Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
QUEDA FIXADO NUN 2,50%

O BCE rebaixa un 0,75% os xuros

É a rebaixa máis importante da historia do Banco Central Europeo e pretende reactivar a economía na zona euro.

Redacción - 14:30 04/12/2008

O presidente do Banco Central Europeo (BCE), Jean Claude Trichet, anunciou este xoves a maior baixada de tipos de xuro na historia do indicador, un 0,75 que deixa o prezo dos cartos no 2,5%, o nivel no que estaban hai dous anos e medio.

Trichet explicou que se trata dunha redución necesaria pola recesión no contorno da Unión Europea. Ao tempo xustificou tamén a decisión no cálculo que o propio BCE realiza para a economía a medio prazo: un agoiro de contracción do PIB na UE de até o -1%. É a terceira redución realizada en apenas tres meses, cun recorte acumulado do 1,75. Así e todo, os respectivos indicadores do Reino Unido e dos Estados Unidos amosan cifras do 2 e o 1%, polo que serían de agardar novos movementos en breve tamén na eurozona.

A tímida reacción nas bolsas este xoves sería evidencia de que os mercados esperan novos xestos por parte da institución central. Un dos contextos onde xa se deixa sentir a evolución da caída dos tipos de xuro está sendo o Euribor, utilizado para fixar as hipotecas no contorno estatal, e que logo dun máximo o pasado mes de xullo, apertando os petos dos cidadáns cun 5,393%, cae agora até o 3,862%.


0/5 (0 votos)


Comentarios (5)

piorno #1 4/Decembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Em espanhol: «tipos de interés».

Em galego: TAXAS DE JURO.

xosse #2 4/Decembro/2008 xosse
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Haber si os bancos non tardan unha eternidade en trasladar a baixada ós seus clientes!

Atlantico #3 4/Decembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A ver se quebran todos dunha vez e se deixan de explotar a xente.

piorno #4 4/Decembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Ainda bem que Vieiros corrigiu o título da notícia. O dos «tipos de interese» nom soava mui galego.

#2 xosse, isso que comentas, embora a bastante menos nível, é como o assunto do preço do petróleo e o das gasolinas. Hai dous meses o barril de Brent estava a 150 dólares e hoje anda nos 44,40, representando umha baixa superior a 70%. Porém, as gasolinas e gasóleo descérom neste tempo apenas uns poucos cêntimos, aproximadamente 20% do seu preço máximo.

baltar69 #5 4/Decembro/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

nunha deseperada búsqueda dun precer que permitise a trascendencia espiritual e física, os persoaxes da película de nagisa oshima " o imperio dos sentidos " afogaban o fluxo de osíxeno na percura dun orgasmo supremo sen reparar no inescrutábel fin que tal entrega precisa.
moi cerca dun colapso semellante estiveron estes días os membros da luxuriosa clase bancocapitalista internacional, a pesares da baselina e os oportunos boca a boca que medios políticos e gurús comunicacionais dispensaron as súas estructuras para manter a tranquilidade social das clases endeudadas; mais, este leve aparcamento das máis groseiros fames das entidades prestatarias, non é si non un lene afloxe da corda para que non morramos todos dunha vez e deixemos flácido o músculo pagador.
semella que, vista a cousa, renunciaron ó clímax exacerbado e que, de momento, conténtanse co floxo gustirrinín de notala dura e dentro. pero que naide se engane: chegano o momento voltarán a esixir de novo o seu cénit pracenteiro logo dunha meseta de dozuras tal que oméricas sereas. será xá entón cousa nosa, logo de véla fonda e abismal sima do seu sexo fagocitador e carnívoro ben aberto, seguir enamorados como púberes e pregados o seu lisonxeiro desexo ou reparar noutros camiños donde a especulación putañenta non sexa unha moeda de uso tan recorrente.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: