A número un do BNG por Pontevedra criticara a número dous do PPdeG por apoiar a manifestación dun grupo contrario á normalización lingüística.
Corina Porro, nun acto electoral
A ex-alcaldesa de Vigo e número dous do PPdeG ao Parlamento por Pontevedra, Corina Porro, criticou este venres a súa rival pola mesma circunscrición, Teresa Táboas, número un da candidatura do BNG. A conselleira de Vivenda denunciara o feito de que os populares vigueses apoiasen a manifestación dunha asociación en contra da normalización lingüística, prevista para o 8 de febreiro en Compostela. Mais segundo Porro, Táboas non falou galego até que chegou á Xunta.
A candidata popular lembrou que cando ela era deputada autonómica falaba en galego "con grandes dificultades", mentres que Teresa Táboas non o facía, senón que empezou a usar a nosa lingua "desde que lle deron un cargo como conselleira". Porro engadiu: "Eu non cambiei as miñas condicións e ideas", e dixo ser "demócrata" e apostar "sempre pola liberdade individual das persoas".
Corina Porro dixo que o seu apoio a manifestación na capital de Galiza vai na liña de defender "a liberdade fronte ao intervencionismo" que considera que practica o Goberno. Segundo ela, "o único que consegue é a imposición en campos como a educación e o comercio", e "impide que investigadores poidan acceder a axudas".
Efectivamente, nessas andamos, os do Bloco nom têm, em geral, umha prática linguistica demasiado coerente, é verdade que em certos ámbitos é realmente complicado te-la, como pode ser o mundo profissional de arquitectios, promotores, etc, no que se movia Táboas. Agora os do PP nom entendem isto porque como som monolingues na lingua predominante do seu contorno, nom som capazes de entender isto.
O que é inassumível é que os que sempre estiverom a favor da imposiçom do castelhano agora se erijam como defensores da liberdade e da igualdade, o Bloco e especialmente Quintana nom estám a dar esta batalha, nom argumentam, nom explicam, nom fam pedagogia, nom defendem a lingua como se deveria, ainda que bem pensado é lógico porque muitos deles em quanto viram as costas, tampouco a falam.
teresa taboas naceu en mexico.... e non so o aprendeu, o fala e o mais importante... que o respecta e o considera o galego como propio... fin da discursion. A señora porro quere exterminar a nosa lingua asi qeu non sei como se atreve nin tan sequera a que reclamarlle algo a conselleira de vivenda....
Corina Porro ten un apelido ben pouco serio. Que se dedique a fumar os ídem e cale a boca.
En canto a Teresa Táboas, a verdade é que se esforza en falar galego, mais fala un galego ben malo, na liña media dos outros políticos do seu partido. Non teñen interese en falar un galego medianamente aceptable, aínda que, iso si, falan moito de "normalización" lingüística. A Táboas é a menos culpable diso.
Corina Puerro que se presenta polo partido de Rosa Díez? ou simplemente quere que Feijoo perda máis e máis votos? Esta política non interesa ao PP, pero eles que sigan
Comentario impresentable...que se critique a alguén que antes non falaba galego e agora si...Se non ten acusacións máis serias que dirixir a quen dirixe unha Consellería...será mellor que deixe o partido, ou que se agache un pouquiño, ata que pasen as eleccións.
Cuido que já utilizara o galego na Era Fragásica numha longa entrevista da TVG, no programa em galego!!!!!!!!!!!! de Carlos Luís Rodríguez!!!!!!!!!!!!!! dekujonomenonmelembro.
Acabo de decatarme da foto!! Corina Puerro semella Colón que albisco como o ameazante galego se lle achega ao seu mundo no que non existen palabras en galego, nin diglosia. PELIGRO, GALLLEGO A LA VISTA!!!! Nos quieren invadir! Quieren violar nuestros derechos! Robarme el tinte! Y que vendrá después?...Yo ya lo hable unos meses y me sienta fatal al cutis!
Por favor Corina fai política se queres e deixate de parvadas de "chivarte á seño" de que - Teresa no hablaba gallego!!-, e se non queres adícate ao que che preste, que é moi lícito, percorrer Galiza nun bus, o que non é lícito e mentir e pretender poñerse á cabeza da verdade
eu coñezo galego falantes belixerantes co galego e español falantes "galegófilos".ás máis das veces é cuestión de actitude. Non por utilizar linguaxe politicamente correcta (os/as) es feminista nin viceversa.
Señora Puerro, Taboas e filla de emigrantes galegos e fala, promociona e defende a nosa lingua. Vostede, penso, naceu aqui e fai todo o contrario. Apoia que a lingua nada en Galiza sexa erradicada do ensino e a politica dos guetos que defenden os GB.
Voulle recomendar a Porro este video: "O Padre Sarmiento ea sua defensa da lingua galega"
http://es.youtube.com/watch?v=...
Ser nacionalista galeg@ non obriga a coñecer o galego. Hai moita xente que vota o BNG e non e galegofalante, por diferentes circunstacias (principalmente pq non puideron estudar na nosa lingua).
O que si une os nacionalistas galegos eo amor por Galiza, a defensa dos intereses galegos e o orgullo por termos unha identidade propia.
Escoitade a entrevista que lle fixeron Feijoo na cope, donde deixa claro que vai a polo galego (Franco o seu lado ata pasaba por galeguista).
Dende derogar o decreto do ensino en galego, pechar as galescolas, preguntar os pais se teñen que ser todalas asinaturas en castelan ou algunha ten que ser en galego,etc. Nin bilinguismo, nin dereito a elexir (cando menos se se trata de escolarizar so en galego).
T.TABOAS fala bastante ben o galego, aínda que nacera en México.
Os do PP de Madrid perderon o norte,porque non son PP DE Galicia.
Parabéns a todos os que un día decidiron comezar a falar en galego. E que non importe a pola razón que fose. Parabéns a Táboas por falar en galego.
Ata moitos votantes do PP recoñecen que este é o PPdeG mais galegobofo de historia (Feijoo, Porro, Negreira,Rueda, etc)
Pois se é certo que Táboas fala galego dende hai pouco é para darlle a noraboa. Calquera idioma de prestixio ten que ter neofalantes (o idioma con máis neofalantes é o inglés). De aí temos un dos prexuizos máis típicos do galego "nótase que non o mamaches"... prexuízo que non se ten co castelán. A ningún galegofalante que se pase ao castelán se lle di iso.
esta porro e entom a antitese, e galega pero nom sabe, nem fala galego.
TOTAL ELA NOM PRECISA O TAMANHO DO SEU CEREBRO NOM DA PARA MAIS
Por certo, Clorina Porro é irmá dun cura que se fai cargo da dirección diocesana de pastoral xuvenil (deses que organizan movidas levando adolescentes a adorar ou ben a Rouco ou ben ao Ratzinger)
A dirección diocesana esa ben que cobra as subvencións de Normalización Lingüística aínda que non use o galego máis que para certos carteis. Vede a súa páxina web
http://www.depasxuventude.org/
E un cantos carteis subvencionados pola Xunta co "logo" para cobrar
http://3.bp.blogspot.com/_Pd4n...
http://1.bp.blogspot.com/_ECf8...
Corina Porro, como é demócrata tamén está a favor de preguntarlle aos vascos e cataláns non só en que lingua queren estudar, senón en qué estado queren vivir, non?
Uns só falan galego despois de ter un posto, outros só pensan nos cidadáns cando hai eleccións, ¡cousas da política!. Quen estea libre de pecado que tire a primeira pedra.
Non sei se o falaba ou non. Sexa como for, acho que fala un máis que decente galego, non como outras e outras xentilas da política. De todas maneira, cantos e cantas fumos "novas/as" falantes iniciadas na adolescencia? Foi o froito da diglosia dos nosos pais e das nosas nais, non é? Tampouco eramos marcianos que viñésemos dun mundo alleo ao galego, todo o contrario: falabamos casteláns e castrapo, e diciamos PARVO, XEITO, CARBALLO, PEGHA, ROBALIZA,GHICHA, MIÑOCA, VAI PRA..., NO DAMOS HECHO, .., e muita máis lingua da Terra que se negaba a deixar estes corpos e mentes, cal exorcismo abortado. Si, xa está escrito e explicado respeito da diglosia e linguas en "convivenci", que vos vou contar. En fin, que adiante Táboas, e Corina...que te fume ALubia-feijoo e toda esa tropa de descastados.
Eu dixen no seu día, eiquí en Vieiros, que ista Señora estaba un chisco fumada. Agora digo que xa ven fumada da casa. Agora só lle falla dicer o que fixo ou mellor dito dixo Rosa Diez (in nomine de Espanha); nada máis, pero tampouco nada menos, que disque o fracaso escolar na Galiza é pola culpa do galego. Vaiche boa con istas demócratas de sempre! É certo que os nosos representantes políticos non falan moi ben o galego, pero iso pásanos a tod@s os galeg@s. Sempre depende da comarca onde foramos nados e mesmo en boa medida do grao de prohibición que sofríramos por falalo. No tocante a Sra. Táboas, penso que, fala un galego bastante mellor ca moitos que foron crianzas na Galiza, cousa que é merecente de certa loubanza por non seren nada no país.
Prescindible personaxe a sra. Puerro, imprescindibel heroina para os inimigos da Galiza
Seguide así que estades apañando votos dabondo!
Unha nena fixo hai algún tempo un cartaz co gallo do dezasete de maio que dicía se non lembro mal: "Se falas galego, fálao ben, e se o falas mal, fálao tambén".
En galego, como en calqueira outra fala, hai persoas que posúen unha competencia lingüística maior e outras menor, mais o importante é falalo e facerse entender. E debemos agradecer os esforzos inmensos que fan algunhas delas por dicir o que sinten ou pensan no noso idioma. Amosan respecto e agarimo polo País.
E logo están outras, de ridícula categoría moral e intelectual, e pouco viaxadas, que se pensan o embigo do mundo por falar o que elas consideran o único, o verdadeiro, o máis sacrosanto e xenuíno idioma universal e galáctico: o castelán ou español españolísimo.
Aquela rapaza xa apontaba modos de sabia. Esta pobre señora, afoga na súa propia miseria cultural. Algún día ninguén se lembrará dela.
De seguro que Corina Canuto non dixo "tablas habla ghallegho desde que entro en la conseghería".
Por certo, se ela mesmo di que no parlamente falaba galego a duras penas, é unha cìnica do carallo. Ista persoa é a típica señora que cree ca xente da aledea é unha pobre xente porque non tivo estudos para aprenderen o castelán, e creese toda cargada de razón e ve intolerabel cos galegos defendamos unha cultura que é a nosa, porque para ela é allea.
Para esta xente a cultura galega son as caldeiradas, as pulpeiras, e certas palabras que emprega no seu castrapo cotiá.
dubido moito que a táboas non falase galego antes de seres conselleira, máis de seres así non o vería moi grave.
porque ela leva detrás unha xestión excelente ao fronte da consellería de vivienda, ten desenvolvido políticas pioneiras en galiza e en todo o estado e ademáis penso que fixo un uso e unha defensa do idioma impecábel nestes tres anos e medio.
corina porro non pode dici-lo mesmo, nin boa xestión no concello de vigo -ou e que os vigueses son parvos e non a quixeron máis de alcaldesa?- nin emprego e defensa do idioma do país.
Ainda que veña de Corina Porro o que di e ben certo. Eu coñecin a Taboas falando en castelan e ainda que me dirixin a ela en galego continuo en castelan coma o resto dos que ali estaban.
A Sr Corina porro as estas alturas xa non engana a ninguen,pero a Sra Taboas a verdade e que usa o noso idioma "para la ocasión".A estas alturas os que non chupan o dedo maman da vaca.En politica o maior enemigo e o converso ou o arribista.Unha e outra non teñen pudor e os que as defenden tampouco.¡esi lle vai o galego!
"¡Bien por Corina Porro! Que en Vigo va a cosechar el triple de votos que la pija de la Táboas"
E Corina Porro e "jornalera", que fulano...
Hai que darlle as grazas a Corina Porro que está movilizando a toda masa crítica do BNG e que se ía a quedar en casa o 1-M.
Prefiro mil veces un extranxeiro que veña e aprenda o noso idioma é o use que a xente que sempre fala galego e cando vai a cidade pasase o castelán porque é un idioma mellor. Vaia Autoodio.
E so lembrar unha cousa. En Italia había fai pouco un goberno de "esquerdas". Gracias as diferencias entre eles agora goberna Berlusconi. Que é o mellor? O día 1-M non hai escusas todos unidos contra o españolismo. O BNG poderemos criticalo moitisimo, pero non fagamos o mesmo que os italiáns. Se non está Quintana gobernando estará o PP. Que é mellor? Todas as discusións a ter despois do 1-M
Pois falaríao, e que? Moitos dos que hoxe falan galego que naceron en vilas e cidades ( e non digamos no estranxeiro) aprenderon a falar en castelán: parabéns polo cambio, sexa á altura da vida que sexa e polas circustancias ou razóns que lles peten.
O de Corina non é coherencia: é teima.
A extremadura se está galegalizando com a crescente implantação do galego-português.
A Junta da Galiza pelo contrário gasta milhões de euros para nos isolar dos nossos irmãos da fala e ficarmos sempre atrasados e dependentes do castelhano.
Veja por favor estes factos e façam uma reflexão:
http://www.agal-gz.org/foros/v...
http://www.agal-gz.org/foros/v...
http://www.agal-gz.org/foros/v...
http://www.agal-gz.org/foros/v...
http://www.agal-gz.org/foros/v...
http://www.agal-gz.org/foros/v...
http://www.agal-gz.org/foros/v...
http://www.agal-gz.org/foros/v...
http://www.agal-gz.org/foros/v...&postdays=0&postorder=asc&start=15
Penso que devemos ver as opiniões dos galegos que defendem a nossa língua nativa e não ficarmos no meio oficioso do castrapo.
Até há dous anos só falava em castelám. Agora só falo galego (incluso quando vou á meseta). A causa, ou melhor, o factor determinante? A campanha de TANGA preparada pola VOZ dende finais de 2006. Na questom lingüística NOM HÁ NEUTRALIDADE POSSÍVEL. Por isso morreria de vergonha se falara castelám. As únicas bazas dos espanholistas som a inércia e a ignoráncia da gente. A respecto da senhora Táboas, "o mais longo caminho começa com um primeiro passo". A respecto da senhora Porro, "l'inerzia, il nostro male più vile".