Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SE O FAI O PP PERDERÍA UN SENADOR

A morte de Ángel Latas pode deixar a Corina Porro fóra do Parlamento

Se Corina Porro renuncia ao seu escano para ser deputada autonómica, o posto pasaría ao socialista porriñés Iván Vaqueiro.

Redacción - 10:00 10/03/2009

Ángel Latas, número tres do PP vigués, falecido esta semana, era o suplente de Corina Porro no senado. En principio estaba previsto que Porro deixase o seu escano na Cámara Alta para incorporarse ao Parlamento Galego. Porén, o falecemento de Latas pode obrigala a ficar en Madrid, pois doutro xeito o posto pasaría ao PSOE, en concreto ao porriñés Iván Vaqueiro, quinto candidato máis votado na provincia de Pontevedra o pasado ano. Isto é así porque o Senado non se elixe con listas pechadas, senón que se votan a persoas; cada senador ten asignado, iso si, un substituto, pero cando este falece ou non pode ocupar a vacante, o posto pasa ao seguinte candidato máis votado.

Polo tanto, o PP deberá decidir se opta por renunciar a este escano, ou se é Corina Porro quen debe renunciar a ingresar no Parlamento Galego. Ademais, se o PP perdese un senador ficaría empatado co PSOE na Cámara Alta. Neste momento os populares contan con 123 votos, mentres que a coalición de PSOE e a Entesa Catalá ten 121. Os xuristas dun e doutro partido comezan estes días a analizar a situación, e o PP buscará unha fórmula para evitar que Corina Porro teña que elixir entre unha cousa e outra.

Porro soaba, ben como conselleira, ben como superdelegada da Xunta para Vigo. Ambos os dous cargos son incompatíbeis co seu cargo de senadora.


4.9/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: