Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Denuncia da'A Mesa

Néganlle atención médica en galego nun centro sanitario ferrolán

O colectivo da Mesa pola Normalización Lingüística en Ferrol critica o novo caso de discriminación lingüística a un paciente da sanidade pública.

Redacción - 09:00 11/12/2008

Unha persoa solicitoulle até en dúas ocasións a interlocución en galego durante a asistencia médica, con resposta negativa por parte da doutora que o atendía no Centro de Saúde Fontenla Maristany de Ferrol. "Aceptouna porque, debido ao seu estado de saúde, non lle quedaba outra", láianse desde o colectivo local en Ferrol da Mesa pola Normalización Lingüística, ao tempo que indican que o caso foi posto en coñecemento do Sergas,

Para a asociación, trátase dun novo caso de discriminación lingüística na sanidade pública. "É a obriga dos traballadores públicos garantir a atención en galego aos usuarios e no caso da sanidade, esta obriga está especificamente recollida no Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade polo Parlamento galego no ano 2001", recordan. Segundo ese marco normativo, expoñen desde a mesa que ese plan xeral contempla a oferta positiva, isto é, "a posición de superioridade técnica fai que sexa o médico e non o paciente quen ten que dar o paso de abrir o diálogo en galego e, eventualmente, se o paciente non é galegofalante, pasar despois ao castelán".

Poden ampliar na web da Mesa.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: