Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGURIDADE

A Xunta priorizará a reciclaxe de axentes en activo para crear a Policía Galega

Técnicos da Consellaría de Presidencia traballan no proxecto, aínda que se descartan avances até despois das eleccións de marzo.

Redacción - 09:00 08/12/2008

Os técnicos da Consellaría de Presidencia ultiman o deseño da futura Policía Galega. Aínda que non se agardan avances significativos nunha lexislatura que xa dá os últimos alentos, no departamento que dirixe Méndez Romeu agardan que se dean os primeiros pasos en firme á volta das eleccións de marzo.

Unha das decisións do bipartito é a de reciclar o maior número posíbel de axentes galegos que na actualidade traballan en corpos policiais do Estado (Garda Civil e Policía Nacional). De feito, dende o Goberno recoñecen que moitos destes funcionarios están interesados en volver a Galiza para integrarse no corpo dependente da Xunta.

A Unión de Gardas Civís de Galicia é unha das asociacións que xa amosaron publicamente o seu apoio á creación dunha Policía Galega. De feito, dirixentes desta asociación apoiaron a finais do ano pasado o traspaso das competencias de Tráfico á Xunta. Como condición, solicitaban que se recolocasen os axentes actuais no novo corpo.

De feito, o seu presidente, Manuel Mato, estimaba que serían precisos 1.200 axentes para que unha Policía Galega de Tráfico funcionase de maneira óptima (na actualidade a Garda Civil destina 900 axentes a seguridade vial). Mato exixía que se priorizase a entrada de gardas civís de orixe galega no futuro corpo autónomo.


4.27/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: