Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMEZA A CAMPAÑA ELECTORAL

Xoán Gato defende Terra Galega como o “único partido galeguista e nacionalista”

Comprometeuse a renunciar á súa representación parlamentaria se incumpren as promesas electorais que asinarán ante notario.

Redacción - 09:55 13/02/2009

Terra Galega celebrou o seu acto de pegada de carteis na Praza de Pontevedra, na Coruña, acompañados dunha vintena de simpatizantes. Gato adiantou alí que o próximo luns presentará ante notario un documento coas dez principais propostas do seu programa, engadindo que se chegan a formar parte do goberno e non cumpren os seus compromisos cos votantes abandonarían o Parlamento.

Nesta liña, Gato asegurou que lle gustarían as eleccións non se converteran "nun engano máis, con promesas que se esquecen". Durante o seu discurso defendeu Terra Galega como a única esperanza do país para cambiar de rumbo, e definiu o seu partido como "o único galeguista e nacionalista".

Sobre as medidas concretas de goberno, propuxo uns presupostos austeros que propiciarían un aforro de 600 millóns de euros que Gato aposta por destinar despois a áreas como o emprego e a vivenda.


3.22/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: