Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
POLÉMICA

Feijoo acusa a Quintana de “secuestrar vontades” de maiores para encher mítins

O líder do PPdeG cualifica de “escándalo” que xubilados acudisen “enganados” a un acto en Oia.

Redacción - 15:30 20/02/2009
Tags:

O candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, acusou este venres a Anxo Quintana de “secuestrar vontades” de maiores. O líder conservador referiuse deste xeito a un encontro que celebrou o BNG en Oia o pasado xoves. Algúns medios denunciaron que parte dos asistentes foron “enganados” e acudiron ao encontro con Quintana sen sabelo de antemán. Feijoo acusou ao vicepresidente de practicar o “clientelismo” durante estes catro anos cos maiores e agora e cando “sae á luz”.

A poélmica saltou logo de que algúns dos maiores presentes en Oia denunciasen  diante dos medios que ninguén lles advertira que ían a un acto político. O encontro estaba organizado por dúas asociacións de maiores, que aseguran que non se enganou a ninguén.

O mesmo día do encontro, Anxo Quintana subliñou que “non hai trampa nin cartón” e que en ningún momento foi consciente de que ao acto acudía xente “enganada”. O encontro ao que acudiron 700 persoas non estivo organizado polo Bloque.


1,62/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: