Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Galiza2009

Entra en campaña o senador Manuel Fraga

O ex presidente do Goberno  presenta unha batería de preguntas na cámara alta española polo "abandono" en que Zapatero mantén o noso país.

Redacción - 17:35 20/02/2009

O ex presidente do Goberno e actual senador por Galiza no parlamento español, Manuel Fraga Iribarne, rexistrou este venres unha batería de preguntas escritas ao Executivo de José Luis Rodríguez Zapatero sobre os "incumprimentos" de distintos ministerios e o "abandono" en que, ao seu xuízo, mantén o noso país que, de hoxe en dez días, elixe os seus representantes.

"Os incumprimentos do goberno de Zapatero con Galiza condicionan a paralización das infraestruturas, afectan o sector sanitario e obstaculizan o desenvolvemento do educativo", afirma o senador do PP. Nun total de 17 preguntas, Manuel Fraga interésase polo grao de execución presupostaria e o importe dos investimentos reais executados por case a totalidade dos ministerios.

O regulamento da cámara alta española estabelece que o goberno debe responder as cuestións formuladas no prazo de 20 días hábiles dende a súa publicación. De non haber resposta escrita ao requirimento do senador, contestaríase de xeito oral nas comisións competentes.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: