Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CARLOS CALLÓN, PRESIDENTE DA MESA

"O futuro presidente da Xunta promete unha involución lingüística histórica"

A Mesa, que xa prepara a manifestación do Día das Letras, convoca para unha reunión os interesados en achegaren propostas en defensa do galego, este luns

Isabel G. Couso - 13:35 06/03/2009

"Non é atacando á nosa cultura e á nosa lingua como se soluciona a crise", di Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, ante o horizonte futuro dun presidente da Xunta de Galiza popular. "O feito de gañar as eleccións non fai que as mentiras se convertan en verdades", asegura negando que haxa unha imposición do galego na nosa sociedade.

Callón pon os documentos sobre a mesa e, nunha rolda de prensa, explica que o Decreto 247 aprobado en 1995 polo goberno do Partido Popular xa recollía a recomendación do uso da nosa lingua polo alumnado: "nas áreas ou materias impartidas en galego débese procurar que os alumnos e as alumnas o utilicen nas manifestacións oral e escrita" (Artigo 8.1). Non é, polo tanto, segundo explica, unha novidade do Decreto 124 aprobado en 2007 (e que contou co apoio do PP, xunto co das demais forzas políticas), senón unha premisa que estivo "presente en todo o proceso autonómico e dende o remate da ditadura franquista". É por isto, que o presidente da Mesa insiste en que as declaracións do futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, no sentido de que os pais poderán escoller a lingua na que serán educados os seus fillos "é unha involución histórica, lingüística e educativamente": "Quen vai garantir, logo, que ao remate dos seus estudos os alumnos teñan competencia comunicativa tanto en galego como en español?" pregunta.

Chamamento a unha manifestación histórica
A Mesa pola Normalización Lingüística anuncia así un calendario de mobilizacións que se marcan o obxectivo de fortalecer a defensa do galego. A primeira das citas será o vindeiro luns nove de marzo, ás sete do serán, na compostelá Galería Sargadelos. Alí celebrarase unha xuntanza aberta, á que están convidadas todas aquelas persoas interesadas, que pretende promover unha reflexión común e acordar as iniciativas que sexan oportunas para traballar a prol do idioma. Ademais, o vindeiro 18 de marzo terá lugar a Asemblea Xeral da Mesa, na que tamén se decidirán as accións futuras da organización.

Doutra banda, o colectivo xa está a organizar a tradicional manifestación do vindeiro 17 de maio, unha concentración que este ano agardan que sexa histórica. "Non consentiremos este paso atrás", di Callón, polo que "imos movernos e estar atentos e vixilantes ante calquera actitude ou tendencia a mudar para peor a política lingüística do país". Na convocatoria do ano pasado sumáronse a esta manifestación un total de 585 colectivos e unhas 25 mil persoas e o obxectivo desta edición é superar aquela participación.

Finalmente, Callón informou de que a Mesa solicitará unha xuntanza co novo goberno en canto tome posesión, tanto co seu presidente, como cos responsábeis de educación como de política lingüística.


4,71/5 (35 votos)

Comentarios (64)

alboiando #1 6/Marzo/2009 alboiando
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



C29 #2 6/Marzo/2009 C29
[Valora este comentario Positivo +18 Negativo]

A MOBILIZAR-SE TODOS CONTRA A POLÍTICA XENÓFOBA E GLOTÓFAGA DA EXTREMA DIREITA - OU PAGAREMO-LO CARO!

KdL #3 6/Marzo/2009 KdL
[Valora este comentario Positivo +14 Negativo]

Agora imos ter que ser máis activos! Adiante!

Tome #4 6/Marzo/2009 Tome
[Valora este comentario Positivo +18 Negativo]

Las abuelas.

Una abuela catalana cuando va al medico no cambiara al castellano para ser atendida, ya que tendrá el servicio en catalán, a ella por supuesto no se le hubiese pasado por la cabeza cambiar, el medico la hablara en catalán muy gustosamente. Cuando tenga la necesidad de ir a una iglesia, recibirá el servicio en la lengua vehicular (Catalán), eso si, si lo quiere en castellano, también lo puede tener, ofrecen ese servicio, por ejemplo en la catedral de la sagrada Familia
Una abuela catalana-parlante sea de la aldea o de una villa, si ha tenido suerte en la vida y ha subido algunos peldaños en el escalafón social, seguirá hablando catalán, y se lo enseñara a sus hijos y sus nietos. Sus nietos por supuesto recibirán clases de matemáticas en catalán, en que si no.
Cada vez que tenga que resolver papeleo o ir al abogado no tendrá que cambiar al castellano si no le apetece claro esta, tendrá el servicio 100% en catalán y la cabeza muy alta.
.
Cuando se junte con las amigas, y si estas son finas como ella parlaran en Catalán, y si hay otras abuelas finas como ellas pero que tienen el castellano como lengua materna estas ultimas se cambiaran al catalán por norma general, por que la lengua de prestigio es el catalán, el catalán es cool y es fashion y no va a desaparecer por que las abuelas catalanas tienen una aptitud positiva hacia la lengua y los prejuicios y las travas los tiraron por la ventana allá por el 1975.

Lo que ha dicho la presidenta de Galicia bilingüe, Gloria Lake en sus conferencias galegofobicas, de que hay un 16% de fracaso escolar en Catalunya, es cierto. Ella y sus secuaces lo atribuían a la enseñanza en catalán. Pero lo que yo no sabía, es que, en la comunidad de Madrid, y Extremadura hay un 20 % de fracaso escolar. Me pregunto yo, si eso no tendrá que ver, que en aquellos lugares tan castizos se enseñe castellano.

FEIJO, FEIXO, HALUBIAS.

TEMOS HALUBIAS COMOLIÑO, TEMOS HALUBIAS PARA CATRO ANOS.

TOME MEIRA, de Bueu dende ( BARCELONA).

Tome #5 6/Marzo/2009 Tome
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

FEIXO, FEIJO HABICHUELAS

O apelido Feixo seria na forma galega no seu sentido puro, pero quedan moi poucos por estas terras , xa que foron derogados a machete.
Do mesmo xeito cos toponimos. Moitos apelidos Galegos foron acastrapados (derogados) e deturpados pola ansia uniformadora de castela, este afan desgalegizador foi especialmente virulento a partir da instauración dos rexistros civis a comenzos do seculo XIX e continuou con forza a durante o seculo XX, agas o ultimo cuarto . O podedes comprovar isto na paxina www chamate con xeito, onde existe un servizo de simulación, de nomes e apelidos, asegurovos que vos levariades moitas sorpresas.
O que si abundan en Galicia son as formas hibridas como os Feijo ou Rajoy.Por ejemplo no DNI do suso dito consta como Feijo, aunque durante a campaña electoral escoitei alguas veces e en alguns medios de comunicacion, como o señor Feixo, sera por que soa mais galego, desprende galegidade 100%. Claro esta que unha cousa e a imaxe que se quere proxectar dun mesmo, e otra cousa ben diferente, é, o que realmente somos , iso todos nos o sabemos ou iso espero. Pero non señores e señoras, o seu apelido e Feijo que realmente non quer dicer nada, e unha palabra hibrida, e castrapo puro e duro, nin e galega nin e castelá (nin sube nin baixa a escaleira), o seu apelido en castelan seria Señor Habichuelas.

Non e o único caso, o ex-lider do BNG o señor Quintana, podria usar as formas galegas Quintà, Quintans ou Quintan, pero igual no quere desprender galegidade, ou non lle fai falta, ou realmente tenlle cariño o seu apelido hibrido (castrapo). ¿Políticamente credes que seria serio e rentable presentarse en campaña como o señor Habichuelas? Ja ja ja ja (broma).

Conclusion e para rematar:

Temos habichuelas como
liño, temos habichuelas para catro anos.

Tome Meira de Bueu , dende Barcelona. Bicos e saudos.

bardogz #6 6/Marzo/2009 bardogz
[Valora este comentario Positivo +13 Negativo]

contade comigo!

é o momento de sair á rua!

carxeva #7 6/Marzo/2009 carxeva
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Comigo tamén. ADIANTE!!!! Podemos paralos coa forza e unión de todos.

dafonte #8 6/Marzo/2009 dafonte
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Atlantico #9 6/Marzo/2009 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +14 Negativo]

Hai que estar atento cando Feijooada aprobe as axudas e subvencións a La Voz, será a demostración práctica de que a chegada do PP a Xunta foi un golpe mediatico, mercando informacións falsas e calumnias no panfleto da Coz.

Galezio #10 6/Marzo/2009 Galezio
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Fica-nos a tua da que jamais tinhamos que ter saido... Na rua rerrubaram-se governos de impérios, olho lá!
AVANTE,ESTES FASCISTAS NÃO PASSARÃO!

Galezio #11 6/Marzo/2009 Galezio
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Hostia, é RUA, fica-nos a rua... RUA, RUA, RUA, da que jamais teriamos que ter saido... Avante, a por eles...

Indixenanoapartheid #12 6/Marzo/2009 Indixenanoapartheid
[Valora este comentario Positivo +14 Negativo]

Consello da Cultura Galega? Onde?
Real Academia Galega? Onde?
Intelectuais, escritores, actores, artistas en xeral galegos? Onde?
Durmen? Soñan? Calan?
Galiza está en xogo.

yeray3 #13 6/Marzo/2009 yeray3
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Manifestaram-se os fascistas espanhois de "Galicia Bilingue" ante isto?. Quando estava na facultade, uma estudante de fora protestou um dia porque un professor impartia as aulas em galego dizindo " yo si voy a Irlanda (acho que mencionou este pais) quiero que me hablen en la lengua oficial y no en un dialecto". É ista a visão que têm de nós e da nossa cultura os fascistas espanholistas que não pararão até alonjar ao galego em todos os ambitos.
E eu não estou na contra do espanhol (ao contrario que estas pessoas de Galicia bilingue ou os novos moradores da junta que sim que o estão do galego), parece-me muito ben que se saiba issa lingua ao igual que o inglés, o árabe ou mesmo o chines, mas como o que são, é dizer linguas estrangeiras. De facto estaria bem que se potencie a aprendizagem de quantas mais linguas foreneas melhor.
Mas a educação, assim como a vida politica e cultural deve ser na lingua propria da nossa nação, e issa é o galego. Na Galiza em galego.

GalizacapitalBraga #14 6/Marzo/2009 GalizacapitalBraga
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Os espanholistas nom tenhem nem meio argumento. Só ignorancia, mesquindade e complexos. O 1 de março foi a vitória dos sumisos, dos derrotados. Se loitamos com plena DETERMINAÇOM, em todos os ámbitos, nós mesmos crearemos a realidade. Nada está perdido, e todo está por ganhar.

joseantonio #15 6/Marzo/2009 joseantonio
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

#12 Leva razón.E faltan alguns mais, pois dende o BNG que se dí, a estas e outras manifestacións do Afeixooadomintirán nos pasados días?. Seica a "reflexión e a reorientación de obxectivos" non deixa oco para respostar.Eis o noso xeito de estar á beira da xente?

joseantonio #16 6/Marzo/2009 joseantonio
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Baleiro de poder?:Mais ocupados nas FORMAS de Beiras
p.ex:
http://www.elpais.com/articulo...

http://www.xornal.com/artigo/2...

cachalgura #17 6/Marzo/2009 cachalgura
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Vai haver que deixar as questões normativas à margem. Acho que perante tal ameaça glotofágica só resta a unidade de quem temos clara qual a nossa língua nacional, chamemo-la como for. Adiante tod@s contra os ataques à Língua

Indixenanoapartheid #18 6/Marzo/2009 Indixenanoapartheid
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

#17 Concordo. Todos ó mesmo.

beco #19 6/Marzo/2009 beco
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

O 17 de maio todos en Compostela.

Indixenanoapartheid #20 6/Marzo/2009 Indixenanoapartheid
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#15 Tamén digo.

carlosroca #21 6/Marzo/2009 carlosroca
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Que acabar con NÓS, eu non penso agochar a cabeza...

Tavia #22 6/Marzo/2009 Tavia
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Bom , ali estaremos. Aguardo que nom sejamos tam curt@s de miras como em outros aspectos.Esta é umha guerra que vai dar muito de si, e necesitamos jogá-la com unidade e fatriotismo.

alexinho #23 6/Marzo/2009 alexinho
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

à rua!!!

vozarrei #24 6/Marzo/2009 vozarrei
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Agora, máis que nunca, cómpre apoiar as iniciativas da sociedade civil a prol da defensa do idioma. O titular do artigo é un triste reflexo das intencións do novo Presidente e do seu partido e hai que plantar cara para evitar retrocesos nos poucos avances que se conseguiron nos últimos anos.

Tome #25 6/Marzo/2009 Tome
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Las abuelas de bueu y cangas do Morrazo

Las abuelas gallegas de mi pueblo (11.000 habitantes, Bueu Pontevedra), cuando se dirigen a sus nietos lo hacen en castellano, aunque el 95% de ellas hablen gallego entre ellas.
Si tienen que resolver algún papeleo como ver a un abogado, se dirigirán en castellano, aunque muchos abogados hablan gallego, pero no importa, la mayoría de ellas insistirán en castellano, ya que es un asunto importante. Si van a Pontevedra, se dirigirán a los funcionarios en castellano, estoy seguro que muy pocas de ellas se dirigirán en gallego.
Muchas abuelas y abuelos de Bueu están escandalizados ya que se esta impartiendo Matemáticas en Gallego.
Si se juntan con las amigas y las conocidas hablaran siempre en gallego, eso si, si alguna de ellas habla castellano o si es fina, creara el efecto curioso de que las gallego parlantes cambiaran al castellano, cuando las parlantes de castellano son del pueblo y entienden el gallego perfectamente.
Los abuelos o abuelas que hablen castellano en mi pueblo son minoría total, ellos rara vez hablan gallego (no pasa nada), En la mayoría de los casos los gallegos parlantes les hablaran en castellano.
La iglesia ofrece sus servicios en castellano casi al 100% menos una hora a la semana que están obligados ,eso a pesar de que las iglesias están abarrotadas, si lo están de gente mayor que habla gallego, eso si , estoy seguro que si ponen los servicios en gallego , muchas de las abuelas se pondrán muy furiosas.
Sociológicamente se puede decir que de 40 años para arriba hay más gallego parlantes y de 40 años para abajo más castellanos parlantes El 95% de las abuelas hablan gallego y 95% de nietas en castellano. Si la esperanza de vida de las abuelas Españolas es de 82 años esto significa que en cuarenta años hablaran gallego en Bueu un 7% (siendo generoso). Entonces podremos hablar en España de la cultura vasca, cultura Catalana y la Española, nosotros los gallegos podremos opinar de lo que tuvimos, seremos monologues en castellano como Murcia y Extremadura, y la presidenta de Galicia bilingüe, Gloria Lake si es que esta viva, tendrá que cambiar el nombre de la asociación por Galicia mono- lingue.

tinho #26 6/Marzo/2009 tinho
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

mentres tenha lingua sere ceive, cando ma cortem morrerei por dentro,i eu NOM PENSO MORRER porque luitarei ata o fim
V I V A O G A L E G O V I V A G A L I Z A!!

maragota #27 6/Marzo/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Chéirame mal. Ao por como exemplo en materia lingüística a Galicia Bilingüe, demostra que non vai tomar medios camiños que non estamos en campaña. En materia lingüística este vai arrasar con todo.
Así que a movilización en defensa da lingua tampouco terá precedentes.
O 17 de maio vai ser histórico!

baltar69 #28 6/Marzo/2009 baltar69
[Valora este comentario Positivo -10 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Reflexivo #29 6/Marzo/2009 Reflexivo
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

O que fixo a Coz non ten nome e sabían o que querían. As batallas gáñanse preparando as cousas con tempo. A este xornal haille que dar o que merece. Pouquiño a pouco. Non é cuestión de ceder nuns días, meses ou anos. Presume de non lelo no teu traballo, no bar,... Tampouco o mires en internet. Hai alternativas. O boicot é impresindible e non lle afectará inmediatamente a conta de resultados porque uns poucos deixemos de lelo. Terá máis apoio económico dos gañadores a curto prazo. As batallas verdadeiras son a medio prazo e se somos insistentes, deberá afectarlles á credibilidade. Xa non é o primeiro xornal de Galicia porque non é xornal, é panfleto. Torres máis altas cairon.

volvebreogan #30 6/Marzo/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

grande aportaçon tome!! a verdade que o fututo da nosa língua e moi moi perigoso..temos que fazer algo..e triste escoitar a gloria lake(jaja) dicir estas cousas..cando nas naçóns oprimidas do estado espanhol,está o maior nivel de inglés,que nas rexións monolíngues, que non saben nin papa!!NADA!(esa língua que si esta imposta![e non teño eu nada encontra dela,a min ensinanza galego-inglés e o espanhol unha asignatura e grazas, e co tempo a fritir miñocas..]aver se a mesa comeza por darén estes datos,que seránlles moi oportunos pra contrarrestaren as mentiras desta xentuza..

tamén hai outro dato preocupante que achego..cada vez temos máis xente ''galeguista'' isto é comprometida có país( por exemplo votantes do bng, ou outros..)que son castelán-falantes..que avergónzase da súa língua. o galego necesita un pouco máis de cariño por parte do governo galego..e o que é claro e que o pp gañou na galiza non foi polo carisma de feijoo nin polas súas grandes promesas(eu non escoitei ningunha,salvo a privatización de TODO),gañou xq a xente votou coa desesperaçom e a fe cega de que os neoliberais e capitalistas iban arranxar os problemas da crise, que provocaron eles...

aver cando colectivos como a MESA que ten o poder de convocatoria suficiente comeza a dar DATOS reais que ningén pode negar!datos que fagan calar,datos que provoquen umha revoluçom do galego!NA GALIZA EM GALEGO!!

maragota #31 6/Marzo/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

#29. Concordo, nin collelo nas feiras, xuntanzas etc Ultimamente para maquillar as súas pésimas vendas regálano en cada feira gastronómica e similares. A que grao de baixeza chegan algúns!

Mcnally #32 6/Marzo/2009 Mcnally
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



pepeira #33 6/Marzo/2009 pepeira
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

ola, eu fun votante do PP, aínda que xa me arrepinto. Deixeime enganar polo do bilingüismo, pido perdón. Estou empezando a coñecer a esta calaña. Quero facer un chamamento a todos os votantes do PP que coma min cren que a lingua galega ten futuro. MoBilizádevos. Non deixedes que vos impoñan o castélán coma na época de Franco. Tende un pouco de dignidade

Mcnally #34 6/Marzo/2009 Mcnally
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



gz_livre #35 6/Marzo/2009 gz_livre
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

#34 Bem, explica-nos aos ignorantes supinos como fás para aplicar a "liberdade de eleger" o idioma sem segregar?Nom segregas, dás aulas por separado, verdade?
Como ZP, que nom dá nem um euro à banca, senom que respalda financeiramente às entidades bancárias.Que língua viperina e bífida a vossa.

O 17 de Maio tod@s a Compostela!Que saibam os espanholistas com quem se enfrentam!

C29 #36 6/Marzo/2009 C29
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

QUERIAM TER "PAZ LINGÜÍSTICA"? POIS A MIM PARECE-ME QUE VAI HABER GHERRA!

volvebreogan #37 6/Marzo/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

pepeira..tarde piaches..hai moita xente que pensa coma tí e moita máis que daráse de conta có tempo..mira mcnally a cuestión non é isa..deixame que che explique..o galego vive na galiza o seu territorio unha situaçon de 'inferioridade activa' isto é que unha seria de persoas(a poboación) discriminan a súa própria língua por considerala inferior e non apta pra o uso cotiá,xq non stá en igualdade de condicións có castelán,e isto e irrefutábel!!eu,galego-falante síntome estranxeiro falando a miña lingua en vigo,pero se vou a ourense as veces tamén..se o galego tivera o apoio suficiente do governo de seu(a xunta de galiza),das empresas de seu(empresas galegas e as que trabalha na galiza) os galegos empregarían máis a cotío a súa lingua xq non terían problemas de cambio de língua según onde e con quen falen entendes??que é o que ocorre en catalunya..vai alí a privarlles da súa lingua..aplaudo o governo catalá que vai sacar unha lei(ou xa sacou, non estou seguro)unha lei a prol do cinema en catalá!porque é un dereito e unha obriga!pra eles e tamén pra nós!

xasta bem de andaren a falar dúas linguas a cotío por culpa dos retrógrados-espanholistas de galicia bilingua, ese tes a língua 'broken' arránxaa antes de dicir semellantes tonterías..


P.D: o galego non se impoñe,RESTAURASE aver cando o entendedes..o castelán ou espanhol impóñese na galiza dende o s.XV!!!porque creo que calquera con dous dedos de fronte sabe que as cousas que son propias non se poden impoñer porque preexisten entendes??...moinante!!o castelán en castela e na espnha!na galiza en galego

Gaias #38 6/Marzo/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Mcnally poderiasme dicir pq entre as opcions a preguntar os pais Feijoo non inclue o modelo 50%?. A pregunta vai ser TODO CASTELAN ou TODO GALEGO.
A resposta e obvia, a maioria da sociedade galega defende un bilinguismo real, e decir, un ensino na metade das asinaturas en galego e a outra metade en castelan. Pero iso non entra nas opcions de Feijoo. E por iso ou todo castelan ou todo galego. Coa intencion clara de que saia TODO CASTELAN e obrigar os pais galegofalantes a escolarizar os seus fillos en castelan, por non ter que duplicar os gastos no ensino.
Resumindo. Donde esta o bilinguismo se se imparten todalas asinaturas en castelan?. Donde estan os dereitos dos pais galegofalantes a escolarizar os seus fillos en galego?.

Acaso imos crear nenos mellor preparados negandolles un ensino verdadeiramente bilingue que era o que tiñan nesta lexislatura? Protexese e fomentase asi o galego?.
Podran os pais tamen elixir se os seus fillos estudan a historia de España, matematicas, ximnasia,ingles, etc?.

En que pais do mundo, no ensino publico, os pais elixen as materias ou linguas a impartilas?.
Pq se en Valencia e Baleares, co PP gobernando, tiñan o mesmo modelo linguistico que tivemos en Galiza non se falou ali de imposicion, nin se fixeron manifestacions "bilingues"?.

Acaso nos toman por parvos?. Vemos moi ven que o que pretenden e ir arrinconando o galego no ensino e vida publica ata que o castelan ocupe todolos espazos (coma lingua "tan galega") e logo ir introducindo o ingles no lugar do galego.

sepo1 #39 6/Marzo/2009 sepo1
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Non se molesta por preguntar macanally, trátase de basearse nas mentiras tipo "o castelán está en perigo" donde?, teño duas fillas, de pouca idade a maior 6 anos, empezaron champurreando o galego na casa (todos na familia somos galegos falantes) ate chegar á escola infantil... a partires de ahí castelán e con tempos compostos e todo a pesar de eu e a miña dona insistirlle en falar galego, e os avós e todos pero: o resto amiguiños castelán, os dibuxos, salvo na galega, castelan, a maioría dos libros de aprendizaxe : castelán. Logo QUE CARALLO QUEREDES. Dígovolo eu : REMATAR CO GALEGO. Logo fala de democracia Macona-lly

Gaias #40 6/Marzo/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

E moi triste que existan galegos, moitos galegofalantes, con tanto autoodio os cales lles pareza ben que se discrimine a lingua propia de Galiza.
Agora, con Feijoo na Xunta, os galegofalantes imos ser os negros que teñamos que estudar en guetos, ou diretamente que se nos impoña un ensino totolmente en castelan, cando o galego e a LINGUA PROPIA DE GALIZA.
Feijoo incumple todalas leis, empezando pola Lei de Normalizacion Linguistica co seu modelo de segregacion linguistica ou eleccion dos pais. Os nenos galegos teñen que sair da escola falando perfectamente en galego e castelan, algo que dificilmente acontecera se aprenden todalas asinaturas en castelan.

A min que me falen do bilingue e democrata que e Feijoo cando vexa que o galego esta en igualdade en ambitos coma a universidade, o FP, a xustiza, os medios de comunicacion,etc. Pero polo visto estes que defenden tanto o bilinguismo e a "liberdade de eleccion" non o fan cando e o galego a lingua discriminada.

Gaias #41 6/Marzo/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Aqui, coa colaboracion de moitos votantes do PP galegofalantes, viase permitir o que non se fixo en Baleares e non se fai en Valencia donde goberna o PP. A discriminacion da lingua propia ata erradicala totalmente e que o ingles vaia ocupando o seu lugar.

Gaias #42 6/Marzo/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Deixemolo claro, Feijoo e un NAZIonalista español. Dun nacionalista español non se pode esperar nunca nin que defenda, nin que fomente o galego en ningun ambito.
Alguen viuno apoiar algunha causa en defensa da lingua galega?. Apoiar algunha plataforma que defenda os dereitos dos galego-falantes?.

O seu grao de agresion a lingua galega sera en proporcion o que nos lle deixemos. Canto mais forte sexa a defensa do galego, menos podera sera agredida a nosa lingua por estes fascistas galegofobos.

henrique #43 6/Marzo/2009 henrique
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

É o momento de amosar abertamente orgullo e dignidade pola nosa língua e cultura.A dereita españolista gosta de ver que as identidades deféndense coa boca pequena; pois hai que falar alto. O españolismo debe sentirse cuestionado en todos os ámbetos sociais. A chulería e a prepotencia que despregaron, as inxurias contra a nosa identidade deben voltarse contra eles.De sermos quen de canalizar este malestar penso que poderemos acadar un rexurdimento da conciencia nacional.Cada galeg@ con orgullo de o ser debe ser un instrumento mediático, desde o traballo até o lecer, que deslexitime a tentativa de desnacionalización do noso País.Cómpre traballo de axitación social, de crear un estado de opinión que rexeite desde xa esta ofensiva. Respectando as diversas sensibilidades e tendencias dentro do nacionalismo, penso que todos debemos ir da man para frear esta agresión.

Gaias #44 6/Marzo/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Eu non deixo de preguntarme como e que despois das ameazas de Feijoo contra o galego dicindo que vai pechar as galescolas e permitir que sexan os pais (a maioria) quenes decidan se se ensina ou non en galego todavia non esoitamos a ninguen nin no BNG, nin na Real Academia Galega protestar por estas medidas galegofobas e antidemocraticas. Medidas que van contra a Lei de Nomalizacion Linguistica e os dereitos dos nenos galegos a aprender o galego.

volvebreogan #45 6/Marzo/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

e que o bilinguismo que pretende xente coma galicia bilingue e o pp non é 50%, e monolinguismo en castelán,xq a suposta ''imposiçom linguístca do galego'' ocorre nas vilas e cidades galegas..pero a xente do rural que fala dende a cuna galego,que lle impoñen o castelán no ensino e en tódolos meios da vida???iso non é umha imposiçom???iso non se defende?? galicia bilingua=monolinguismo en castelán!!MENTIREIROS!!mobilizémonos polo galego e por galiza!

e coidado coa nosa selecçom..como se atreva a quitar os partidos si que vai ter problemas pra governar a xunta....

jujolor #46 6/Marzo/2009 jujolor
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

recordade o do pp chegou o momento, pos iso
nos chegou o momento, haber si respondedes a iso

sempre en galiza

jujolor #47 6/Marzo/2009 jujolor
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

sin olvidar a paxina web.
recargandogalicia.com sic

sempre en galiza e mais denantes mortos que escravos

cachalgura #48 6/Marzo/2009 cachalgura
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Vamos ver, deixemos as cousas claras, é que o famoso Decreto, nem tam sequer era imersom linguística em favor do galego (claro, como castelhanofilos e afins nom estám costumados a perderem privilégios...!) era simplesmente, um Decreto que infelizmente só atingia o âmbito educativo (onde estám as medidas correctivas na Justiça, na Igreja, etc...?)e que propunha, vaia home!! que 50% das cadeiras fossem em galego; eu que nascim já em plena democracia "boubónica", só tivem a cadeira de língua galega em galego, sendo como reconhece a língua própria da Galiza o galego, qué fizerom estes cínicos de GB por defender os meus direitos e os de muitos mais galegos, porque eu recebesse mais cadeiras em galego?? Conforme eles a cada rapaz na sua língua, mas é curioso que estes bífidos do caralho só saissem agora que se lhe começava a por em causa o "chiringuito". Já está bem home, já está bem!!

Gaviotero #49 7/Marzo/2009 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -13 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Inxel #50 7/Marzo/2009 Inxel
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Ah! Mais, hai un xornal que se chama La Voz de Galicia? Aínda se publica esa obscenidade? Van alá máis de vinte anos desde que deixou de existir para min.

Inxel #51 7/Marzo/2009 Inxel
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Son pacifista, mais non a calquer prezo. Non nos é lícito desertar cando os chacais atacan as fronteiras da nosa identidade e da nosa dignidade. A fronteira que eu defendo é a do respecto que nos debemos uns a outros, unhas culturas a outras, unhas historias a outras, uns modos de ver e de estar no mundo a outros modos de ver e de estar no mundo. Por iso eu teño que recobrar a trincheira do meu respecto. Fóra os xenocidas de culturas, de linguas e de esperanzas! Fóra os rebentos das hordas que encheron de sangue e de bágoas as vizosas terras de América! A guerra contra o nazismo é un imperativo moral. Todos co galego, flor que levamos nos beizos hai máis de mil primaveras.

carlinhos21287 #52 7/Marzo/2009 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Adiante galegos... todo o mundo á rúa.... Sen lingua non hai povo....

fuco-lois #53 7/Marzo/2009 fuco-lois
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

BOICOTE A "LA COZ"

galegasenprexuizos #54 7/Marzo/2009 galegasenprexuizos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Á rúa o 17 de maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS, para que este día poida existir, primeiro ten que haber lingua.

xelmirez #55 7/Marzo/2009 xelmirez
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

yeray3 dixo:

Esa estudante ou era tonta ou non era irlandesa. A lingua oficial de irlanda é o irlandés, segundo teño entendido, aínda que só unha porcentaxe moi baixa a fale a cotío. De feito, o caso do irlandés é aleccionador, e como non se faga nada o galego vai polo mesmo camiño-á extinción.

xelmirez #56 7/Marzo/2009 xelmirez
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eis o que dixo yeray3:

xelmirez #57 7/Marzo/2009 xelmirez
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Boeno, non me deixa reproducir o texto de marras, pero o comentario é o no. 13

Benchoseiv #58 7/Marzo/2009 Benchoseiv
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Gaviotero.-Barra,kelp.akzin,uld kahwa,besslama!

Benchoseiv #59 7/Marzo/2009 Benchoseiv
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Tome;Amb aquesta gent cucát,no hi ha res a fer.
Aixó;gossos menjaórs de merda!.

Prisciliano #60 7/Marzo/2009 Prisciliano
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

"A lingua é o facho que alumea o noso roteiro de eternidade"

Ramón Cabanillas.

LOIS_DE_SILAN #61 7/Marzo/2009 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O da involución lingüística non vos é nada novo ... nin exclusivo do PP!

Desgrazadamente, e espero que inconscientemente!, A Mesa, o BNG ... tamén se sumaron ... e suman! á estratexia involutiva: sectorización, cooficialidade, igualdade de estatus, ...

A Constitución esixe que no territorio propio do galego o seu uso sexa análogo, semellante ou equiparábel ó do castelán no seu. Para chegar a facer real esa esixencia xurídica hai que partir, madia leva, da situación real existente en cada momento e lugar. E, no eido do ensino, conseguintemente, quen debe decidir, escoller o momento de uso xeralizado do galego na escola por parte dos escolantes usuarios habituais do castelán son ou serán os pedagogos ou mestres responsábeis da eficiencia do sistema escolar.

Os pais escollerán a ligua de comunicación cos seus fillos; mais, non a que permita a eficiencia do sistema escolar para o cumprimento da amentada obriga constitucional.

PedraVixia #62 7/Marzo/2009 PedraVixia
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O 17 de maio tod@s á rúa. Cal foi a maior manifa celebrada, a do Prestige? Pois desta volta polo menos igualamos e a ver se teñen collóns a derogar o decreto.

maaneskinn #63 7/Marzo/2009 maaneskinn
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Como lle dixo Mofa a Befa en non lembro que espectáculo: "Primeiro aforcarémolo,despois farémoslle un xuizo xusto"

maaneskinn #64 7/Marzo/2009 maaneskinn
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ei, 33- pepeira, deixa de brincar, que xa imos parecer eses do PP que se metían no foro a falar ben de ese chavalito. Por certo, seica o Sr Alubia se beneficia a unha colaboradora muito próxima e logo do acto se fuma un Porro. Comentario lixo ou meu, non si? Pois merda a filispín. É máis, acho que as pijas do PP se lo rifan os sábados á noite no Areal en Vigo. Mentiras, ruxe-ruxe.. non sei, que se encargue La Voz de clarificalo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Carlos Callón convoca a todos os interesados a unha xuntanza aberta o vindeiro luns
Carlos Callón convoca a todos os interesados a unha xuntanza aberta o vindeiro luns
A manifestación do último 17 de maio discorreu baixo o lema: "Polo dereito a vivirmos en galego"
A manifestación do último 17 de maio discorreu baixo o lema: "Polo dereito a vivirmos en galego"