Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARREIRA CARA ÁS URNAS

Touriño disolve o Parlamento

Este luns cúmprese o trámite necesario para que as eleccións teñan lugar o 1 de marzo, data na que se elixirán os representantes da oitava lexislatura.

Redacción / EP - 11:35 05/01/2009

O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, ten previsto asinar este luns o decreto de convocatoria de eleccións e de disolución do Parlamento, cando vence o prazo para o trámite. Os comicios terán lugar, como xa se anunciara, o 1 de marzo. Touriño fará, ademais, unha declaración institucional.

A campaña electoral abrirase o venres 13 de febreiro, de xeito que a última semana do período habilitado para a petición de voto dos diferentes candidatos vai coincidir coas festas do Antroido.

As eleccións de marzo serán as terceiras de Emilio Pérez Touriño como candidato do PSdeG, as segundas de Anxo Quintana como número 1 das listas do BNG e as primeiras de Alberto Núñez Feijoo como aspirante á presidencia da Xunta polo PPdeG. A sétima lexislatura da Cámara contou con 37 parlamentarios do PPdeG, 25 do PSdeG e 13 do BNG.

Tamén este luns está previsto que o presidente do goberno vasco, Juan José Ibarretxe, asine o decreto de disolución da cámara. As eleccións ao parlamento de Euskadi serán tamén o 1 de marzo, e a campaña electoral coincidirá coa galega.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: