Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Operación policial

Pablo Crespo, ex secretario de organización do PPdeG, detido por corrupción

Os 'populares' galegos remitiron un rápido comunicado aos medios onde din que "non ten nada que ver co PP de Galicia actual".

Redacción - 17:30 06/02/2009

Cinco persoas foron detidas este venres acusadas de diferentes delitos de corrupción, segundo informan medios españois.

O xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón e a Fiscalía Anticorrupción investigan o suposto pago de comisións ilegais, tráfico de influencias, branqueo e delito fiscal.

Entre os detidos está Pablo Crespo, ex secretario de organización do PPdeG. Os populares galegos remitiron un comunicado aos medios pouco despois de se coñecer a noticia negando calquera relación con este.

"Ante as informacións emitidas hoxe (por este venres) sobre Pablo Crespo, o PP de Galicia precisa e aclara que Pablo Crespo non ten nada que ver co PP de Galicia actual, deixou de ser secretario de organización do partido en 1999 e non está afiliado ao partido", aseguran no texto, redactado en galego e en español.

A suposta rede de corrupción céntrase na Comunidade de Madrid. No entanto, tamén se practicaron rexistros en Marbella, Cádiz e Valencia e solicitóuselles información aos concellos de Boadilla del Monte e de Majadahonda.


4.56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: