Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Mensaxe de tranquilidade" á cidadanía

Núñez Feijoo comprométese a "potenciar" os acertos do bipartito

O futuro presidente da Xunta di ser "consciente" dos 750 mil votos de PSdeG e BNG e que "se equivocan" os que cren que será "sectario".

Redacción - 09:30 05/03/2009

O líder do PPdeG e futuro presidente do Goberno, Alberto Núñez Feijoo, asegurou esta cuarta feira que "se equivocan" os que creen que o seu partido aplicará unha "política sectaria" no Goberno e, aínda que se propuxo "corrixir" os "erros" do bipartito, tamén se comprometeu a "potenciar" o que estea "ben feito".

"O PP é máis un partido de goberno que de oposición", reflexionou antes de participar na reunión da directiva provincial do PP de Pontevedra, polo que deu por garantido que "sabe distinguir" entre os intereses xerais e os partidistas.

Núñez Feijoo descartou "ir en contra de nada" e avogou por "saber administrar" a vitoria electoral, "consciente" de que arredor de que máis de 750 mil electores apoiaron o domingo o PSdeG e o BNG. A todos estes lanzou "unha mensaxe de tranquilidade" xa que o seu propósito é gobernar "para todos".

Apoio nas cidades e no rural
Con todo, resaltou que a vitoria popular foi "un triunfo claro" e, concretamente, mostrou a súa satisfacción por "parar" a tendencia á baixa que acumulaba o PP dende 2003. Nesta liña, constatou que incrementaron o número de votos sobre todo no ámbito urbano -sete puntos de media-, aínda que tamén no rural -un punto aproximadamente.

O líder do PPdeG mantén estes días unha "axenda ordinaria". En concreto, recordou que xa mantivo conversacións cos principais sindicatos, salvo coa central nacionalista CIG, coa que agarda o facer ao longo desta quinta feira, ao igual que co presidente da patronal, Antonio Fontenla.


2.2/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: