Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
ENQUISA DO GOBERNO VASCO

PSE e PP poderían gobernar Euskadi con maioría absoluta

Terían 39 ou 40 deputados, fronte aos 33-34 dos actual tripartito e os 2 de Aralar. Os votos nulos repetirían os resultados de EHAK en 2005.

Redacción - 13:45 20/02/2009

A enquisa elaborada polo Goberno Vasco prevé que o actual tripartito (PNV, EA e EB) non chegará aos 38 escanos que marcan o límite da maioría absoluta no parlamento. Obterían 34, como moito, e nin sequera sumando os dous deputados de Aralar acadarían unha maioría suficiente para gobernar. Si a tería, en cambio, unha hipotética alianza de PSE e PP, que terían entre 39 e 40.

PNV: 26-27 (29)
EA: 4
PSE: 26-27 (18)
PP: 13 (15)
EHAK: - (9)
EB: 3 (3)
Aralar: 2 (1)
Resultados de 2005, entre paréntese.

No 2005 PNV e EA acudiron por xunto ás urnas e obtiveron 29 deputados, que catro anos despois se convertirían en 30 ou 31, catro deles para EA. Malia ao ascenso, semella que ningunha as dúas forzas recibiría unha gran cantidade dos votos obtidos por EHAK, e que lle outorgaran nove deputados. Eses votos tampouco van para Aralar, que só obtén un escano máis, por Guipúscoa, onde dobra os seus votos. E tampouco crece Ezker Batua, que se mantén nos seus tres deputados. O voto nulo, solicitado pola esquerda abertzale, chegaría ao 15% en Guipúscoa (EHAK obtivo aquí o 18% en 2005), ao 8% en Biscaia (10% para EHAK en 2005) e ao 7% en Araba (8% en 2005). Así mesmo, tamén crece a abstención, que pasa do 32 ao 35% nos tres territorios.

Medra o PSE, que pasaría de 18 a 26-27 deputados, e que aproveitaría un descenso do PP menor ao inicialmente previsto (só perdería dous deputados) para chegar á derradeira semana de campaña con opcións de gobernar. O ascenso socialista é especialmente importante en Guipúscoa, onde pasa de 5 a 9 deputados, aínda que subiría outros dous escanos nas outras dúas circunscricións. Por territorios, os socialistas serían os máis votados en Guipúscoa (9 deputados, por oito do PNV) e Araba (9 escanos, por oito dos nacionalistas). Pola súa banda, o PNV mantería o seu feudo biscaíño, con 10-11 deputados, por 8-9 do PSE.

Consulta aquí a enquisa completa


1.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: