De euro en euro até superar a barreira fixada pola Fundación Wikimedia para manter as máquinas a bo ritmo un ano máis.
En apenas seis meses, 125 mil persoas rebuscaron euros no peto para deixarlle doazón á Fundación Wikimedia. A maior parte da inxección económica, chega da parte de internautas particulares que na medida das súas posibilidades quixeron axudar a que proxectos como a Wikipedia, buque insignia da fundación, sigan adiante. Ademais, 1,4 millóns de euros chegan dun pequeno número de "grandes doadores" con maior desafogo económico.
"Todos estes ingresos cubrirán os nosos gastos de operacións para o actual ano fiscal, que finalizará en xuño de 2009", apunta o fundador do proxecto, Jimmy Wales. "Esta doazón faivos defensores clave da cultura da libre circulación", sinala Wales, debullando en que gastarán os cartos: "no continuo desenvolvemento e innovación de software de código aberto que fai posíbel a existencia de todos os proxectos de Wikimedia", en eventos de difusión como os obradoiros Academias da Wikipedia e en apoio aos voluntarios de todo o mundo.
A idea da wikipedia esta moi ben pero, como en todo lugar onde se concentra algún poder agroman os vampiros con ansia de mandar. A estructura de bibliotecarios reflicte moi ben isto. E quen pode dedicarlle o tempo que precisa escreber, contestar, coidar, vixiar e discutir? Pois quen teña tempo ( alén de saber), que ven sendo quen ten diñeiro. O de sempre. Así sorprenden menos algunhas posturas culturais da wiki.es, non?
A Wikipedia dá medo das paioladas que pon e a falta de consideración coa cultura galega.
A Wikipedia dá medo das paioladas que pon e a falta de consideración coa cultura galega.