Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
ATLAS 2009

O galego xa non é unha lingua en perigo, segundo a UNESCO

No seu informe de 2001 o organismo da ONU colocaba o noso idioma nesta categoría. Agora di que a proximidade ao portugués o protexe.

Redacción - 09:00 20/02/2009
Tags: lingua unesco

Na edición do Atlas das Linguas en Perigo no Mundo de 2001 galego e euskera figuraban no grupo de linguas ‘en perigo' e o catalán no de ‘potencialmente en perigo'. Oito anos despois, a nosa lingua xa non se atopa nesta situación, segundo a UNESCO. O informe foi elaborado polo filólogo finlandés Tapani Salminen, que salientou que o catalán é a lingua minoritaria máis forte de Europa e o galego está protexido pola súa proximidade ao portugués.

En canto ao euskera, mantense en perigo, principalmente en Navarra e no sur de Francia, onde non contan coa protección legal da que dispoñen en Euskadi. De acordo coa definición proposta pola UNESCO, un idioma é ‘vulnerábel' cando o falan a maioría dos nenos, pero o seu uso está restrinxido a determinados ámbitos, ‘o que é claramente a avaliación máis exacta do euskera', explicou Tapani Salminen.

O Atlas da UNESCO recolle a situación ‘perigosa' do aragonés, do asturiano-leonés e do gascón (no suroeste de Francia).

Podes consultar aquí o Atlas


3.92/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: