Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Por incumprimento da Lei de Caza e da Orde de Vedas deste ano

ADEGA e Matar por Matar NON denuncian na Fiscalía o Campionato de España de caza de raposo

ADEGA e "Matar por Matar Non" denunciarán ante a Fiscalía de Medio Ambiente do TSXG a VI Copa de España de Caza de Raposo que está previsto celebrar en Rodeiro (Comarca do Deza) o vindeiro 24 de xaneiro, organizado pola Federación Galega de Caza.

ADEGA e Matar por Matar NON - 13:35 16/01/2009
Tags:

A denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente está baseada no incumprimento da Lei de Caza 4/1997 e máis da Orde de Vedas 2008/2009 ambas en vigor actualmente.

Polo que respecta á Lei de Caza, esta VI Copa de España de Caza do Raposo incumpre a normativa en canto a terreos aptos para a celebración destes lamentábeis "eventos", xa que non teñen a calificación de terreos cinexético deportivos, como obriga a lexislación vixente.

No entanto, o incumprimento máis flagrante é o da Orde de Vedas 2008/2009, que no seu artigo 9 contempla explicitamente a prohibición de realizar competicións deportivas de caza de animais silvestres fóra da temporada hábil de caza, que no caso deste ano remata o 7 de xaneiro. Esta prohibición é meridianamente clara e sería vulnerada de celebrarse un "acontecemento" coma este o 24 de xaneiro, fóra portanto, da tempada hábil. Se ben o artigo 16-1 da devandita Orde de Vedas permite a caza do raposo entre o 7 de xaneiro e o 8 de Febreiro, este permiso só inclúe a modalidade de "gancho" e non levanta a prohibición para a realización de Campionatos de Caza de animais silvestres, explicitada no artigo 9.

Por estes motivos ADEGA e "Matar por Matar Non" solicitan á Fiscalía de Medio Ambiente que actúe decretando a paralización cautelar do VI Copa de España de Caza de Raposo, que está previsto celebrar en Rodeiro o vindeiro día 24. Tamén se solicitaremos aos membros do Seprona que interveñan para impedir a celebración deste "evento".

Estas iniciativas legais non significan que non se vaian a realizar os actos de protesta previstos para o 24 de xaneiro. ADEGA e "Matar por matar, NON" manteñen a convocatoria á espera da contestación da Fiscalía.


4.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: