A organización xuvenil do BNG despregou este venres unha enorme bandeira da patria nun acto que serviu para criticar os 30 anos da constitución.
A organización xuvenil nacionalista Galiza Nova inaugurou este venres a campaña "Galiza nación, autodeterminación!", aproveitando que o día 6 se cumpren 30 anos do referendo que serviría para aprobar a constitución española. No acto despregouse unha bandeira da patria de 80 metros cadrados nas escadas da praza da Quintana e formouse un mosaico coa palabra Autodeterminación. Segundo as palabras da secretaria xeral, Iria Aboi, este acto serve para evidenciar que os galegos e as galegas non teñen moito que celebrar o día 6 porque seguen sen poder decidir o seu propio futuro.
Esta é a idea central sobre a que xiraron o resto das declaracións de Aboi, que describiu algunhas situacións concretas de desprotección de Galiza fronte ao estado español, recollidas na constitución. A secretaria xeral da organización vencellada ao BNG denunciou o diferente tratamento das linguas que conviven no estado, establecido polo texto constitucional ao impoñer para o castelán o deber de coñecelo e o dereito a utilizalo, reservando a euskera, galego e catalán só o dereito a utilizalas.
Aboi tamén defendeu que "non podemos celebrar unha constitución que lle atribúe ás forzas armadas a misión de defender a integridade territorial de España". Con este acto iniciase unha campaña que irá nos vindeiros días polas diferentes comarcas do país. Esta campaña procura, segundo a secretaria xeral, concienciar á mocidade para que se sume á loita por "unha Galiza soberana, xusta e un mundo máis igualitario entre todos os pobos".
Causa Galiza convoca a todos aqueles que esten contra a Constitucion Española e pola autodeterminacion a concentrarse mañan, ás 13.30, na Pza do Toural de Compostela.
Non basta con que se fagan accions das organizacions, como se unha campaña eleitoral fora... Ha que convocar a cidadanía, a o pobo traballador, a facelo.
Compañeiros e compañeiras de Galiza Nova, xuntemos forzas pola autodeterminacion.
perfecto #4,pois entón espanhois para sempre e a joderse,non?
E Quin que dí de todo isto?
100% con BRATH e ANTI_LUSISTA.
A Bandeira da nosa nacional non é esa. Esa bandeira -como no seu momento dixo Beiras- non debe ser nunca tida como a bandeira nacional, senón como unha bandeira política, da esquerda nacionalista. A verdadeira bandeir galega, ou é a franxa azul sen máis, ou é a da franza azul co escudo galego ( que durante máis de 700 foi e é simbolo de Galiza).
Aquel que non queira asumir a bandeira nacional da súa patria, e o emblemba histórico (o cálice), que non o asuma, pero fraco favor lle fai á Autodeterminazón.
Fóra a simboloxía estranxeira da nosa bandeira¡¡¡¡¡¡
Pódese apreciar na fotografía a morea de xente apoiando á "bandeira nacional".
Quén construe, mal ou millor, o país, e , máis que nada, quén o defende? A historia? A dereita? Ninguén?
A bandeira política é a única recoñecible, pois é a única presente nas afirmacións públicas (e non institucionais) da población galega como nas reivindicacións. Uló as outras?
Concordo con Anti lusista e Brath
A bandeira nacional é a que recolle a traxectoria política milenaria do noso país. O Pobo Galego ten máis tradición e antiguidade que o movemento comunista.
Por outra banda, síntome moito máis representado no cáliz ou a serea. O primeiro, non é só un escudo cristián. Tamén é un escudo pagano pois representa o solpor no país do fin do mundo. Por certo, con conexións coa bandeira xaponesa que representa o amencer. A serea é parte do proxecto galeguista e criada por Castelao. Por qué sempre temos que mirar fora para escoller algo que pensamos que é millor?
Re. bandeira: concorcdo. A bandeira com estrela é uma bandeira política, e ainda que eu seja de esquerdas e tenha um par dessas bandeiras na casa sei distinguir entra bandeira política (que tem a sua função em determinados actos, etc) e a bandeira nacional.
O único que mudaria da actual bandeira oficial seria a coroa borbónica do caralho; deveria ser mudada por uma coroa cívica.
#6. É certo... E Quin disto que di?? XD
Nós temo-la mais pequena!
Em metros quadrados ganha por muito a da Plaza de Colón na capital do Império Pequeno.
Que foi do nosso seitor téxtil?
Inditex soluçons já, (nos vale Adolfo Domínguez que te nos es divino)
Certo Hermerico!
É compatíbel que unha organización como GZNova leve adiante campañas coma esta e siga vencellada a quen dende a Xunta guía este País cara a destinos ben distintos???
Se todo o autodeterminismo galego (alén de bandeiras, normativas, definicións e outras polémicas superficiais) se unira e deixara só aos benegás, upegás, quintanás e demáis enchepetos...
#11 De pôr algo na cima da imagem corporativa galega eu poria umha rosquilha das festas. Coroa e cívica som praticamente antónimos ;)
estes de paliza boba, a quen queren enganar? a sua unica bandeira a do carjinho.esta Iria Aboy ten ben a quen imitar
Bandeira nacional??? coa estrela??? ajajaja e catro rapaces a suxeitala...
dá igual o simbolo que teña a nosa bandeira de pais o mais importante é a union de todos os galegos nun dia de oposicion á constitucion española, co que iso significa para todos, para cando a union de todos os verdadeiros galegos, cunha patria comun coa nosa diferenza de pensamento en canto a organizacion politica pero non de pais, creo chegar o dia da nosa nacion galega
Así me gusta #15: Argumentación clara desde a eduación,sen faltar ao respeto. En fin.país.
envez de andar discutindo por un escudo ou por unha estrela
timos ques estar todos ali porque a finalidade e a mesma!!
loitemos pola galiza!!
Non non, xanxan. A bandeira da Pátria ten que ser unha bandeira coa que nos sintamos identificados todos e esa daí para a inmensa maioría do País non é máis ca bandeira do bloque.
Galiza ten e tivo simbolos e insignias dabondo ao longo da sua historia como para que unha estrela vermella capitalice todo. A estrela vermella na bandeira foi asumida por "algúns" dos movementos da esquerda nacionalista sur-europea. Nin en Irlanda, nin en Córsega nin en Euskal Herria puxeron estrela ás suas bandeiras. En calquera caso saben que unha insignia ten un poder determinante coma aglutinadora das xentes dun País. Unha parte, que non todo, do nacionalismo galego, adoptou esa insignia coma elemento non asimilable por un aparello político de estado que xa nos estaba poñendo a Juan Pardo recitando a Cabanillas. Mais hoxe a situación sociopolítica é ben diferente.
Eu gostaría de que o 27 de decembro os televidentes galegos poidan ver que as cores predominantes en Riazor son as suas cores. Non unha festa dunha xente e dos simpatizantes dunhas ideas, sobre todo entendendo que se é así, a maioría social galega apoiará a sua selección. Empezarán por aí e acabarán por apoiar a causa nacional galega, para as outras insignias hai outros sitios e outros momentos.
garrano nn digo ke nn teñas razon
peo non me perece normal ke se chegue o insulto
por eso porque o fin e o cabo todos deberiamos estar loitando polo mesmo e deisar de loitar entre nos!!
galiza forza!!
Insulto xanxan? Non o dirás por min? Que eu non goste dunha insignia non implica que desmereza até o punto de insultar. Eu sen ir máis lonxe portei a estreleira moi fachendoso por moitos anos e gosto de velas en manifas sindicais ou en determinados lugares. Mais lembro que hai anos reparei de que non era tanto así noutros lugares. Semella que o valor que se lle dá a unha insignia é ben diferente noutros paises. hai un momento para cada cousa. lembro que nas miñas visitas a EH hai anos, era difícil, por non dicir imposibel, ver unha ikurriña nunha manifa da gaztetxe ou nunha manifa feminista. Aquí sacase a estreleira para todo, por que? pois para demostrar a presenza das xentes dunha determinada idea en tal ou cual reivindicación, o cal me parece correcto e lexitimo. Mais tamén penso que o País é moito máis ca xente da miña idea ou da miña ideoloxía e que todos os galegos deberiamos ser consecuentes coa nosa xente máis aló da nosa ideoloxía e para iso virían ben simbolos xa existentes cos que nos poidamos sentir identificados todos. Primeiro sexamos todos País, se é así será máis doado que todos nos recoñezamos coma nación, e non só uns poucos.
Eu non digo que estea mal a estrela para unha bandeira de luita, pero vermella? A dos galeguistas a estrela era amarela, porque como sabemos, Castelao, o meu amigo Risco máis eu odiamos o comunismo.
A Bandeira galega ten que ter o escudo do Santo Grial, a Hostia e as cruces coma sempre. Sen a coroa dos Borbóns.
Pasa que os de Galiza Nova, como son 6 na foto e son analfabetos, chaman bandeira da patria a todo. Ana Pontón, colle a subvención!!!
Rapaces de Galiza Nova, ¿por qué non vos adicades a pedirlle ó Señorito Quintana a que inste ós seus subordinados, neste caso delegado provincial dunha conselleria, a que cumpra a lei e que lla faga cumplir ós seus subordinados, e deixe de comportarse coma un incompetente que torce a cara ante a ilegalidade que perxudica ós cidadáns, e así rematar coa súa inutilidade para cumplir coas normas e cos prazos administrativos? E isto mesmo tamén vai pola señorita Táboas. Supoño que igual que o Señorito Quintana anda a disfrutar do coche oficial e non teñen tempo para atender as peticións legais e xustas dos cidadáns e dos afiliados. Creo que seríades máis útiles pedindolle á xente que tén responsabilidade no noso partido que cumpla coa lei e que cumpla cuns mínimos de ética e decencia e non perdervos en tonterías. Tamén pido a autodeterminación para poder xestionar mellor o noso país alonxado das corrupteladas institucionalizadas que nos aporta o estado español, pero dende logo vendo como xestionan os nosos responsables casi é mellor que segan a xestionarnos os españois.
1. Causa Galiza non é unha plataforma, é unha asemblea na que a única filiación e participación formal que hai é individual. Se puxésemos o amor polo país e a soberanía por diante das siglas teriamos máis participación.
2. Causa Galiza ten afiliación individual e por "estatutos" non se pode constituír en partido político. Con Causa GZ non hai escusa para non participar, só irresponsabilidade política tanto dos que non participan como dos que participan co obxectivo de sacarlle rendibilidade para un partido político concreto.
3. A falta de participación nesta concentración do 6-D é debido ao escaso traballo para esta convocatoria d@s galeg@s simpatizantes polo dereito do dereito de autodeterminación (había poucos carteis e poucas persoas para os colar, nin presentacións públicas do acto, nin se contactou con colectivos e asociacións para que se sumasen á convocatoria; e un longo etc.).
4. Logo de varias convocatorias, é evidente que Causa Galiza convoca entre 700 e 2000 persoas. Esta convocatoria é froito de non ter feito os deberes e de non ter traballado o acto (precisamente o contrario que fixo a plataforma “Que voltem a casa” que convocou ao acto da sala NASA polos presos independentistas a 300-400 persoas, sendo de partida unha asociación moito menos coñecida que Causa GZ).
5. Cunha valoración xeral dos estudos feitos sobre esta tema, poderiamos estimar que @s galeg@s partidari@s do recoñecemento do dereito de autodeterminación para a Galiza son como mínimo 400.000 persoas (maiores de 18 anos). Xa que logo, as persoas simpatizantes do dereito de autodeterminación neste país son uns irresponsables políticos.
Para empezar, calquera cun pouco de sentido estético e que sepa un pouco darese conta que o vermello co celeste non pega nin con superglue. Dá 'dentera'. Xa empezando por eso.