Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
LA VOZ DE GALICIA E LA RAZON

As últimas enquisas manteñen o resultado no fío da navalla

O último día no que se poden publicar sondaxes deixa ao PP entre 35 e 37, ao PSdeG-PSOE entre 25 e 26 e ao BNG entre 13 e 14.

Redacción - 09:45 23/02/2009


Despois de catro anos de lexislatura, despois de meses de precampaña e de quince días de campaña, parece que pouca cousa se moveu na política galega. As enquisas publicadas entre o domingo e o luns coinciden en deixar ao PP ás portas da maioría absoluta, resistindo cun leve descenso de tres escanos como moito; socialistas e nacionalistas manteñen os seus resultados de 2005 ou soben lixeiramente. Os 38 escanos do PP aínda están dentro das marxes de erro das enquisas.

Este luns, último día no que se poden publicar sondaxes, coñécense dous traballos máis: o que diariamente ofrece La Voz de Galicia, e o que presenta La Razón. La Voz mantén o seu prognóstico do domingo, con 36 escanos para o PP, 26 para o PSdeG-PSOE e 13 para o BNG. A enquisa de La Razón deixa ao PP entre 35 e 37 e mantería a PSdeG-PSOE e BNG cos mesmos deputados cos que contan na actualidade, coa posibilidade de subir un en ambos os dous casos.

O PP perdería un escano por Ourense, na sondaxe de La Voz, que gañaría o PSOE, mentres que na de La Razón ese derradeiro escano estaría bailando entre os dous partidos, o mesmo que o último escano por Lugo, que podería perder o PP en beneficio do BNG.

La Razón ofrece tamén información sobre trasvases de voto entre partidos. Di, por exemplo, que entre os votantes socialistas en 2005, 31 mil quedarán na casa o 1 de marzo, 15 mil votarán ao BNG, 10 mil a UPyD e 9 mil ao PP. Entre os votantes populares, 61 mil absteranse, 12 mil votarán ao partido de Rosa Díez e 11 mil ao PSOE. Entre os que apoiaron ao BNG no 2005, 25 mil non votarán o 1 de marzo.


4.86/5 (7 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: