Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓN DO NOVO LÍDER

O PSdeG terá congreso extraordinario para o 25 de abril

Ricardo Varela preside a comisión xestora do partido, constituída esta cuarta feira en Compostela.

Redacción - 17:35 04/03/2009

O PSdeG constituíu este mércores en Compostela a súa comisión xestora, que estará presidida polo vicesecretario xeral da formación, Ricardo Varela. Segundo explicou o aínda conselleiro de Traballo, o proceso de renovación do partido foi "rápido", despois da renuncia de Emilio Pérez Touriño, que cualificou de "situación adversa". O Congreso Extraordinario para elixir o novo secretario xeral terá lugar o 25 de abril.

Varela dixo que, a pesar do resultado das eleccións do 1 de marzo, "o PSdeG é un partido forte en Galiza, con presenza en máis de cen concellos, dúas deputacións e na administración do Estado", polo que está "asentado institucionalmente e ben organizado". En calquera caso, insistiu en "comezar unha nova etapa" para acadar "unha dirección política forte" co obxectivo de acadar "unha maioría política para gobernar este país".

A pesar dos rumores que sitúan a Manuel Vázquez á fronte do partido, Várela dixo que a xestora "non ten candidato", e que o elixirán "as bases do partido". A proposta partirá da dirección do partido ou por un número de delegados de entre o 20 e o 30 por cento. O Comité Nacional reunirase o 14 de marzo para convocar o Congreso Extraordinario, coa data xa fixada para o 25 de abril.

A Comisión Xestora foi constituída por Leire Pajín, secretaria de Organización do PSOE, quen aifrmou que o partido en Galiza está "unido, mobilizado e con gran futuro" e que serán as persoas delegadas as que escollar "un novo equipo político", "contrariamente ao que fan outros partidos". Engadiu que "se os nosos cálculos non fallan", o PSdeG acadará os mesmos escanos, 25, que hai catro anos, despois do reconto do voto emigrante.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: