Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
A TRES DÍAS DA VOTACIÓN

O PPdeG busca porta a porta o escano número 38

Vellos "popes" como o propio Romay Beccaría deron un paso á fronte para mobilizar o voto.

Redacción - 12:40 25/02/2009

Non hai tempo para o descanso. Os conservadores consideran que é posíbel a maioría absoluta e por iso están facendo un esforzo especial na recta final de campaña. Un alcalde dun municipio rural do interior coruñés recoñecíalle a Vieiros que están a traballar porta a porta como se duns comicios municipais se tratase. Nesta circunscrición, algúns vellos “popes”, como é o caso de Romay Beccaría, sacaron a chaqueta e están en constante contacto cos rexedores. Mentres, o número 1, Carlos Negreira, concéntrase na área metropolitana da Coruña.

O núcleo duro que rodea a Núñez Feijoo non deixa de repetir que o PPdeG ule xa a absoluta e intenta lanzar unha mensaxe positiva que mobilice até o último voto conservador. As comarcas rurais están a ser obxectivo prioritario. Os conservadores dan por feito de que os resultados nas grandes cidades van ser bos.

Un bo exemplo da importancia do voto rural é que o propio Mariano Rajoy tirou de “boina” para percorrer pequenos municipios, especialmente de Ourense (man a man con Baltar). O líder do PP español é consciente de que só a maioría absoluta lle pode garantir osíxeno para seguir vivo en Madrid. Por iso, o pontevedrés está a traballar Galiza como se fose un candidato máis.

Mentres o sector máis urbanita (Corina Porro, Rueda e Rojo) pelexan polo sufraxio da área metropolitana de Vigo e de Pontevedra capital, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, encárganse de repasar filas no interior e no norte da circunscrición.


1.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: