Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SECTOR ENERXÉTICO

Unha semana con fogares sen luz... e Fenosa acada uns beneficios históricos

A compañía eléctrica acadou unhas ganancias netas de 1.194 millóns de euros en 2008, o que supón un incremento do 21,1%.

Redacción - 12:00 29/01/2009

As contas deunas o coñecer este xoves a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Unión Fenosa, no centro de moitas críticas pola tardanza no restabelecemento da electricidade despois do temporal, obtivo un beneficio neto de 1.194 millóns de euros en 2008. Este dato supón un incremento do 21,1% con respecto aos 986 millóns do exercicio anterior, ademais de ser o máximo histórico de ganancias da compañía.

Mentres, a electricidade segue sen chegar
Segundo os datos ofrecidos pola eléctrica, este xoves seguen sen subministro eléctrico uns 200 abonados de Fenosa, fundamentalmente na comarca de Ortegal. A este dato hai que engadir outro milleiro de galegos que seguen sen luz na provincia de Lugo, neste caso usuarios de Begasa. As cifras son, de todos os xeitos, confusas e a compañía recoñeceu que o proceso "se retardou un pouco". Ademais, uns 1.300 operarios continúan instalando grupos de aeroxeneradores de baixa tensión para conectar a electricidade de xeito provisional naquelas zonas onde se prevé maior tardanza no restabelecemento do tendido. As dificultades que explican este "retardo" son as "dificultades derivadas do traslado dos aeroxeneradores por estradas municipais, que aínda están cheas de árbores caídas", explicou Fenosa.

Cobertura de danos
Doutra banda, o Consorcio de Compensación de Seguros xa informou de que indemnizará a un total de 72 concellos galegos que resultaron afectados polo temporal. Serán aqueles nos que se rexistraron ventos de máis de 135 quilómetros por hora. A relación de municipios aparece publicada na páxina web da entidade aseguradora.

Na Coruña: Aranga-Ponte Aranga; Arteixo; Brión-Pedrouzos; Cabana-Carballa; Camariñas; Carballo; Cariño; Carnota; Cedeira; Cee; Cerdido-Cesuras; Corcubión; Coristanco-San Roque; Dumbría; Fisterra; Irixoa; Laracha; Laxe; Lousame-Porto Bravo; Malpica; Mañon-Caión; Mazaricos-Picota; Monfero-Rebordelo; Muros; Muxía; Noia; Ortigueira; Outes-Serra de Outes; Ponteceso; As Pontes; Porto do Son; Rois-Dices; Santa Comba-Santa Catarina de Armada; Somozas-Igrexa; Vimianzo; Zas.

En Lugo: Abadín; Alfoz; Barreiros; Becerreá; Burela; Carballedo; Cervantes-San Román; Cervo; Chantada; O Courel; Foz; Guitiriz; Lourenzá-Vilanova; Mondoñedo; Muras; Navia de Suarna-Pobra; As Nogais; Ourol; Pedrafita do Cebreiro; Ribadeo; Samos; Triacastela; O Valadouro-Ferreira; O Vicedo; Vilalba; Viveiro; Xermade; Xove.

En Pontevedra: Baiona; Dozón-Castro; A Guarda; Oia; Rodeiro; O Rosal.

En Ourense: Piñor e San Cristovo de Cea.


Ligazóns

2.33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: