Recén rematado o prazo para presentar alegacións ó Plan de Implantación presentado pola entidade Telefónica Móviles España en Moaña; os Colectivos de afectados (das Barxas e de Domaio), veciñais (Federación de AA.VV. "A Chamusca", A.VV. Xeremelo, A.VV. de Domaio, A.VV. O Redondo-Marrúa), e ecoloxistas (Luita Verde e APDR) entregaron cada un deles no Concello unha alegación elaborada polo avogado Jose Luis Peña Fernández do gabinete de avogados Peña&Graña citando o informe pericial da arquitecta Marta María Barreiro Fandiño, que recolle cada unha das irregularidades atopadas nas instalacións de telefonía móbil situadas en Moaña segundo a Ordenación Municipal.
A pesar do reducido espazo de tempo foi moi importante a capacidade de participación cidadán que colaborou nos gastos dos informes técnicos e fotocopias e que ten reflexo na cantidade de alegacións individuais entregadas (só as entregadas a traveso dos colectivos de afectados supoñen máis de 900)
Paralelamente ás alegacións, se lembra nas mesmas ao Concello de Moaña a situación actual de normas de protección aos campos electromagnéticos, declaradas obsoletas por Resolución 04.09.08 do Parlamento Europeo (en base aos consellos da Axencia Europea de Medio Ambiente e o Informe Bioiniciativa) polo que empraza a dito Concello a cambiar o regulamento municipal en base ao Principio de Precaución que ditos organismos requiren en base ao coñecemento científico actual, para compatibilizar saúde e novas tecnoloxías.