Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
As antenas de telefonía mobil, en discusión

Os veciños de Bértola, reuníronse en asemblea

Tralo acto informativo realizado o martes 2 as 19,30h no local da comunidade de montes de Bértola na que Julio Carmona (vogal da APDR, responsábel da campaña polo uso racional da telefonía móbil) informou sobre a relación actual sobre ANTENAS E SAÚDE, máis a información aportada por Francisco Torres (concelleiro de medio ambiente do Concello de Vilaboa) e polos representantes da Comunidade de Montes de Bertola (alugadores do espazo dunha das antenas); chegouse as seguintes conclusións:

Asociación pola Defensa da Ría (APDR) - 10:42 04/12/2008
Tags:

â€? Solicitar un ESTUDO EPIDEMIOLÓXICO a Consellería de Sanidade centrado no núcleo de Saxosa, ante a acumulación de casos de cancro en dito núcleo onde se concentran a exposición a 3 torretas de telefonía móbil (unha en Bertola e 2 en Salcedo -Pontevedraâ€?) de máis de 10 anos de implantación e que non teñen entre si máis de 20 metros e están situadas a menos de 200 metros dunha residencia xeriátrica.

â€? Solicitar ao Concello de Vilaboa a elaboración dunha ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA das INFRAESTRUTURAS RADIOELÉCTRICAS (baseada no principio de precaución que se desprende da recente Resolución do Parlamento Europeo (*); que, entre outros, marque os prazos máis rápidos posíbeis para unha nova localización das antenas - actualmente ilegaisâ€? [evitando núcleos de poboación e proximidade a zonas sensíbeis â€?centros de ensino, de maiores, sanitarios, etcâ€? a máis de 300 metros]

â€? Solicitar ao Concello de Pontevedra a inmediata suspensión de emisión das antenas de telefonía ilegais (sen Licenza de Actividade) na zona de Salcedo, mentres acometan igualmente unha regulación municipal baseada no principio de precaución que se desprende da resolución do Parlamento Europeo).

IMPORTANTE:
O Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Vilaboa asumiu a responsabilidade de presentar a proposta dunha ORDENANZA REGULADORA BASEADA NO PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN "que se non ten inconvenientes no seu trámite podería estar vixente en xuño de 2009"; así como a petición a Sanidade dun estudo epidemiolóxico.
O Vogal da APDR comprométese a que a súa asociación medie ante o Concello de Pontevedra para que se tomen as medidas oportunas a unha RECOLOCACIÓN DAS ANTENAS DE SALCEDO pretas ao núcleo poboacional de Saxosa.


(*) Segundo os consellos da Axencia Europea de Medio Ambiente e o Informe Bioinitiativa base da Resolución do Parlamento Europeo de 4 de setembro de 2008 na que declara os actuais límites de exposición aos campos electromagnéticos como OBSOLETOS e insuficientes para protexer a poboación e especialmente aos grupos vulnerábeis, chamando a cambiar ditos límites.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: