Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
COMPROMETID@S COA TERRA

ADEGA renova a súa Xunta Directiva Xeral na súa XXXIII Asemblea

Os pasados días 29 e 30 de novembro ADEGA celebrou a súa XXXIII Asemblea Xeral. Baixo o lema COMPROMETID@S COA TERRA! fixemos repaso das principais actividades desenvolvidas pola asociación na pasada xeira e debatemos as prioridades de traballo para a vindeira. Deste xeito, damos continuidade a un traballo de máis de 30 anos coa defensa do patrimonio natural e cultural do país. Fronte ao modelo de ecoloxismo domesticado e acrítico patrocinado dende as institucións a golpe de talonario, reafirmamos o compromiso insubornábel de ADEGA co país e coa Terra, máis necesario que nunca nestes momentos de crise.

ADEGA - 21:02 03/12/2008
Tags:

Nesta Asemblea tocaba tamén anovar a Xunta Directiva Xeral. A única candidatura apresentada, que resultou eleita por unanimidade, está composta polas seguintes persoas:
 
-Presidenta e vogal de Transportes: Adela Figueroa
-Vicepresidenta: Montserrat Lombardía
-Secretaria Xeral e vogal de Auga: Virxinia Rodríguez
-Vicesecretario Xeral e vogal de Biodiversidade: Xosé Salvadores
-Tesoureiro: Xan Louzao
-Vogal da Comisión Permanente e de Consumo Sustentábel: María Xosé Castro
-Vogal da Comisión Permanente: Xesús López Piñeiro
-Vogal da Comisión Permanente e de Muller: María García
 
-Vogal da Xunta Directiva: Daniel L. Vispo
-Vogal da Xunta Directiva: Manuel Soto
-Vogal de Afiliación. Alberte Sánchez
-Vogal de Agroecoloxía. Ánxela Martínez
-Vogal de Protección Animal: Isabelle Kerdudo
-Vogal de Comunicación: Belén Rodríguez
-Vogal de Desenvolvemento Rural: Branca Villares
-Vogal de Educación Ambiental: Ramsés Pérez
-Vogal de Enerxía e Cambio Climático: Fins Eirexas
-Vogal de Litoral: Alexandre García
-Vogal de Montes: Marcial Barral
-Vogal de Ordenación do Territorio: Froilán Pallín
-Vogal de Patrimonio Cultural e Natural: Xosé Manuel Rodríguez
-Vogal de Patrimonio Xeolóxico: Xoán Ramón Vidal-Romaní
-Vogal de Recursos Audiovisuais: Xosé Luis Blanco
-Vogal de Relacións Sociais: Suso Oca
-Vogal de Residuos: María Lafuente
-Vogal de Ríos: Margarida Miguéns
-Vogal de Saúde Ambiental: Luis Díaz Cabanela
-Vogal de Urbanismo: Lois Toirán
-Vogal de Voluntariado: Paco Bañobre
 
Asemade, aprobamos a seguinte PROPOSTA DE RESOLUCIÓN que queremos trasladar á sociedade:
 
Constatamos a situación de profunda mudanza que enfronta a sociedade actual e que atinxe a todos os eidos: ambiental, económico, cultural, estrutural e social. Esta mudanza desenvólvese na actualidade nunha profunda crise de alcanzo mundial que está a pór en causa o actual sistema socioeconíomic de corte capitalista, que xera enormes liucros fundamentados na especulación, na sobreexplotación dos recursos e nas guerras.

Igualmente constatamos que esta crise vén causada pola deficiente distribución da riqueza, xerando grandes diferenzas económicas e desigualdades entre grupos sociais, étnicos e mesmo xeográficos.

Este modelo económico xerador de profundos desequilibrios provoca un consumo inconsciente e insustentábel de recursos naturais que dan como resultado unha pegada ecolóxica global superior á capacidade que ten a terra para soportala.

Para sairmos desta situación repetidamente anunciada dende o ecoloxismo, non valen medidas puntuais que insistan no mesmo modelo baseado no consumismo, na inxustiza social, no expolio da natureza e na especulación. Propomos a mudanza cara un sistema económico que non supere a capacidade de carga do ecosistema Terra; que procure unha maior eficiencia no uso dos recursos e unha xusta distribución da riqueza material e cultural; que oriente a produción e o consumo a cubrir necesidades e non á acumulación; e que prime o local e o ecolóxico. Todo isto nun marco democrático e participativo para que o povo recupere a súa capacidade de xestión e decisión.

Este periodo histórico, en que o modelo globalizador permite que a toma de decisións esté nas mas das transnacionais que van concentrando poder político, económico e social, debe ser aproveitado como unha oportunidade para analisar e buscar solucións incardinadas no respecto ao medio ambiente, no respecto ás persoas e no respecto aos povos .
 
Resolución aprobada por unanimidade na XXXIII Asemblea Xeral de ADEGA. Vilarmaior, 30 de novembro de 2008


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: