Deuse a coñecer en Bruxelas a rede que integra 17 plataformas tecnolóxicas de sectores estratéxicos.
A Rede Galega de Plataformas Tecnolóxicas (Neurona) presentouse esta cuarta feira en Bruxelas. A Consellaría de Innovación e Industria amosouna como unha ferramenta para a colaboración e internacionalización de sectores estratéxicos para a economía galega. Ademais, o acto serviu para dar a coñecer a nivel europeo os primeiros resultados da rede, integrada por 17 plataformas que agrupan máis de 1.500 empresas.
A presentación tivo lugar na sede do CSIC na capital belga, e correu a cargo do director xeral de I+D+i, Salustiano Mato, do director xeral de Investigación da Comisión Europea, Manuel Silva, e de representantes das plataformas tecnolóxicas galegas de Agroalimentación, Biotecnoloxía e Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.
O desafío da internacionalización
Mato explicou que Neurona ten entre os seus obxectivos aumentar a capacidade innovadora de Galiza e facilitar a participación das empresas en grandes proxectos de ámbito internacional. A consellaría investiu máis de 4,5 millóns de euros na creación e consolidación das 17 plataformas tecnolóxicas que a integran, que xa obtiveron máis de 17 millóns de euros de apoio financeiro e que mobilizan máis de 81 millóns en proxectos.
O responsábel de Investigación da Comisión Europea, o galego Xosé Manuel Silva, amosouse convencido de que as plataformas tecnolóxicas do país estabelecerán sinerxías no contexto europeo para "evitar a fragmentación dos esforzos de investigación entre os sectores público e privado e entre os estados e as rexións de Europa".
Segundo avanzou Salustiano Mato, Neurona vai facilitar, ademais, a colaboración entre os axentes integrados nela para a realización de proxectos de I+D+i e a creación dunha imaxe institucional única do sector en Galiza, que permita internacionalizar a economía galega nos seus sectores fundamentais.
Os representantes de tres das plataformas, Antonio Rodríguez del Corral, por Vindeira; Lorenzo Pastrana, por PTGAL, e María Isabel Loza, pola plataforma de Biotecnoloxía, explicaron que, seguindo as Axendas Estratéxicas de Investigación redactadas por cada organismo, están a crear grupos de traballo con empresas, universidades e centros tecnolóxicos.
E non se mexarían de risa aló? Vostede sabe?
Ecoe, bótalle un ollo ao Plano Galego I+D+i, léo, analísao.
É un plano muito bon, abofé. Eu botei un ollo, e fiquei gratamente surprendida. Outra cousa é que se implemente mellor e peor, que en boa medida, dependerá dos axentes. Pero é un señor plano. Parabéms a Salustiano
suponho que o senhor ecoe nos pode dar argumentos no seu afam costrutivo para melhorar a rede de plataformas tecnológicas galegas, e mesmo contrastar as suas opinións num foro aberto e internacional como fixo o Sr Mato.
Agardamos as ideias brilhantes do Sr ecoe que apaguem os supostos sorrissos dos que fala, que por certo, na realidade, nada tem que ver coa impressom inovadora que causou nos participantes.
A inteligéncia demostra-se com argumentos, a demagógia destrutiva coa desqualificaçom fácil do trabalho dos demáis; assim que, o dito, esperamos ideias e argumentos.
Tendo algún coñecimento,-indirecto claro, son alleo a esa historia-, de en qué empregan as subvencións de I+D as empresas subvencionadas, e das obrigas e ataduras que lles causa o uso de eses cartos, mais ben deberan deixar o meu primeiro escrito sen resposta.
Explíqueno pois, vostedes, que saben do asunto, seica.