Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza2009

"PSdeG e BNG defraudaron coa política lingüística", critica Iolanda Díaz

A coordinadora xeral de Esquerda Unida opina que "o bipartito non foi valente" neste eido, destaca o incumprimento da creación do Consorcio de Planificación e aposta polo "plurigüismo nacional".

Redacción - 12:30 27/01/2009

O Consorcio para a Planificación Lingüística era un dos proxectos estrela agardados durante a lexislatura que agora remata no ámbito do idioma, un compromiso da coalición de Goberno formada por PSdeG e BNG.

A iniciativa mesmo contou con orzamentos asignados durante dous anos consecutivos e a súa inminente creación anunciouse en ocasións diversas. Especialmente desde a Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística, denunciaron reiteradas veces que non se levase adiante un proxecto "clave".

Ese incumprimento foi precisamente un dos reproches fundamentais realizados este martes en Compostela pola coordinadora xeral de Esquerda Unida (EU), Iolanda Díaz, á hora de avaliar a traxectoria en materia lingüística do xa Goberno en funcións.

Dimisión da secretaria xeral de Política Lingüística
A ex concelleira ferrolá censurou a xestión en política lingüística da Xunta, e definiu en particular de "nefasto" o labor da secretaria xeral, Marisol López, da que mesmo dixo "debería ter dimitido".

"O bipartito non foi valente" ao respecto da lingua, afirmou a responsábel de EU, e considerou que "moitos nacionalistas deste país sentíronse defraudados polo BNG" nestes tres anos e medio de lexislatura.

Propostas
Iolanda Díaz sinalou que a súa formación defende un modelo que vai máis alá do bilingüismo, "porque como todo o mundo sabe o bilingüismo non existe, existe a diglosia".

EU aposta polo "plurigüismo nacional", isto é, ademais da aprendizaxe de galego, castelán e inglés ou francés, a de portugués, catalán e éusacaro. Segundo Díaz, calquera galego debería poder usar a súa lingua en calquera parte do Estado.


3.33/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: