía da internet número 1, 'Heroica', e ver un vídeo de Dun dirixindo, para practicar.

Segundo comentou o compositor, a obra veulle de inspiración ao escoitar os ruídos das obras nas rúas de Nova York, e afirmou que esta experiencia converterá a internet é nunha Ruta da Seda invisíbel, que unirá a xente arredor do mundo para crear unha sinfonía.Os usuarios teñen que interpretar, ademais, unha obra clásica famosa. Os dous vídeos pasarán por un xurado, composto por expertos das orquestras Sinfónica de Londres, Filharmónica de Berlín, Sinfónica de San Francisco e Sinfónica de Nova York, que escollerá a listaxe de finalistas que se someterán á votación popular, a partir do 14 de febreiro.

A iniciativa conta tamén con colaboración galega. De feito, presentouse este martes na Coruña, cunha representación da Orquestra Sinfónica de Galicia.


3,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: