Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TEMPORAL

Pechan as escolas da Coruña e Lugo

Agárdanse ventos que poden chegar até os 140 quilómetros por hora e as precipitacións chegarán a acumular 50 litros por metro cadrado, en 12 horas.

Redacción - 09:30 23/01/2009

O mal tempo co que se atopou o país no inicio deste ano 2009 continúa e, igual que fixera o mércores, está a dificultar certos aspectos da vida cotiá como son as clases dos cativos. Así, este venres pecháronse os colexios da Coruña e de Lugo.

Un dos motivos son os fortes ventos, que segundo Protección Civil poderían alcanzar os 140 quilómetros por hora, provocando unha situación de alerta laranxa. Ademais agárdanse choivas que chegarán a acumular 50 litros por metro cadrado en 12 horas, o que supón neste caso un nivel de alerta amarelo.

As zonas máis prexudicadas polo temporal son todo o oeste da provincia da Coruña, as comarcas da Mariña lucense, as zonas montañosas de Ourense e Lugo, e tamén as comarcas do Miño e as Rias Baixas.


Ligazóns

2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: