Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
ISABEL IGLESIAS

“Hai que establecer mecanismos para detectar as empresarias con talento”

A presidenta da Federación de Empresarias de Galicia presenta unha serie de propostas encamiñadas a mellorar a situación das empresarias do país.

Redacción - 13:45 27/02/2009
Isabel Iglesias

Isabel Iglesias

Isabel Iglesias achéganos tres puntos que considera fundamentais para mellorar a "achega da actividade empresarial das mulleres como xeradoras de riqueza e emprego". Estas medidas consistirían en:"

1. Fa
cer Visíbel: O que non se nomea non existe. É preciso revisar os conceptos e evolucionar cara a unha linguaxe "inclusiva" cando se fala da titularidade nas empresas: Débese dicir o "empresariado, o "accionariado, a"propiedade das empresas"; no canto de "o empresario", o "accionista", o "propietario".

2. Reforzar: Superar a miopía no fomento do auto-emprego co establecemento de medidas máis realistas e ambiciosas para que, malia nacer como alternativas á precariedade laboral, estas pequenas empresas podan ter perspectiva de futuro. Isto pasa por incorporar a perspectiva e coñecemento do sector empresarial no deseño das medidas.

3. Potenciar: Establecer mecanismos para detectar as empresarias con talento e capacidade de innovación e crecemento para a posta en marcha de programas e recursos que impulsen a súa presenza nos ámbitos de representatividade, toma de decisións e expansión das súas empresas."


4.5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: