Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proceso de relevo do secretario xeral

O PSdeG comezará este martes as reunións de "sondaxe" nas bases para a elección do substituto de Touriño

Con Manuel Vázquez como favorito nas quinielas, a comisión xestora do PsdeG inicia a rolda de reunións nas catro provincias.    

Europa Press - 12:00 10/03/2009

A Comisión Xestora do PSdeG comezará este martes a súa rolda de reunións polas catro provincias galegas nas que "explorará as vontades das bases" para a elección do novo secretario xeral despois da dimisión de Emilio Pérez Touriño tralo resultado electoral. Segundo fontes do PSdeG-PSOE, "catro ou cinco" dos 13 membros da dirección provisional reuniranse con "todos os alcaldes e representantes dos concellos e con todas as agrupacións locais" de cada provincia para coñecer a súa opinión "sobre como se debe constituír a nova Executiva socialista".     


    


    

De feito, isto foi explicado o pasado mércores polo presidente da xestora, Ricardo Varela, quen compareceu tras a súa constitución oficial para deixar claro que, aínda que a maioría dos compoñentes deste órgano son favorábeis a que o conselleiro de Medio Ambiente en funcións, Manuel Vázquez, sexa o novo líder dos socialistas, este órgano do partido "non ten ningún candidato", posto que o tal "debe ser elixido e referendado" polas bases e os militantes.     


    


    

Con esta premisa e a marxe suficiente para poder analizar os resultados das eleccións no exterior, que lle devolveron ao PSdeG un escano pola provincia de Ourense que sitúa o partido de volta nos niveis de 2005, cando accedeu á Presidencia da Xunta, este martes comezan os contactos coa militancia. Así, será até o próximo venres cando os membros da xestora se desprazarán ás catro provincias, posto que o sábado vaise celebrar o Comité Nacional Galego que deberá convocar o congreso extraordinario que terá lugar, previsiblemente, o 25 de abril.    


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: