Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CRISE

O comercio electrónico descende por primeira vez na historia

Segundo os datos da CMT, o volume de negocio no terceiro trimestre de 2008 baixou no Estado Español un 6% con respecto ao período anterior.

Redacción - 19:05 20/01/2009

A Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) fixo públicos este martes os datos económicos do comercio electrónico no Estado Español no terceiro trimestre de 2008. Aínda que os datos supoñen un crecemento do 33% con respecto ao ano anterior, o certo é que, por primeira vez na historia, hai un descenso con respecto ao trimestre anterior, dun seis por cento.

Os datos supoñen un volume total de negocio de 1.327 millóns de euros, fronte aos 1.414 do trimestre anterior, que supuxeron unha marca histórica. No que se refire á facturación das empresas do Estado Español, acadáronse os 758 millóns de euros, o que inclúe tamén as vendas no estranxeiro, cun crecemento interanual do 57,2%.

As actividades económicas que moveron máis cartos foron as relacionadas co turismo. Así, as axencias de viaxes e operadores turísticos supuxeron o 14,5% do total, seguidas do transporte aéreo e terrestre de pasaxeiros, co 12,2 e o 6,7 por cento respectivamente.

O número de transaccións pola rede foi de 17,1 millóns, un 46% máis ca no mesmo período de 2007. As actividades con máis movemento foron a educación (13,8%), electrodomésticos, radio, televisión e son (8,6%) e transporte terrestre (7,2%).


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: