Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AFECTADOS POLA CREBA DE LEHMAN BROTHERS

"Queremos que a xente saiba que a banca de aquí tamén ten riscos"

Uns douscentos galegos perderon un total de 15 millóns de euros que tiñan depositados en contas correntes de entidades como Bankinter ou Santander.

Isabel G. Couso (texto e vídeo) - 10:00 31/01/2009

Xabier Atanes, hoxe portavoz da Plataforma de Afectados por Lehman Brothers en Galiza, é un lugués que tiña os seus aforros nunha conta de Bankinter. Un día recibiu unha chamada dun xestor da súa entidade, quen lle ofreceu a posibilidade de buscar unha maior rendibilidade aos seus cartos, "non unha cousa esaxerada", di, "ofrecéronnos un 5%, non era cuestión de enriquecerse, senón de compensar a inflación". A partir dese momento, interesouse por esta oferta, foi ao banco e alí explicáronlle que se trataba dun produto de renda fixa garantida. "Puxemos alí os nosos aforros", explica, "porque me falaron de seguridade en todo momento, dunha inversión con garantías".

Despois chegou a creba de Lehman Brothers, unha cuestión que non preocupou a Atanes, "porque non me sentía vencellado a esta entidade estadounidense". Pasou o tempo, "cousa de tres meses" e recibiu unha chamada do seu banco informándoo de que "perdera todos os cartos porque estaban depositados nunha entidade norteamericana que dera creba". Ante esta situación, Atanes di sentirse enganado, "pero non era que os meus depósitos estaban garantidos? E explícanme que a renda si, pero non o capital".

Nesta mesma situación atópanse unha cifra estimada de douscentos galegos, que viron desaparecer literalmente todos os seus cartos, unha cantidade que no seu conxunto oscila entre os 10 e os 15 millóns de euros. "Somos pequenos aforradores que non sabían o risco que corría o seu diñeiro", asegura, "somos, en definitiva, persoas normais, non grupos de inversores como pode pensar a xente, hai viúvas, xubilados... mesmo algún acaba de perder o seu plan de pensións". Con todo, non piden ao banco que se responsabilice do peche de Lehman, mais si o acusan da forma de comercializar os seus produtos, sen advertir das súas verdadeiras condicións.

Xustiza lenta e cara
A rede foi a vía de coordinación do total de 10 mil afectados que se estima que hai no Estado Español. Dende un primeiro momento organizáronse a través de diferentes webs e blogs e están a consensuar as diferentes medidas a tomar. Unha delas foi unha concentración dunha vintena de afectados galegos este venres en Santiago de Compostela (imaxes ás que corresponde o vídeo), coa que quixeron chamar a atención dos viandantes explicándolles que eles tamén se poderían ver prexudicados por un caso similar. "Hai que explicarlle á xente que a banca española non é transparente", di Atanes, "que tamén ten riscos".

As seguintes medidas que tomarán pasan pola vía xudicial: "xa iniciamos os trámites, pero hai que recoñecer a xustiza é lenta e cara". Con todo, non son moi optimistas: "primeiro tes que dispoñer dos cartos que supón pagar a un avogado e despois tes que competir cos mellores gabinetes de letrados que son dos que dispoñen as entidades bancarias como Bankinter. Confiamos en que a xustiza nos poida dar a razón, mais tamén queremos alertar a outros incautos para que estean alerta con operacións coma estas".


Ligazóns

5/5 (5 votos)

Comentarios (13)

amoscaesquerdosa #1 31/Xaneiro/2009 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Dous mundos:
-O virtual dos banqueiros, grandes capitalistas e políticos ao seu servicio (comparade os beneficios da banca e a verborrea de ZP).
-E o real da xente de a pé que está a pasalas canutas.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

Aldara #2 31/Xaneiro/2009 Aldara
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O que lle pasa a esta xente é a demostración da rapiña do sistema. Os grandes capitalistas que teñen de millóns de euros investidos no Lehman Brothers, os bancos intermediarios garántenlle os cartos. Pola contra, os que teñen 10.000 ou 15.000 euros perden todo. Onde está a protección do cidadán de a pé.

OBSERVADOR #3 31/Xaneiro/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Homem, já. Mas há que saber perguntar antes de deixar fazer...

Temos aí a 200 galegos que foram enganados. São parvos? Descuidados? Que caralho andavam a pensar quando decidiram aceitar a oferta?
Pois claro que a justiça será lenta. Lentíssima. Para começar, terão que demonstrar que foram enganados, porque eles deram o seu consentimento para fazer as operações bancárias, não?

Eu há cousas que não entendo.

opatan #4 31/Xaneiro/2009 opatan
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

No entendo quen vos colou un titular tan amarelo "Uns douscentos galegos perderon un total de 15 millóns de euros que tiñan depositados en contas correntes de entidades como Bankinter ou Santander" Menuda falacia

Se os tiveran nunha conta corrente o gran ZP garantizaria ata 100.000 euros, esta cantidade foi incrementada dende os 20.000 euros por titular Non sei con que criterio porque a clase media española non creo que chegue a 10.000 € en conta entre a parexa, creo que con 40.000 euros estaba de sobra garantizada.

Os inversores nestes productos salvo escasos engañados son xente con fondos suficientes como para afrontar as perdidas, xeralente este tipo de fondos teñen minimos de 50.000 euros, e non e creible a ninquen que de pesos a 4 ou 6 pesetas.

Son un lector habitual de viveiros e un forte critico co sistema capitalista k nos levou a este punto pero agora que non no la colen como os manifestantes de Banif na porta da bolsa española.
Senon que miren que criterios fan falta para ser cliente de BANIF (Banca privada do GRUPO SANTANDER)

Carballo #5 31/Xaneiro/2009 Carballo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Aquí en Ferrol os banqueiros do pelotazo fixeron o mesmo, pero doutro xeito. Colleron unha leira "gañada" ao mar e colocaron unha planta de gas licuado en contra dos veciños e as leis en vigor.

Era para modernizar Galicia, dixeron. Tamén ía supoñer o fin da lacra do paro en Ferrolterra. Resulta que logo dun ano a planta está funcionando ao 42% (ver informe dá Enagas Decembro 2008). Ademais, segundo o "presi" deste organismo, o gas que viña do norte e do sur por gasoducto pechouse para que Reganosa non Colapsara.

Se temos en conta isto último, é dicir:
a) que non recibimos gas por gasoducto nin do norte nin do sur, b) que exportamos o 50% da produción á meseta e máis aló da meseta e c) que a planta está funcionando ao 42%, entón ¿Por que diaños queren duplicar a produción de gas?

Explícollo a Vds.: a) para duplicar o perigo pois isto implica a entrada de máis gaseros, b) duplicar o dano a ría por vertidos de auga fría e impregnada con hipoclorito sódico, c) duplicar a incompetencia da administración e d) Para "facer caixa" xa que deste xeito cobrarían mais. Coido que a cidadanía da Ría de Ferrol merece unha resposta e agora é un bo momento pois estamos avisperas das eleccions. Preguntamos. ¿Por que Reganosa quere duplicar o sua vaporización?.

Gaviotero #6 31/Xaneiro/2009 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Oh, carallo...y yo pensando que los Lehman Brothers eran un grupo musical en horas bajas...:)

Carballo #7 31/Xaneiro/2009 Carballo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Mais sensibilidade Gaviotero. Sentidiño.

marinheiro #8 1/Febreiro/2009 marinheiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Si os perderon é que os tiñan e que lle sobraban para xogalos, si viviran ao día coma min e as pasaran canutas para comer ao final de cada mes non lle sobrarían euros para invertilos en contas de alto risco.

OBSERVADOR #9 1/Febreiro/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Marinheiro: até um ricacho tem de ser enganado para perder o dinheiro assim dessa maneira... Ninguém quer perder dinheiro. Estou certo de que foram enganados. Ora, eles perguntaram bem as condições? Um pouco confiados sim que foram, não é?

OBSERVADOR #10 1/Febreiro/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Acabo de ver o vídeo. Está claríssimo: foram enganados porque deixaram mover o seu dinheiro SEM SABER TODAS AS CONDIÇÕES DO MOVIMENTO. "te llaman por teléfono y te venden un producto que no sabes exactamente lo que te dan".

Pois agora raivam, claro... Mas há que ter mais sentidinho, em que mundo pensam que vivem? Eles queriam ganhar mais dinheiro, não? Para manejar o dinheiro há que saber fazê-lo...

Não vou dizer que não me dão pena, que sim que a dão. Mas que parvos!

stafadobanif #11 1/Febreiro/2009 stafadobanif
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Desde MADRID SOLIDARIDAD con los engañados por BANKINTER Galicia.
Aparte de los de BANKINTER hay miles de mas engañados en toda España, especialmente de BANIF y CITIBANK. A mi los de BANIF me vendieron partituras del grupo LEHMAN como si fueran originales de BEETHOVEN y en realidad eran de un grupo deL grupo BANIFERO FOR ALL ENGAÑO. cUANDO EL BANCO SE DIO CUENTA ? QUE LE HABIAN ENGAÑADO ya era tarde para vender a buen precio las partitura, asi que a joderse toca o a DEMANDAR cosa que pienso hacer.

Tarelo #12 1/Febreiro/2009 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eso nos pasa, por ser pobre e xogar a ser rico! Cada un que xogue a o que é ou sabe, iramos a todos mellor.

alpabarda #13 2/Febreiro/2009 alpabarda
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Os estafados de Lehman Brothers rían dos demáis porque a eles lle garantizaban un 15-20% de beneficios. Pensaban que nos eramos parvos, por ter únicamente un 4-5% nun Banco (igual que os de FORUM-AFINSA). Xa se ve que nin xiquera nos USA dan pesos a catro pesetas. En fin, cada un fai cos cuartos o que quere, pero hai que ler os documentos e os contratos antes de asinalos. E sobor de todo non chorar, senon adeprender dos erros.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Estímase que os afectados galegos ascenden a 10 mil persoas

Os afectados manifestáronse este venres en Santiago
Os afectados manifestáronse este venres en Santiago
En Galiza asociáronse a través da rede uns 50 dos 200 afectados
En Galiza asociáronse a través da rede uns 50 dos 200 afectados
Os manifestantes pegaron cartaces na fachada da sede de Bankinter en Compostela
Os manifestantes pegaron cartaces na fachada da sede de Bankinter en Compostela