Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESPOIS DE ESCRUTAR O CERA

PSOE e BNG sumaron cinco mil votos máis có PP

Os resultados, que aínda non son definitivos, deixan aos populares con 789 mil apoios, e ás forzas do bipartito con 794 mil.

Redacción - 10:00 11/03/2009

As maiorías decídense no Parlamento, e aínda que o escrutinio do voto emigrante lle restou un escano ao PP, este mantén a súa maioría absoluta con 38 deputados. Iso si, xa non pode presumir de obter máis votos cá suma de PSdeG-PSOE e BNG xuntos, como xa fixo na noite electoral. O 1 de marzo, a contaxe dos votos dos residentes deixaba aos populares dez mil votos arriba (760 mil fronte a 750 mil); despois de escrutar o CERA, e á espera de reclamacións e axustes, o resultado final das eleccións deixa ao PP con 789 mil votos, ao PSdeG-PSOE con 524 mil, e a o BNG con máis de 270 mil, é dicir, unha suma de 794 mil, cinco mil máis có PP.

Se comparamos estes datos cos de 2005, os populares rexistran un ascenso de case trinta mil votos, os socialistas perden unhas 21 mil actas, e os nacionalistas deixanse ao redor de 41 mil apoios.

Por provincias, na Coruña o PP tivo 304.798 votos (o 45,13%), fronte aos 204.788 dos socialistas (30,32%) e os 105.378 dos nacionalistas (15,6%). En 2005 o PP obtivo o 42,76%, o PSOE o 33,07% e o BNG o 20,42%. Na Coruña o PP sobe dous puntos e medio, máis ou menos o mesmo que baixan os socialistas, mentres que o BNG descende case cinco puntos.

En Lugo, o PP tivo finalmente 109.423 votos, (o 47,29%), o PSOE 74.871 votos (32,36%) e o BNG 33.365 votos (14,42%). En 2005 o PP obtivo o 48,65%, o PSOE o 34,37% e o BNG o 14,45%. Nesta provincia baixan os tres partidos: un punto o PP, dous o PSOE e o BNG unhas décimas.

En Pontevedra, o PP suma 265.228 votos (47,7%), fronte aos 172.266 os socialistas (30,3%) e aos 95.796 do BNG (16,8%). En 2005 o PP obtivo o 43,9%, o PSOE o 33,48% e o BNG o 19,06%. Nesta provincia o PP sobe case catro puntos, o PSOE baixa máis de tres e o BNG máis de dous.

Finalmente, en Ourense, o PP obtivo 109.625 votos (48,08%), o PSdeG-PSOE 72.144 (31,64%) e o BNG 35.990 (15,78%). En 2005 o PP obtivo o 50,6%, o PSOE o 30,72% e o BNG o 16,24%. O PP baixa dous puntos e medio, o PSOE sobe un punto e o BNG déixase ao redor de medio punto.


4.72/5 (18 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: