Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
ESTUDOS DEMOSCÓPICOS

Domingo de enquisas: O PPdeG chega vivo á campaña electoral

Na primeira fin de semana de campaña, diferentes estudos confirman o bo estado dos conservadores, que lograrían entre 35 e 38 deputados despois de catro anos na oposición.

Redacción - 11:10 15/02/2009

Os conservadores perderán só dous escanos con respecto a 2005. Este é o prognóstico que dá o xornal La Voz de Galicia para as eleccións galegas. Os socialistas benefícianse desta caída e os nacionalistas repiten o mesmo resultado. De cumprirse a enquisa feita por sondaxe no Hórreo haberá a partir de marzo 35 deputados do PPdeG; 27 do PSdeG; e 13 do BNG.  Por circunscricións, os movementos prodúcense na Coruña e en Pontevedra, onde os socialistas obteñen os dous deputados a conta dos “populares”.

Un dato que chama a atención na enquisa de La Voz é que o 39% dos entrevistados non saben ou non queren dicir a quen van votar o 1 de marzo.O estudo demoscópico, elaborado entre o 10 e o 13 de febreiro, non ten en conta o voto emigrante.

Unha sondaxe ben distinta é a que publica tamén este domingo Xornal de Galicia. Este diario coincide con La Voz á hora de asignarlle 35 deputados ao PPdeG, porén asegura que o gran beneficiado vai ser o BNG que aumentaría tres escanos e situaríase en 16. Pola súa banda, os socialistas cederían un deputado e quedarían con 24. O estudo asínao a empresa Quadernas Consultoría.

La Región ve un PPdeG ás portas de San Caetano
Pola súa parte, o xornal ourensán La Región dálle máis folgos ao PP. Segundo unha enquisa de Infortécnica, os de Núñez Feijoo lamberían a absoluta ao estar entre os 36 e 38 deputados. O mesmo medio prognostica un resultado de entre 25 e 27 deputados para o PSdeG e 12-13 para os nacionalistas.


4.7/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: