Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
COMPETENCIA

Microsoft debe separar Explorer de Windows en Europa

A Comisión Europea atendeu a demanda presentada polo navegador Opera por abuso de posición dominante.

Redacción - 17:00 20/01/2009

A Comisión Europea decidiu que Microsoft violou as leis de competencia por incluír o navegador Internet Explorer co sistema operativo Windows. Segundo o órgano europeo, a compañía estadounidense impide que outros navegadores compitan co Explorer porque xa vén de serie con Windows.

A decisión da Comisión Europea chega como consecuencia dunha queixa presentada hai un ano pola compañía Opera. A empresa norueguesa dixo que Microsoft segue a abusar da súa posición dominante amarrando o seu navegador ao sistema operativo e non seguindo os protocolos da web.

Microsoft dispón agora de dous meses para presentar unha resposta escrita perante o directorado xeral e pode solicitar unha audiencia. Internet Explorer forma parte de Windows dende 1996.

Opera recibiu con satisfacción a decisión da Comisión Europea. O seu xefe executivo Jon von Tetzchner afirmou que agora Microsoft terá que "competir no mercado dos navegadores polo seu mérito e deixarlles escoller libremente aos consumidores".


3.5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: