Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PARCHE

Galeguiza o teu Mac

Un engadido fai que apareza a bandeira de Galiza no escritorio dos computadores de Apple como símbolo da configuración do teclado.

Redacción - 19:00 29/12/2008

Agora xa é posíbel gozar dun computador Mac co seu sistema operativo "galeguizado". Na web de Ross Barkman ofrécese unha solución para que na barra superior do computador non apareza a bandeira española ao usar a configuración de teclado ISO, e que sexa substituída pola de Galiza.

Barkman ofrece na súa web varias solucións para personalizar o Mac OS. De feito, xa anteriormente brindara a posibilidade de colocar no escritorio a senyera catalá ao escoller o teclado ISO, e agora tamén deixa facer o mesmo coa nosa bandeira.

Aínda que é un pequeno detalle, pode axudar a facer o traballo diario un pouco máis agradábel. O engadido pódese descargar na parte inferior da páxina, na sección Other useful files, co título "OS X Galician Keyboard layout". O engadido haino que arrastrar á carpeta Libraría, como indican as instrucións incluídas no ficheiro. O autor do parche dá permiso para usar libremente o engadido, aínda que é posíbel amosarlle o agradecemento convidándoo a unha pinta de cervexa, tamén dende a súa web.


5/5 (8 votos)


Comentarios (8)

Cesare #1 29/Decembro/2008 Cesare
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Home, a bandeira española sempre se puido desactivar...
E se queres a bandeira galega, métea de fondo de pantalla, jaja...

Afonso_gz #2 30/Decembro/2008 Afonso_gz
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu teño o firefox en galego porque non teño ese Mac ou o que sexa xD.

Hibernian #3 30/Decembro/2008 Hibernian
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non consigo instalalo, e xa probei unhas cantas veces

felipin #4 30/Decembro/2008 felipin
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Hai que foderse. Seis anos para chegar a isto!

Para quen non se manexa co inglés, aí vai unha tradución amateur do leme:

1. Asegúrate de que “Preferencias del sistema” esta pechado.
2. Escolle o(s) arquivo(s) de “keyboard layout” (disposicións de teclado) que queres usar e copiaos en //Library/Keyboard Layouts/ - isto intala o teclado para o teu usuario.
3. Abre “Preferencias del sistema”> inteernacional, escolle a pestana “Menú teclado” e marca a caixa a carón do novo teclado – entón conseguirás unha bandeira na Barra de menú, amosando o teclado por defecto.
4. Preme nesa bandeira e selecciona a bandeira para o novo teclado.

OLLO: Habería que engadir que entre o punto 3 e o 4 é preciso reinicia-lo ordenador.

Prometo públicamente unha ducia de pintas para este señor, a ser pagas persoalmente e en igualdade de condicións, por suposto.

felipin #5 30/Decembro/2008 felipin
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Vaia, probando unha cousa ... : // :

felipin #6 30/Decembro/2008 felipin
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pois si, nas mensaxes que se envían, cando escrebes algo entre os signos "menor que" e "maior que" non se amosan na edición da web mesmo que si aparezan no editor da mensaxe.

Isto é porque no enderezo que vai despois de "... copiaos en", debería dicir "disco duro/oteuusuario/Library/Keyboard Layouts/" pero como puxen disco duro e oteuusuario entre esos signos non apareceu.

felipin #7 30/Decembro/2008 felipin
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Usando 10.3.9 foi preciso reiniciar.
Usando 10.4.11 non foi preciso reiniciar.
Teño a oficina chea de bandeiras!

Hibernian #8 30/Decembro/2008 Hibernian
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A vale, faltábame o de reiniciar! graciñas!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: