O editor Paco Macías incorpórase á galería de opinións sobre a realidade na que nos gustaría vivir. Vídeo no interior.
Hai que crer que Galiza é normal, para que sexa así", di Paco Macías, de Edicións Positivas. Na súa opinión, é unha cuestión de "facerse un pouco o parvo" e esquecer que non somos precisamente normais para asumir unha suposta normalidade: así, acadaremos un país normal. Razoamentos filosóficos á parte, Macías incorpórase así ao debate aberto organizado por Vieiros e que procura a reflexión sobre a realidade na que vivimos e sobre aquela na que nos gustaría vivir.
"Termos a posibilidade de rexer o noso presente dun xeito libre". Galiza non acada o status de normalidade, mais atópase nun "proceso histórico que se dirixe a concibir o país de xeito aberto e universal, como algo propio dos cidadáns galegos". Así opina Miguel Anxo Fernán Vello, quen achega a súa proposta ao debate aberto sobre o que é un país normal e exixe para nós o dereito a rexer o noso futuro e o noso presente.
"Somos máis normais do que todos presumimos", di Camilo Franco. O xornalista e escritor súmase á reflexión de Vieiros sobre a realidade na que nos gustaría vivir. Segundo explica, "a pregunta sobre a normalidade implica anormalidade" e pide un país que non se autocuestione continuadamente.
Que non sexa necesario un esforzo para que emerxa a nosa cultura; que a lingua non supoña un problema para os creadores que a empregan como medio de expresión... Fran Alonso reivindica unha normalidade a xeito de cultura visibilizada. Así se incorpora ao debate aberto por Vieiros sobre o que é (ou sería, neste caso) un país normal.
"Ser galego non é normal, ten algo especial", di o compositor Fran Pérez "Narf", quen reivindica a naturalidade de vivir sen a necesidade de amosar a nosa autenticidade galega en todos os ámbitos. A súa reflexión incorpórase á galería de opinións sobre o que é para cada un unha normalidade de país.
O escritor e xornalista Manuel Rivas inaugurara a reflexión que propón Vieiros sobre a realidade na que nos gustaría vivir. Fala O'Rivas da procura do país "anormal" onde as cousas funcionen "normal".
A opinión dos internautas
"No meu país normal, a xente fala colocando os pronomes no seu sitio. Ninguén pide carné político para acceder a un posto público, non quedas sen comer churrasco por falar de máis, nin tes que pedir perdón por non acceder ás súas elites (económicas, culturais...)". Así o expresa o internauta Brais, un dos primeiros en opinar sobre a iniciativa de Vieiros.
"Que o habitual sexa que poda atopar un traballo de acordo cos seus coñecementos e ben remunerado, que o habitual sexa que as persoas maiores e dependentes teñan os coidados e repecto que merecen e unhas pensións acordes ao nivel de vida de hoxe, que o habitual sexa que as familias (tradicionais, homoparentais, monoparentais) teñan os mesmos dereitos, que a clase política loite polo seu/noso país non entre eles, que as cidades avancen xuntas sen localismos", afirma o lector Anxo.
Sobre o mesmo tema, achega 12luas que "o país que desexamos os galegos gozará de escribir e falar galego (...) Este país terá os mellores cascos históricos reconstruídos, a mellor formación, o uso con coidado da tecnoloxía, as rúas máis limpas, o respeto entre nós... Isto só está a comezar, cada un ten un pensamento diferente pero hai un polo menos no que estamos decidos a levar con nós ata a morte: Amar a Galicia e querer para ela o mellor".
"O Meu País Normal é um país que sae bem pintadinho em todos os atlas do mundo, para que quando diga "sou da Galiza" a gente simplesmente diga, "ah, bem". Nem mais nem menos", propón Xanzinho. "O meu/nosso país é a minha língua e a minha cultura", sostén papuxa70
E o teu país normal?
Vieiros puxo en marcha esta iniciativa para saber cal é o país normal que desexamos. Durante as vindeiras semanas seguiremos entrevistando persoeiros e cidadáns para que nos conten como é o seu país normal (os desexos tamén se constrúen xa no día a día).
Abriremos espazos de debate para deseñar entre todos esa realidade que che gustaría atopar (se é que non a atopaches) cada día que saes da casa ou que entras en internet. Mentres, vainos contando como é o teu país normal?
No meu país normal, a xente fala colocando os pronomes no seu sitio. Ninguén pide carné político para acceder a un posto público, non quedas sen comer churrasco por falar de máis, nin tes que pedir perdón por non acceder ás súas elites (económicas, culturais...)
Anexo: Silvia Plath non tomaba os tóspiros nas tascas
....e na radio e na televisión, non falan de que vai entrar unha borrasca que vai deixar chuvias na nosa "comunidade".... E eu sempre me pregunto: comunidade de que? de veciños???.
Sexa sol ou chuvia, é no país, na noas Terra, pero comunidade, mulleeeerrr, soa a colectivo desfavorecido ou de amigos da petanca.
COmunidade de afectados pola vía rápida do Salnés; comunidade de xitanos en Gz: comunidade de Animistas da Terra Chá;
Falamos de territorio, de entidade xeográfica e/ou poboacional de base territorial.... (isto así sen consultar diccionarios, señores sabios... ; )
O país que desexamos os galegos gozará de escribir e falar galego. Da colaboración entre as diferentes "comunidades" para potenciar os nosos desexos. Desexos de poder escoitar o ruido do vento pasar a través do millo, da auga silbando entre os penedos e o fondo un son a gaita. Este país terá os mellores cascos históricos reconstruídos, a mellor formación, o uso con coidado da tecnoloxía, as rúas máis limpas, o respeto entre nós... Isto só está a comezar, cada un ten un pensamento diferente pero hai un polo menos no que estamos decidos a levar con nós ata a morte: Amar a Galicia e querer para ela o millor.
Quizais non todo sexa poñer barreiras nin obligacións. Quizais sexa máis quita-la venda dos ollos e ver que xuntos podemos ir cara adiante e que un só non vai cara ningures.
O Meu País Normal é um país que sae bem pintadinho em todos os atlas do mundo, para que quando diga "sou da Galiza" a gente simplesmente diga, "ah, bem". Nem mais nem menos.
O Meu País Normal é um país pequeno, mas dinâmico e optimista, povoado por gentes amáveis e trabalhadoras, prontas a ajudar e ao tempo orgulhosas em transformar este país num exemplo de como as cousas podem ser feitas.
No Meu País Normal não hai partidos "nacionalistas", pq todos são partidos nacionais.
No Meu País Normal não se fala de normativas pq hai duas oficiais a usar livremente. Neste País todas as minorias são respeitadas, todas, e partilhamos com elas uma sociedade vibrante que só pode abrir novos caminhos e oportunidades de futuro, para todos.
O Meu País Normal é, em resumo, um país dono de seu formado por gentes cultas.
(Pero Ted Hughes ,ponhíalhe os cornos a Sylvia Plath com qualquer petroleira)O meu/nosso país é a minha língua e a minha cultura.
O Meu Pais e aquel do que fala nas suas cancion Miro Casabella entroutos, e chamase Galiza, soamente Galiza e mais nada que Galiza
sempre en Galiza
Totalmente de acordo con Xanzinho.
o das dúas normativas oficiais é unha boa idea. Coma en Noruega.
O meu País Normal é un onde non haxa españolitos que aldraxen ós que non se odian a si mesmos coma eles, que cren que falando a lingua do país colonizador son mellores, e os que falan a lingua materna, non somos ninguén.
Eu nom quero um pais normal. Preferiria um bom pais.
Non sei aquen se lle ocorreu esta campaña, pero non me parece nada atinada. Coido que vivo dun xeito normal, cos problemas normais da xente normal. É certo que o meu país non é independente, que a miña lingua padece acoso e que moitas veces vivo situacións propias dunha colonia... Pero, acaso iso non é normal, non vén sendo normal desde hai tanto tempo e en tantos lugares do mundo?
Paréceme un erro que teñamos que chamar a atención sentíndonos anormais. Galiza tivo, ten e terá unhas potencialidades que precisamos desenvolver e desde logo esta actitude non me parece a máis acaída... ademais, quen ten a potestade de decidir o que é normal e o que é anormal? Non estaremos pecando do autoodio que tanto criticamos?
Pra min un país normal sería aquel no que non houbese machismo. No que non se despediran a mulleres embarazadas dos traballos coa escusa de "baixo rendemento", na que non houbese maltrato ás mulleres físico nen psíquico, un país no que a muller puidese envellecer libremente sen complexos, porque sabe que é valorada por algo máis que pola súa mocidade e aspecto físico, un país no que as mulleres que gozan da súa sexualidade poidan facelo libremente sen ser chamadas putas, un país no que haxa un sistema de prazos para a interrupción voluntaria do embarazo, un país no que as viúvas teñan unha pensión digna, un país onde as mulleres teñan traballos dignos que lles aseguren a independencia económica, e non só as "cerebriños", TODAS.
Supoño que isto non lle preocupa nada a todos os meus compañeiros tan de esquerdas e roxos, pero no fondo, máis machistas que os fachas. Ese é o país que quero pra min, e tamén pra as miñas fillas..se as teño.
O meu país,é o que é:GALIZA......,enchida de problemas sen solventar,co idioma sen afincar,coas empresas,caixas de aforro,políticos etc,etc,.....facendo o que lles peta.Con falta de respeto polos demais,cun machismo moi arreigado.Sen estatuto de autonomía,e as normas da constitución sen avanzar, e con perigo de ir cara atrás.
Eso si,coa terra máis doada do mundo,con xente boa, e cuns productos de mar e de terra ,imcomparables....
Pero eu soño.......con todo o que non temos, e o que deberíamos ter.
Todos os países "normais" som semelhantes, pero cada naçom livre é-o à sua maneira. Eu sonho cumha Galiza independente, socialista, reunificada e lusófona. A luita continua.
Vexo que estaba no certo: a ningún dos que eiquí escreben lles importa o máis mínimo o feminismo (igualdade de dereitos entre mulleres e homes, que aínda hai quen di que é o mesmo que o machismo). Pois tamén a nosa luita continua. Nosoutras tamén estamos oprimidas e colonizadas e non pensamos pasar polo aro.
Pois o meu país son o de Xanzinho e mais o de jeanettewinterson xuntos.
por certo, eu coñezo mais dun "machista-leninista" deses que di winterson, pero tamén é certo q a imensa maioría maiores de 50 anos.
o país polo que loito é unha corea do norte asulagada polo cantábrico e o atlántico piscina!!
Eu non quero que o meu país sexa normal, eu quero un pais habitual, no que o habitual sexa a igualdade das persoas, o habitual sexa que todo o mundo teña os mesmo dereitos e deberes, que o habitual sexa que poda expresarse como quera, que o habitual e que teña dereito a unha educación pública e gratuita, que o habitual sexa que teña unha sanidade pública de calidade, que o habitual sexa que poda atopar un traballo de acordo cos seus coñecementos e ben remunerado, que o habitual sexa que as persoas maiores e dependentes teñan os coidados e repecto que merecen e unhas pensións acordes ao nivel de vida de hoxe, que o habitual sexa que as familias (tradicionais, homoparentais, monoparentais) teñás os memos dereitos, que a clase politica loite polo seu/noso país non entre eles, que as cidades avancen xuntas sen localismos, etc.
Non quero un país normal, quero un pais habitual nas que as cousas se fagan por hábito por costume non porque o dicta a norma vixente ou a norma que dicte o mandatario de turno.
Um país sem gaivotas nen bolajas.
O meu pais ideal não tem classes e, portanto, já não seria necessário chama-lo "país". Mas, por agora, Galiza ceive!
Meu país non é normal. Meus pais tampouco.
Galiza é un sitio distinto.
Pándigo,bolaja,pándigo¡¡¡¡
Un Pais cos territorios irredentos, e coa súa paisaxe tradicional como bosques de carballos e castiñeiros, non eucaliptus.
O meu país ideal sería un no que non escoitara ó meu presidente decir como dixo fai uns días, cando inaugurou a autoestrada do Barbanza:
"Galicia é a comunidade millor comunicada do estado"
Debería de darse unha volta polas estradas de moitas comarcas do interior do país para verificar que o que dixo é unha tarabelada máis das moitas que dí.
Por exemplo, que vaia dende Ourense ata o concello de Chandrexa de Queixa.
Alí podera ver cos seus ollos o nivel do benestar do que disfruta a Galiza do interior.
O meu País, A Galiza...sem mais.
O meu país normal consistiría na erradicación do individualismo
O meu pais normal é este, un país anormal.
Num país normal...
... não seria notícia que alguma pessoa (física ou jurídica) empregasse habitualmente o idioma do país.
... não existiriam políticas de normalização linguística.
... ninguém teria necessidade de corrigir os indicadores viários para restaurar os topónimos do país.
... ninguém se perguntaria como é um país normal, porque se daria por suposto.
O meu país normal limita ao norte com a liberdade, ao sul com a solidariedade, ao leste com a justiça e ao oeste com um imenso oceano de vontades unidas. O meu país normal é habitado por pessoas täo diferentes entre si que ninguém usa a palavra 'normal'.
No meu país normal, todas as manhäs fazemos uma revoluçäo, todas as tardes a derrocamos, e todas as noites nos entregamos aos prazeres. E, de madrugada, descansamos, que a vida é muito intensa neste meu país normal.
Bem pensado, o meu país näo é bem normal...
O dun país normal deixollo a Mariano Raxoi e a sua xnte normal; eu prefiro seguir vivindo nun sitio distinto...
Viva a anormalidade, a diferenza, a particularidade, a diversidade!!!
Que é a normalidade?
Saudos!
Descrente, encantoume, paréceme perfecto.Gustariame saber se podería utilizar o teu comentario, iso si, sempre deixando clara a fonte :-).
# 36:
Muito obrigado pelas suas palavras. Pode você utilizá-lo sem restriçäo, obviamente :-)
em qualquer pais o presidente nom é analfabeto na lingua própria...
em qualquer pais defender a terra nom é delito, é deber!!
em qualquer pais mirar para outro lado mentras destruem o territorio é ser cúmplice de terrorismo...
# 37:
Obrigada
Tiven que cortar, moi ao meu pesar, porque só me dan uns poucos caracteres ..
http://www.todotoxos.blogspot....
Un país normal no que os mariñeiros indonesios gañen igoal cos galegos, e os galegos e os indonesios sexan os donos dos seus barcos, e non os Condes de Pescanova.
Un país normal no que os berros feixistas (do Secretario Xeral Da UGT catalana, Joseph María Álvarez) dicindo que os traballadores españois (madrileños, asturianos, galegos, extremeños, débenlle 23 euros aos traballadores cataláns (nin mais, nin menos, e os empresarios madrileños, galegos, cataláns... nin aparecen) sexan calados polas voces dos traballadores de todo o mundo.
(Por certo ¿canto lle deberían os traballadores cataláns aos traballadores alemáns, entón?)
Un país normal no que os pobres non teñan que loitar contra outros aínda mais pobres... por 23 euros.
-Enlace ao sindicalista feixista:
http://www.josepmariaalvarez.o...
-Enlace ao traductor catalán/español (non atopei un traductor catalán/galego):
http://www.opentrad.com/
nun país normal deixanche manifestar a túa opinión sen que che caian paus.
um país onde o galego seja algo máis que um mero idioma, onde os costumes sejan motivo de satisfacçom. um país onde nom faga falha erguer a voz para decir que um/umha é galego/a...um país onde tería acolhida calquer pessoa que respete Galiza...um pais con toda a súa potencialidade económica, cultural, turística e humorística desenrolada, um país onde nom ter que me estranar por ser como som e me sento...
Un pais onde a Lei de Berto sexa:
"A medida que unha discusión online en galego sobre calquera tema avanza, a probabilidade de que se mencione o reintegracionismo/isolacionismo achégase a 0″
Un Pais que non tivera vergoña da súa lingua, que non se pensara inferior un pais que non é nin español nin portugués é galego da Galiza.
Un país onde a xente sexa consciente da súa historia, onde as estatuas históricas decoren as cidades e vilas, onde podamos ver aos nosos escritores, máis tamén aos nosos reis, campesiños, libertadores e ilustres. Un país que non se esqueza dos seus símbolos nacionais históricos nin da súa identidade, un país como calquer outro, baixo unha única bandeira, a galega.
No meu país normal non habería voces mediocres que empaparan as cordas vocais con palabras baleiras como " liberdade, dignidade, identidade, igualdade ...".
No meu país normal, esas palabras "habituais" de este meu país actual, non serían nin moito menos normais, simplemente serían últimos recursos nunha crise de convivencia.
Pensando ben todo isto, o meu país xa é normal, e doume conta de que en realidade o que eu quero é o q o meu país deixe de ser normal para ser diferente, cheo de xente que teñan pouco de normal, porque ao que xa sufrimos esa "tara" resúltanos complicado manter a esperanza accesa de que algún día veña un golpe de mar e vire esa normalidade para poder sentirnos parte íntegra do noso país.
Non nacín pra ser normal e non quero que o meu país o sexa.
Un país normal que teña dereito a decidir, por votación da cidadanía, onde se gastan os cartos dos presupostos. Así veríase: Cidade da Cultura, 6 euriños pra os cafés.
Un país no que os mestres de vasco non pidan facer os exámenes en español (EL DIARIO VASCO, 25/9/2008), ríndose polo baixiño, porque "a plaza é a plaza, de por vida, o vasco é moi dificil, e a nacionalistas non nos gana ninguén... je, je.
Un país con un pouco de vergoña... da normal
Estou de acordo con descrente.
A palabra "normal" é unha trampa.
Deberíamos levar valores como a solidariedade, a tolerancia, o respeto... por diante ou acompañando a calquera bandeira ou ideoloxía.
A palavra não é "trampa" de nada. Acontece que o pessoal não sabe o que significa "normal" e engana-se confundindo a "normalidade" com o seu ideal de país, com o que esperam que o país seja algum dia, com o que DEVE SER. Mas a normalidade, o que é "normal", não tem nada a ver com isso... ai que cruz...
NORMAL
do Lat. normale
adj. 2 gén.,
conforme à norma ou à regra comum;
que serve de regra, de modelo;
exemplar;
habitual;
ordinário;
Pra escomenzar direi que Fran Pérez non e galego falante de cotío, de cotío non hai máis que escoiutalo pra darme conta que ten que estudar o que vai dicer con bastante dificultade, enton o seu discursiño non me di nada, non sei siquera que quer dicir.
Moitos galegos andan polo mundo adoutando falas que nada teñen que ver co noso acento tan senlleiro, so pra disimular que son galegos iso si e unha vergoña que os galegos non esteamos orgullosos do noso.
¿Quen lle dixo a Pérez que temos que andar demostrando que somos galegos? coido que máis ben hay moitos galegos que acochan a sua condición porque se avergoñan de ser de donde son,manda carallo con estes artistas,o peor a este Pérez pásalle o mesmo.
A miña normalidade ou anormalidade(coma se mire),é......que nestas festas do Nadal,desexo a todos,as.....os,as internautas.....boa SAÚDE e moito,moito AGARIMO.
Vendo o que é normal, prefiro ser anormal, diferente ou distinto. Só assim podes manter umha identidade propria.
Gracias pola observación, Observador. E estou de acordo contigo. Pero tes que recoñecer que é unha palabra con un pouco de mala leche, ou somos nos o que a utilizamos con mala leche en moitas ocasións?
Vexo que ha xente alporáda,cando alguém escreve com regras gramaticáis do ""GALEGO DO SUR".Isto faime lembrar um artigo num xornal,leído fai tempo d'abondo,onde tiduábanllo co nome de QUIEREN GALLEGUIZAR EL VALENCIÁ.
Fiquéi um pouco açolerádo,sem comprender que quixeram dicer.De feito puxenme a leélo e,entom,entendim e comprendim o que queriam espricar.
No PAIS VALENCIÁ os P.P. (digo OS e nom O,pois,pra mim,P.P. e igual a pióllos;do mesmo xeito que A.A.R.R.= altezas reales,C.C.A.A.=comunidades autónomas ou A.A.V.V.=asozaçom de vicinhos) fixo umha liorta esbardalhando coma galiñas pra que impuxeram umha GRAMATICA DIFERENTE DA CATALANA.
De todos é sabido que o valenciá é um xeito diferente de falar a mesma língua,Pro,emporisso,nom deixa de ser a mesma ligua.Ou é que o andalú,manchego,murciano etc. deixa de empregar a gramatica do castelam?.
Pois bem,no nosso País fixerom isso.Impuxerom umha gramática do CASTRÁLHO ou CASTRÁPO.Resultado percurado?.Que sexamos analfabetos no nosso idioma,teñamos complexo de inferioridade e que coidemos a nossa lingua nom tem valor nem serve pra calquer cousa.
O nosso idioma tem uns sons e vocalisaçons diferentes do pronuncia castelam.Aqueles que pensam que nom val pra rem,a nossa lingua,deberiam perguntarse porqué nos,@s galeg@s énos mais doado adeprender e "foneticamente" falar millor outro idioma.No ingres,frances,e,incluso,alemám,ha muitos sons e bocais que som as mesmas.Xa nom digamos do italiano.
Nom vou dicer em cantos idiomas podome defender;pro diréi que O FALAR GALEGO SERVIUME DE MUITÍSIMO.
Se alguém nom acredita,que fagam a proba de que calquér castelám falante,pronumcie umha verba galega de duas sílabas:UMHA.Diranche unga,una,ua,pro nom seralhes posible dicer úmha.
Como se chama isto?Aprendizaxe e dominio da FONÉTICA.´Nom é o mesmo coser que cocer,nem casar que cazar,nem poder que foder,nem home que joume,nem puxar,push que pus;xunta que chunta;xornal,journal que llurrnal.
Remate.Inda desexando falar o milhor posibel,na miña lingua,séi que sóu analfabeto.Debo agradecerlho a .........?.Sabedes;nonsí?.
Lembrome do que dixo Casteláo nas cortes;"ha quem desexa que recuemos no tempo e na historia;pois todas as bestas falam um só idioma no mundo".
Pois isso:primeiro o nosso e,dimpois,os alléos.Nom todos podem dicer "ESTA É A MINHA LINGUA".
Umha das páutas que emprega toda naçóm que coloniza a outra é "matarlhe a sua cultura pra que nom tenham sentimento de naçom diferente".
Somos galegos conxenitamente.Espanhói é um "remendo" que nos puxerom de tecido diferente do nosso.De féito podemos deixar de ter documentos como espanhoi,e tomar os de outra "ciudadania".
Cantos galegos non ha que son "ciudadanos" U.S.A.,Británico(gales,escoces ou irlandés é nacionalidade),frances,deixando de ser "ciudadanos" espanhois?.É que ,empor isso,deixarom de ser galegos?.
Cantos "españois " ha que nem sabem falar castelam?.
Cum cacho de papéi e um carimbo,xa "fánse"espanhóis
Nos nom facemonos galegos.Somos nádos!
De podermos escoller un país normal escolleríamos un anormal, pois non sería normal querer ser normal, o normal sería ser anormal, amoral.
Moito me cheiro que, cando consigamos ser un país "normal", xa teñamos deixado de ser país hai tempo.
Que cando haxa xeracións que aprecien normalmente a súa cultura e idioma, estes xa teñan desaparecido, ou só sexan unha mostra reconstruída e non auténtica. Que, nesta sicoloxía colectiva nosa propia de países desestructurados e cun fondísimo complexo de inferioridade, aplicado ao máis xenuinamente propio,só a xente aprecie de verdade o propio cando se teña desprendido completa e profundamente deses rasgos.
Pero nestes complexos non somos tan anormais: hai outros países con comportamentos de autoodio similares ao noso, non é un fenómeno que podamos patentar, pero sí sufrir en moitas facetas cotiáns.
Ao que di este Fran Pérez, creo que o subconsciente lle xoga unha mala pasada. Qué é máis relevante na nosa sociedade, ter que demostrar que se é galego ou máis ben todo o contrario, querer desprenderse de calquera característica propia, agachala ou negala? Creo que o segundo é o que máis se dá, non sí?.
Eu mentras tanto, seguirei tentando imaxinar que vivo nun país máis normal e máis a gusto consigo mesmo.
Non lle adico un apartado aos lusistas...porque estamos no Nadal, haxa Paz, aínda que tamén os considero (á súa postura, non a eles como individuos) un síntoma de anormalidade.
eu acho que o meu pais normal, anormal ou subnormal é um pais onde as mulheres também tenhem voz e nom som silenciadas, invisibilizadas e marginadas como acontece nesta reportagem. Por agora vam 4 homens/ 0 mulheres. Acho que os de vieiros já se podem dar com um canto nos dentes, porque som tam normalmente patriarcais como os espanhois ou simplesmente como a RAE. No pais que quero para os meus filhos e para as minhas filhas aprenderam polos livros que antes havia un tipo de homens conhecidos como MACHOPIROLOS que nom deixavam falar as mulheres, de uma maneira parecida ao que fazia o Reino de Espanha com a nossa REPÚBLICA. Mais uma vez lembrar que sem as mulheres, a revoluçom nom é possível. Beijos
e como somos tan anormais imos despedir o ano sacándonos os zapatos e apuntando ben.
http://www.zappingmcsaatchi.co...
PARA CREADOR:
A IGNORANCIA É MOI ATREVIDA - TI NON TÉS NIN IDEA DE QUEN É FRAN PÉREZ, PAPÁN....!
Fran Pérez é unha das realidades máis interesantes da cultura galega nestes tempos, e desde xa hai moito.
Se identificamos UN PAÍS NORMAL cun PAÍS máis XUSTO pois eu proporía un BOICOT A LA VOZ DE GALICIA mentres non cambie a súa liña caciquil.
Apoio o boicot.
F.Pérez será o que sexa, pero nesta opinión andivo un tanto despistado, creo.
Non sei quén nin con que criteios pode rexeitar os meus comentarios, so dicer que o galego non e castelán pro tampouco portugués, o que escribe Xancinho asemande outros e calquera cousa menos galego.
Non temos mais que ler a Pardo Bazán, Castelao, Manuel Murguía e mesmo a Castelao pra dáremos conta que o galego e fala de seu sin ter que facer de lingua greagaria, ainda que sexa unha lingua irmá.
Por iso teño que dicer que Galicia ou Galiza non e normal.
E o anormal normal este de Paco Macías, ¿quen carallo é? ¡Vaia pajarito! Non, se Galicia está repleta de túzaros. Se tanto quere ser normal será que non o é. Veña, Paco Macías, aproveita estes días para seguir reflexionando, en non esquezas as pastillas, unha despois de cada comida.
avançamos muito bem na normalidade patriarcal do jornalismo:
6 homens de raça branca, de entre 45 e 55 anos e de classe meia /vs/ 0 mulheres
suponho que esta nom é a proporçom de mulheres que há neste Pais, porque se nom, nom haverá futuro.
%63% Um saudo ao amigo Creador e a outras isolacionistas que continuam com a sua teima, também lhes dou uma boa nota a todas estas amigas, exprimem preconceitos, chamemo-los democraticamnete 'ideias' muito normais, hegemonicos e colonialistas, parabéns a todas, um 10 em sub-normalidade e outro 10 em pensamento zero, o melhor e mais normal dos pensamentos, é claro
Tes razón, companheira, e digo compañeira porque eu tamén traballei no metal, de ferreiro. Aínda que se che digo a verdade non estraño nadiña aquel choio. Agora son oficinista, sempre ao quentiño e ao subeiro, isto si que é un traballo. A min estes romantecismos sesentaoitentistas non me son moito de fiar.
O que quería dicir, companheira, é que tes razón, pois mira ti que non hai mulleres que poidan dicir cousas máis interesantes ca estes homiños, sobre todo ca ese tal Paco Macías
UN PAIS NORMAL...? UHMMM.....COMO É UN PAIS NORMAL - CAL É A REFERENCIA...? - É NORMAL QUE ALGHEN SE PREGUNTE SE O LUGAR DONDE NACE (OU NON..) É UN SITIO NORMAL....??????
- A MIN PARECE-ME QUE UN PAIS NORMAL TEN OUTRAS PREOCUPACIONS. - BO NADAL...
Este era un país normal antes de que algúns se atrincheraran nas Consellerías para ditar o futuro dos cidadáns sen siquera consultarlles o que pensan.
Este será un país normal cando a cidadanía poda falar libremente e expresar a súa opinión no video blog de Quintana ou en outras redes chamadas sociais nas que os ananos manexan o Karma Negativo ó seu antollo...!
Galicia é un país normal... pero algúns aínda non o saben!
Qué país? Porque a cuestión -sintomática da nosa anormalidade ou mesmo subnormalidade- e que nin siquera sabemos cómo chamarnos. Galicia ou Galiza? Nin tan siquera sabemos qué idioma falamos. Normativo ou reintegrata?
69. galleto confundes língua com norma. a língua é uma abstraçom de diferentes variantes geográficas, históricas, de estilo, registo, idade. Outra cousa distinta é a variante culta, a norma estandard que a administraçom, a educaçom e as escritoras promocionam e utilizam. O que é anormal é que na Galiza haja uma perseguiçom ao reintegracionismo, embora esta esta tendencia totalitária vaia diminuindo
http://br.youtube.com/watch?v=...
também o barulho, ambiguidades e incoerencias de certos 'galeguistas' em contra do galego contribui bastante a desorientaçom em que estamos.
Eu faria caso a Castelao, o nosso pais chama-se GALIZA, como JUSTIÇA, PREÇO ou PAÇO. O nosso idioma chama-se galego-portugues, na Galiza conhece-se como galego e internacionalmente como portugues. Tal como a língua de Castela que dentro do Estado se chama castelhano e internacionalmente espanhol.
Nom percebo qual é o problema?
Entón sería Galiça, como JUSTIÇA, PREÇO ou PAÇO.
como bem saberas, amigo galleto, a ortografia do castelhano que empregas para transcrever o teu galego-portugues tampouco é sistemática nem perfeita reproduçom da oralidade. Embora escrevas 'vento' com v nom significa que por continuar pola letra e 'beixo' também seja com v. Se quixeres aprofundar no conhecimento da ortografia histórica galega, podes faze-lo aqui http://issuu...
o analfabetismo na nossa própria lingua e cultura é produto da situaçom colonial em que nos encontramos, fenómemo este bem normal
no presente contexto ultracapitalista e parece que estrutural na história da humanidade.
Querida companheiradometal, esta última frase quedouche estupenda, a falta da corrección lingüística, para a que seguro que nesta web no faltarán voluntarios. Feliz 2009.
sem dúvida, a comunicaçom é dificil ao se misturarem muitos planos da linguagem e nom ver mais que letras no ecram, no entanto, eu o que quero dizer é que me dá um pouco de medo este discurso da normalidade e aínda mais sabendo que: "O neocolonialismo resulta, exatamente, do conjunto das estratégias privadas de grandes grupos industriais e financeiros. Desse modo, a renovada ofensiva imperialista não pode estar desvinculada do avanço das políticas neoliberais, assim como do conjunto das mutações teconológicas e organizacionais em curso". Tirado de aqui http://www.revistaoutubro.com....
Mais eu non percibo, nembergantes, cuál é a relación entre o galego (castelhano, dis ti, coido que levada por unha certa ortodoxia reintegracionista) que eu falo e isas políticas neoliberais ás que fas referencia e que eu identifico noutros frontes. O meu galego é o que falaba a miña avoa e o meu pai, ámbolos douss nados na Terra Cha (Lugo); tamén o falan o panadeiro da esquina, o repartidor do butano, o yonqui do barrio, etecétera... Todos eles non pertencentes ás élites neoliberais, e coido que alienados por outras bandas: pola banda do forno de pan, pola banda Repsol butano, pola banda prohibicionista.
ONDE ESTÁN AS MULHERES DESTE PAIS??-A-NORMAL?
Nom só estám ausentes na colecçom de ilustres homens (brancos, como dixo alguém antes) senom também estám missing nos comentarios. Ainda que "companheira do metal" esteja escrito em feminino nota-se que é um homem: na maneira de se expressar e com a autoridade com a que fala, só um varom pode sentenciar dessa maneira.
As mulheres, umha vez mais, ficamos no ámbito "privacidado", é dizer, o político convertido em privado; e nom temos opiniom sobre o pais subnormal no que estamos a viver.
Pois eu vivo num pais que tem muito potencial de nom se normaliçar e espero que assim seja (se normaliçar significa ser um pais cumha realidade análoga a de outros paises, buf, melhor sermos diferentes!). Também aguardo que as mulheres sejamos quem de tomar a palavra e mudar o poder.
Galleto eu também som da Terra Chá e ali estám tam coloniçados como no resto da Galiza.
O repartidor do butano de aqui (Vilalba) intenta falar castelám, o ionque da esquina também. Minha avoa é a primeira em me dizer: "é verdade minha rula que antes se dizia quarta-feira."
A questom é que queremos falar: castelám ou galego?Se queremos falar galego só há um caminho.
Galicia é un país normal. A maioría das culturas e linguas (países??) están na situación de Galicia ou peor.
Que ganas de se laiar... semelha que isso é o que melhor se sabe fazer na Galiza. A espabilar!
Nun pais normal as mulleres teñen opinión e exprésana nos medios de comunicación.
Este artigo non só é un campo de nabos...
Coa opinión de 4 escritores, un editor e un cantante o único que podedes facer é reformular a pregunta...
Existe algún país "normal"? É isto desexable?
Existe unha certa idea de país máis alá do colegueo vilego?
Paisanos meus: sexamos realistas, pidamos algo imposible.
O meu país normal é um país onde a gente fala a língua própria do país e nom a escreve à espanhola ou vai saber ti como ...
Un país normal é que todos e todas cavilemos en galego.
Un país normal é unha lata de sardiñas enchoupada en cultura e costumes propias.
Un páis normal con políticos de esquerdas que non vivan do conto nin se anden a emborrachar día tras día, políticos que fagan país para todos e todas.
onde estan as mulleres galegas? ou e que hai un pais normal pero as mulleres seguimos sendo non-normales? por favor, isto e de pura vergonha